Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo
Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo

25 de febreiro de 1981 – 1 de decembro de 1982
Monarca Juan Carlos I
Precedido por Adolfo Suárez González
Sucedido por Felipe González Márquez

Datos persoais
Nacemento 14 de abril de 1926
Madrid, España
Falecemento 3 de maio de 2008 (82 anos)
Pozuelo de Alarcón (Madrid), España España
Partido Unión de Centro Democrático (UCD)
Cónxuxe Pilar Ibáñez-Martín Mellado
Profesión Enxeñeiro de camiños, político

Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo, nado en Madrid o 14 de abril de 1926 e falecido en Pozuelo de Alarcón, Madrid, o 3 de maio de 2008, foi un enxeñeiro e político español, Marqués da Ría de Ribadeo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rematou os seus estudos de enxeñeiro de camiños en 1951, pasando a ocupar cargos de directivo en RENFE (chegou a ser presidente desta empresa). Máis tarde foi nomeado conselleiro delegado de Unión de Explosivos Riotinto S.A. Posteriormente foi elixido procurador en Cortes como representante dos empresarios de industrias químicas, posto que ocuparía durante catro anos, até que en 1975 foi nomeado Ministro de Comercio durante a presidencia de Adolfo Suárez. Durante o goberno deste, desempeñou diversos cargos: Ministro de Obras Públicas, Ministro de Relacións coas Comunidades Europeas e Vicepresidente Segundo para asuntos económicos. En febreiro de 1981 foi investido Presidente do Goberno, tras a dimisión de Adolfo Suárez.

Durante a votación da súa candidatura para Presidente do Goberno (23 de febreiro de 1981), entraron no Parlamento varios gardas civís, que baixo o mando do tenente coronel Antonio Tejero pretendían dar un golpe de Estado militar. Este golpe foi abortado. O goberno de Calvo Sotelo nacía nunhas datas nas que as manifestacións populares contra a involución política, o paro e a debilidade da coalición política permanente protagonizaban a actividade pública española.

Durante o seu mandato, España uniuse á OTAN, que foi moi criticada polo PSOE.

Era tío de Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo (ex-Ministra de Educación), e sobriño de José Calvo Sotelo, quen fora Ministro de Facenda durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera.

Relacións con Galicia[editar | editar a fonte]

Leopoldo Calvo-Sotelo tiña un forte vencello coa vila de Ribadeo. Alí pasou parte da súa infancia, alí estudou o bacharelato e alí acudía tamén nos veráns. O rei Xoán Carlos I concedeulle o título de Marqués da Ría de Ribadeo con grandeza de España, creado a pé feito para el.

Os seus restos mortais descansan no camposanto de Ribadeo.


Predecesor:
José Luis Cerón Ayuso
Ministro de Comercio de España
1975 - 1976
Sucesor:
José Lladó Fernández-Urrutia
Predecesor:
Antonio Valdés González-Roldán
Ministro de Obras Públicas de España
1976 - 1977
Sucesor:
Carlos Pérez de Bricio Olariaga
Predecesor:
Novo cargo
Ministro de Relacións coas Comunidades Europeas de España
1978 - 1980
Sucesor:
Eduard Punset Casals
Predecesor:
Fernando Abril Martorell
Vicepresidente Segundo do Goberno de España
1980 - 1981
Sucesor:
Cargo suprimido
Predecesor:
Adolfo Suárez
Presidente do Goberno de España
1981 - 1982
Sucesor:
Felipe González