Troia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sitio arqueolóxico de Troia
Ruínas de Troia.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísTurquía Turquía
Localización39°57′27″N 26°14′20″L / 39.95750, -26.23889
TipoCultural
CriteriosII, III, VI
Inscrición1998 (22ª Sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador849

Troia (grego antigo: Τροία, Troia ou Τροίας, Troias e Ἴλιον, Ilion ou Ἴλιος, Ilios; latín: Troia e Ilium;[note 1] Hitita: 𒌷𒃾𒇻𒊭 Wilusa ou 𒋫𒊒𒄿𒊭 Truwisa;[1][2] turco: Truva ou Troya) foi unha cidade tanto histórica como lendaria, no extremo noroeste da rexión coñecida a finais de antigüidade clásica como Asia Menor, agora coñecida como Anatolia na Turquía moderna, xusto ao sur da boca suroeste do estreito dos Dardanelos e o noroeste do Monte Ida. A localización actual é coñecida como Hisarlik. Foi o escenario da guerra de Troia descrita no Ciclo troiano, en particular na Ilíada, un dos dous poemas épicos atribuídos a Homero, quen a compuxo ao redor do século IX ou VIII a.C., aínda que contén material máis antigo. Homero tamén fai referencia a Troia na Odisea. A lenda homérica de Troia foi continuada polo poeta romano Virxilio na Eneida. A evidencia métrica da Ilíada e da Odisea suxire que o nome Ἴλιον (Ilion) anteriormente comezaba co digamma: Ϝίλιον (Wilion); este tamén é apoiado polo nome hitita para o que se cre que é a mesma cidade, Wilusa.

A Troia histórica estaba situada no estreito dos Dardánelos (Helesponto), entre os ríos Escamandro (ou Xanto) e Simois, e ocupaba unha posición estratéxica no acceso ao Mar Negro (Ponto Euxino).

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa de situación e plano do sitio arqueolóxico de Hissarlik, considerado como a localización da Troia homérica.
Plano do sitio arqueolóxico de Troia/Hissarlik.
Corte estratigráfico do sitio arqueolóxico de Troia/Hissarlik

Troia (Ílion), cidade que, de acordo coa lenda grega, na narrativa de Homero na Ilíada, foi capturada polos gregos que tiñan por rei e xefe a Agamenón, despois dun sitio de dez anos. A Troia histórica foi descoberta por Heinrich Schliemann (1822-1890), en Hissarlik, no noroeste da Asia Menor, poucas millas no interiro do continente, a partir do mar Exeo. Schliemann era un comerciante alemán rico que dedicou os últimos 20 anos de vida á busca da cidade lendaria. As escavacións que dirixiu el entre 1870 e 1890, e por outros, posteriormente, revelaron nove períodos de ocupación. Os primeiros cinco pertencen á Idade de Bronce, entre 3000 e 2000 a. C. Troia II, en particular, foi unha comunidade que floreceu, con magníficas fortificacións e construcións domésticas, mais acabou sendo destruída por un grande incendio. Troia VI foi palco do influxo de novos colonizadores, que trouxeron cabalos, porén un terremoto arrasou a cidade, por volta do ano 1700 a. C.

Seguiu Troia VII, que se identifica coa Troia de Homero, e que enfrontou a esta cidade coa grega de Micenas, por volta do ano 1000 a. C. Tivo unha fase curta, pois a cidade logo foi destruída por un incendio. As indicacións son de que ese non foi un desastre accidental e de que estaba vinculado á captura da cidade por inimigos. Permaneceu desocupada probabelmente durante 400 anos, até o xurdimento de Troia VIII. Troia IX foi estabelecida no período romano.

Cine[editar | editar a fonte]

A historia da guerra de Troia foi levada ao cine en varias ocasións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Trōia is the typical Latin name for the city. Ilium is a more poetic term: Lewis, Charlton T.; Short, Charles. "Ilium". A Latin Dictionary. Tufts University: The Perseus Digital Library. Consultado o 2018-04-22. 
  1. Korfmann, Manfred O. (2007). Winkler, Martin M, ed. Troy: From Homer's Iliad to Hollywood Epic. Oxford, England: Blackwell Publishing Limited. p. 25. ISBN 978-1-4051-3183-4. Troy or Ilios (or Wilios) is most probably identical with Wilusa or Truwisa ... mentioned in the Hittite sources 
  2. Burney, Charles (2004). "Wilusa". Historical dictionary of the Hittites. Metuchen, N.J: Scarecrow Press. p. 311. ISBN 978-0-8108-4936-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]