La 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La 1
Logo de La 1.
Inicio das emisións 28 de outubro de 1956
Operado por TVE
Propiedade de RTVE
Formato da imaxe 2160p UHDTV HDR
1080i HDTV
Datos de audiencia 8,9% (xuño de 2020, FormulaTV)
Slogan La fuerza de todos
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión España España
Andorra Andorra
Sede central Madrid
Nome(s) anterior(es) TVE 1
La Primera
Canle/s irmá(s) La 2
Clan
24h
Teledeporte
La 1 HD
Teledeporte HD
TVE Internacional
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT Andalucía: 57
Aragón: 61
Asturias: 60
Canarias: 60
Cantabria: 58
Castela-A Mancha: 59
Castela e León: 57
Cataluña: 64
Ceuta: 62
Comunidade de Madrid: 58
Comunidade Valenciana: 58
Estremadura: 62
Galicia: 63
Illas Baleares: 65
A Rioxa: 60
Melilla: 61
Navarra: 59
Rexión de Murcia: 60
País Vasco: 63
Andorra: 45
Satélite
Digital+ Dial 11
Cable
ONO Dial 1
R Dial 111
Euskaltel Dial 1
Telecable Dial 1
IPTV
Movistar+ Dial 1
Orange TV Dial 1
Jazztelia TV Dial 1
Televisión por Internet
TVE a la carta TVE a la carta

Na rede
Páxina web de RTVE
Twitter: La1_tve Editar o valor em Wikidata

La 1 é a primeira cadea de televisión de Televisión Española, grupo pertencente á corporación pública Radiotelevisión Española. Conta cunha programación xeralista para todos os públicos, e foi líder de audiencia en España entre 2009 e 2012.[1]

É a primeira canle de televisión que emitiu en España, ao comezar as súas emisións oficiais o 28 de outubro de 1956. Dende entón recibiu varios nomes como VHF, Primer Programa, Programa Nacional, Primera Cadena, TVE1, La Primera ou o actual La 1. A denominación Televisión Española tamén se utilizou para referirse só a esta canle, se ben o grupo xestiona máis canles.

Historia[editar | editar a fonte]

Televisión Española comezou as súas emisións regulares o 28 de outubro de 1956, desde os seus estudios no Paseo de la Habana en Madrid. Escolleuse esta data porque coincidía co aniversario da fundación de Falange Española. Estas primeiras emisións só podían ser recibidas nalgúns puntos da capital de España e moi poucos contaban cun televisor, que por aquel entón roldaba o alto prezo de 300.000 pesetas. A maioría dos televisores pertencían a altos cargos do goberno e foron obsequiados por parte dos seus respectivos Ministerios.

La 1 inaugurouse ás 20:30 horas cunha cerimonia relixiosa na que se daba a bendición a televisión pública. Máis tarde producíronse discursos dos directivos da cadea e do ministro Gabriel Arias Salgado e o remataren comezouse coa emisión de documentais e unhas actuacións musicais.

Durante os primeiros anos, La 1 só podía ser vista en Madrid e os seus arredores, mentres que se traballaba na posta en marcha dunha infraestrutura e repetidores noutras cidades de España. Á súa vez, o horario de emisións estaba reducido á noite, con 3 horas desde os seus inicios e distribuídas desde as nove da noite ata a media noite.

No ano 1957 iniciouse a emisión de informativos propios baixo a denominación de Telediario (ata entón a cadea emitía os noticiarios do No-Do), comezou a emisión de publicidade e o horario de emisión ampliouse a un horario de sobremesa desde as dúas da tarde, cun peche a metade da tarde. Durante os primeiros anos o goberno de Francisco Franco continuou coas tarefas de ampliación da cobertura e ampliouse o radio de emisións e de número de receptores na capital. O 15 de febreiro de 1959, coa inauguración dos Estudios Miramar, chegou a televisión a Barcelona e a comezos dos anos 60 La 1 comezou a estar dispoñible nas principais capitais de provincias.

No ano 1964 inauguráronse os estudios de Prado del Rey, o cal supuxo un grande adianto para a cadea. A medida que personaxes como Laura Valenzuela ou Mariano Medina adquiren popularidade e se introducen programas como series americanas, hai unha maior demanda e a cobertura comeza a ampliarse. Ese mesmo ano chégase á cifra dun millón de televisores nos fogares españois, número que se cuadriplicaría no ano 1970.

Coa chegada da segunda cadea UHF, La 1 pasa a ser unha televisión xeralista mentres que os contidos culturais pasan a La 2, ademais de ser máis accesible para gran parte da poboación española, e nestes anos destacan programas de entretemento, series, e a cobertura de espazos en directo como algúns partidos de fútbol ou o Festival de Eurovisión. As emisións en cor, comezaron en 1972 con motivo dos Xogos Olímpicos de 1972, porén ata 1974 non se regularizaron.

Tras a morte de Franco La 1 mantívose como a principal cadea de televisión pública. Comezan a aparecer novos formatos e programas que antes non tiñan cabida a causa da censura e xorde unha maior pluralidade. As horas de emisión aumentaron co horario matinal desde 1986.

A chegada das televisións privadas a partir de 1989 La 1 deixou pasou a ser a cadea xeralista e con maior vocación comercial da empresa. Desde o 2010, deixou de emitir publicidade xunto co resto de cadeas do grupo Radiotelevisión Española

Logotipos empregados ao longo da historia[editar | editar a fonte]

1962 - 1982 1982 - 1990 1991 - 1999 1999 - 2007 2007 - 2008 desde 2008

Programación[editar | editar a fonte]

A programación de La 1 é xeralista e está enfocada a todos os públicos. Os programas con máis audiencia da canle son as series de ficción e o cine. Actualmente, a maioría de series en La 1 son españolas, sendo Cuéntame cómo pasó e Águila Roja as producións con maior audiencia, seguidas da telenovela Amar en tiempos revueltos en horario de sobremesa. Con todo, tamén se emiten novelas latinoamericanas e algunhas series estranxeiras, como Los Tudor. Doutra banda, a maioría de películas da primeira canle son producións que tiveron éxito en cines.

Boa parte dos seus espazos son produción propia, enfocada ao tratamento da actualidade e a información en directo. O espazo máis popular dos servizos informativos é o Telediario, presente desde 1957. Tamén destacan Informe semanal no lado informativo, e magacíns informativos con contido social, como +Gente. La 1 tamén se encarga de emitir informativos especiais.

Ademais destes espazos, La 1 emite acontecementos especiais e eventos deportivos de gran transcendencia. En deportes, TVE posúe os dereitos da Liga de Campións de Europa e emite encontros da selección española de fútbol. Tamén deu especial cobertura ao campionato mundial de motociclismo ata 2012,[2] finais de tenis con presenza de españois, e etapas clave en voltas ciclistas como o Tour de Francia ou a Volta a España. En canto a acontecementos especiais, La 1 retransmite todos os anos a final do Festival da Canción de Eurovisión, que rexistra cotas superiores ao 40% de share.[3]

Audiencias[editar | editar a fonte]

Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaborados en España por TNS, e en anos anteriores polo EGM. Están en letra grosa e verde os meses en que foi líder de audiencia.

Audiencias de La 1 desde 1990
Ano Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Media anual
1990 - - - - 50,6% - - - 54,6%*** - - - 52,4%
1991 - - - - - - - - - 41,5% - - 43,0%
1992 - - - - - 32,1% - - - 31,6% - - 32,5%
1993 31,0% 31,6% 32,2% - 30,9% 30,9% 31,0% 26,5% 27,1% - 28,7% 29,8%
1994 - - - 26,6% 26,2% 27,8% - - - - - - 27,6%
1995 - - - 26,8% - - - - 27,7% 26,5% 26,9% - 27,6%
1996 28,2% 28,2% 29,5% 28,1% - 27,2% 26,5% - 25,7% 24,8% 25,3 - 26,9%
1997 24,7% 24,4% 25,1% 24,0% 23,6% 24,3% 27,6% 26,8% 25,6% 24,9% 25,0% 26,4% 25,1%
1998 26,5% 25,6% 24,9% 25,2% 24,9% 25,8% 25,9% 26,3% 25,0% 25,6% 25,4% 25,9% 25,6%
1999 26,0% 25,6% 25,0% 24,7% 24,7% 23,4% 24,4% 25,9% 25,0% 24,8% 25,0% 24,6% 24,9%
2000 25,2% 24,6% 24,2% 24,1% 23,3% 23,9% 24,1% 25,9% 24,1% 24,7% 24,7% 25,4% 24,5%
2001 26,0% 25,5% 25,6% 24,2% 24,3% 22,5% 23,8% 23,8% 24,2% 24,1% 25,3% 27,0% 24,8%
2002 26,0% 27,1% 24,7% 24,7% 25,2% 23,5% 23,9% 23,5% 23,9% 24,6% 24,0% 24,6% 24,7%
2003 24,2% 23,7% 23,1% 23,6% 23,7% 23,1% 22,3% 22,6% 22,9% 23,9% 24,0% 23,4% 23,4%
2004 23,3% 22,2% 23,1% 22,4% 22,8%* 21,5% 20,1% 20,7% 19,5% 19,2% 20,2% 20,9% 21,4%
2005 19,8% 19,1% 18,9% 19,4% 18,8% 20,1% 19,2% 19,5% 19,3% 20,5% 20,5% 19,5% 19,6%
2006 19,2% 19,0% 19,2% 18,8% 18,7% 17,2% 16,5% 16,9% 17,7% 18,2% 17,8% 19,2% 18,3%
2007 18,3% 17,9% 18,0% 17,3% 16,6% 16,3% 16,5% 17,0% 16,2% 17,1% 17,2% 17,6% 17,2%
2008 17,0% 16,2% 17,1% 16,6% 16,9% 15,4% 16,6% 18,5% 16,4% 17,2% 17,2% 17,9% 16,9%
2009 17,6% 17,3% 17,0% 16,1% 16,6% 15,7% 15,5% 15,7% 15,7% 16,3% 16,6% 16,6% 16,4%
2010 18,6% 17,7% 16,6% 15,7% 15,7% 15,3% 15,1% 15,4% 15,3% 15,2% 15,2% 15,5% 16,0%
2011 15,2% 15,1% 14,8% 14,7% 14,9% 14,6%** 13,6% 13,2% 13,9% 14,6% 14,6% 14,6% 14,5%

* Empatou no primeiro posto con Telecinco | ** Mínimo histórico | *** Máximo histórico

Emisións en galego[editar | editar a fonte]

O 25 de xullo de 1974 o Centro Territorial de Galicia o primeiro televisivo programa en lingua galega, que desde agosto se fixo diario, Panorama de Galicia, desde aquela a primeira cadea da TVE emite regularmente programación en galego para Galicia, pero na dende agosto de 2010 tan só emite un telexornal ao mediodía de quince minutos de duración.[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 20 Minutos, ed. (30 de decembro de 2009). "2009, o ano en que TVE arrebatou a Telecinco o liderado da audiencia". Consultado o 27 de setembro de 2010. 
  2. Kantar Media (ed.). "Telecinco emitirá o mundial de motos a partir de 2012". Consultado o 30 de setembro de 2010. 
  3. Kantar Media (ed.). "Eurovisión 2010 arrasa con Daniel Diges". Consultado o 30 de setembro de 2010. 
  4. http://www.rtve.es/television/telexornal-galicia/

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]