Giro de Italia
O Giro de Italia (Giro d'Italia en italiano) é unha carreira ciclista de tres semanas que ten lugar en Italia. Constitúe, segundo as normativas da UCI ProTour, a segunda carreira ciclista máis importante xunto coa Vuelta a España e tralo Tour de Francia.
Índice |
Historia [editar]
O Giro iniciouse o 13 de maio de 1909 na cidade de Milán. Este primeiro Giro contou con oito etapas, que sumaban 2448 quilómetros; foi gañado por Luigi Ganna.
Dende entón, vénse celebrando de forma case continua (agás as interrupcións por eventos como a Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial. Adoita ter lugar a principios da temporada ciclista, en maio-xuño, converténdose polo tanto na primeira das Grandes Voltas (Tour, Giro e Vuelta) en ter lugar.
As maglias [editar]
O Giro de Italia, ó igual cás outras Grandes Voltas, distingue cunhas mallas específicas ós corredores que ocupan certos lugares importantes dentro da clasificación:
- Aquel que é primeiro na clasificación xeral recibe a maglia rosa.
- O que ten máis puntos na montaña recibe a maglia verde.
- O que acumula maior cantidade de puntos nos sprints leva a maglia ciclamino (malva).
- En último lugar, e diferenciándose nisto das outras Grandes Voltas, no Giro hai unha malla especial para o corredor que gaña o Intergiro (clasificación dos sprints intermedios). Esta recibe o nome de maglia azzurra (azul ceo).
Historial do Giro de Italia [editar]
Podios [editar]
| Corredor | Edicións | |||
|---|---|---|---|---|
| 5 | 2 | 0 | 12 | |
| 5 | 1 | 0 | 10 | |
| 5 | 0 | 0 | 7 | |
| 3 | 4 | 0 | 14 | |
| 3 | 2 | 4 | 14 | |
| 3 | 2 | 1 | 8 | |
| 3 | 0 | 0 | 3 |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||