Sáhara Español
| Provincia Ultramarina del Sáhara Español في الخارج اقليم الصحراء الاسبانية Provincia Ultramarina do Sáhara Español |
||||
|
||||
| Situación do Sáhara Español | ||||
| Capital | El Aaiún | |||
| Lingua | Español e árabe | |||
| Goberno | Ditadura (1958-1975) Monarquía (1975-1976) |
|||
| Presidente | ||||
| • 1939–1975 (primeiro) | Francisco Franco | |||
| • 1975–1976 (último) | Xoán Carlos I | |||
| Historia | ||||
| • Establecido | 1939 | |||
| • Disolución | 1975 | |||
O Sáhara Español (en árabe: الصحراء الإسبانية al-Sahara' al-Isbaniyya) foi unha colonia e, posteriormente, provincia española en África xurdida da unión en 1958 dos territorios de Saguia el Hamra e Río de Oro, despois de que a agrupación de territorios do África Occidental Española deixase de existir. En 1976, logo da Marcha Verde de Marrocos sobre o territorio, España abandonouno. Desde ese momento o chamado Sáhara Occidental é disputado por Marrocos, que llo anexiona sen recoñecemento internacional, e a República Árabe Saharauí Democrática que quere establecer un estado independente no antigo territorio provincial.
Segundo o Dereito Internacional, xuridicamente a soberanía e a administración do Sáhara Occidental seguen en mans de España, aínda que desde a firma dos Acordos de Madrid, non levou a cabo ningunha acción en tal sentido.