Cebola
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa botánica que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Cebola | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Allium cepa L. | ||||||||||||
Cebola é o nome vulgar da planta cuxo nome científico é Allium cepa, Lineu.É orixinaria de Asia Central. Durante a Idade Media empregábase tanto gastronomía como na farmacopea. En sistemas taxonómicos máis antigos pertencía á familia das Liliáceas e subfamilia das Alioídeas, mais os taxonomistas máis recentes inclúena na familia das Alliaceae. O termo refírese tamén ao seu bulbo, constituído por follas escamiformes, en capas. As súas flores están dispostas en forma de quitasol. As plantas novas, co bulbo pouco desenvolvido e sen flor, chámanse tamén co nome de cebolo ou ceboliño.
Para o seu cultivo precisa de solos ricos en materia orgánica, sans, profundos, soltos e non calcáreos. É unha pranta que prefire climas temperados non húmidos.
O principal productor de cebola é Mexico. Cultivase principalmente nos países europeos do mediterráneo e tamén nos países árabes. Ceboliña: existen dous tipos das chamadas ceboliñas: Allium fistulosun e Allium schoenoprasun diferentes da Allium cepa.