India - भारत
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| भारत गणराज्य Bhārat Gaṇarājya República da India |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A India é un país federal asiático, que ocupa a maior parte do Indostán e ainda as illas Laquedivas e Andaman e Nicobar. É limitado a norte pola China, Nepal e Bután, a leste por Myanmar, a sur e leste polo Bangladesh e polo Golfo de Bengala, a sur polo Estreito de Palk, onde fai fronteira co Sri Lanka, polo Océano Índico e polo Mar das Laquedivas, a oeste polo Mar da Arabia e a oeste e norte polo Paquistán. É o segundo país máis populoso do mundo, con máis de 1000 millóns de habitantes. Capital: Nova Delhi
Índice |
[editar] Historia
- Artigo principal: Historia da India.
A civilización india é unha das máis antigas do mundo tendo máis de 4000 anos. Foi colonizada pola Inglaterra e tornouse independente no 1947. Ten sido unha democracia desde entón.
[editar] Política
- Artigo principal: Política da India.
A India é unha democracia parlamentaria. O presidente é escollido indiretamente por un colexio eleitoral para un mandato de 5 anos. O poder executivo pertence ao primeiro-ministro.
O Parlamento ten 2 cámaras: Rajya Sabha (Senado) con 250 membros, e o Lok Sabha ("Casa do Pobo", equivalente a unha cámara de deputados), con 545 membros.
[editar] Subdivisións
- Artigo principal: Subdivisións da India.
A India está dividida en 28 estados (que por súa vez están divididos en distritos), 6 Territorios da Unión e o Territorio da Capital Nacional.
Adicionalmente, apesar de nunca ter reclamado pose territorial na Antártida, a India ten aí instaladas dúas bases científicas: Dakshin Gangotri e Maitri.
Cidades: Haiderabade, Bombai
[editar] Xeografía
- Artigo principal: Xeografía da India.
A India ocupa a maior parte do subcontinente indio, que está situado entre a placa tectónica da India e a parte noroeste da placa indo-australiana.
[editar] Historia xeolóxica
O proceso xeolóxico que formou a India comezou hai uns setenta e cinco millóns de anos, cando o subcontinente indio, entón parte supercontinente meridional de Gondwana, desprendeuse do mesmo e se desprazou cara o nordeste lentamente — durante uns cincuenta millóns de anos — através dun informe Océano Índico. A subseguinte colisión do subcontinente contra a placa euroasiática, e subdución baixo esta, orixixinou a maior elevación da superficie terrestre: a cadea do Himalaia, agora situada no norte e nordeste da India. No primitivo estrato mariño sito ao sur do emerxente Himalaia, os movemento da placa crearon unha vasta bacía, que foi paulatinamente recheada polos sedimentos depositados polos ríos, dando lugar á actual chaira indo-ganxética.
[editar] Grandes rexións
Unha parte do territorio dos estados do norte e do nordeste da India está ubicada no macizo do Himalaia. O resto da India septentrional, central e oriental está ocupada pola zona fértil de a grande chaira indo-ganxética. Na parte occidental, limitando con Paquistán sudoriental, áchase o deserto de Thar. A India meridional compónse, case enteiramente, da meseta peninsular do Decán, que está flanqueada de dous macizos litorais de relevo accidentado, os Gates occidentais e os Gates orientais. Estes son os terreos máis antigos da India, como parte subsistente do antigo Gondwana. A India posúe ademais tres arquipélagos: as illas Laquedivas, sitas ao longo da costa do suroeste; o cordal vocánico da illas de Andamán e de Nicobar no sudeste, e as illas Sunderbans no delta do Ganxes, en Bengala occidental.
[editar] Hidrografía
O país está atravesado por grandes ríos e regatos numerosos, a salientar: o Ganxes, o Brahmaputra, o Yamuna, o Godâvarî, o Narmada, o Mahanadi, o Kaveri e moitos outros.
[editar] Clima
Un país tan extenso non tén un clima único. Os climas da India varían desde o clima tropical no sur a outros máis temperados no norte, ao pé do Himalaia, onde nas zonas montañosas se rexistran caídas continuadas de neve durante o inverno.
O clima da India está fortemente influenciado polo Himalaia e polo deserto de Thar. O Himalaia e as montañas do Hindu Kush, en Paquistán, fan depantalla fronte os ventos catabáticos vindos desde Asia Central, impedíndolles penetrar até o subcontinente indio, o que fai que este conserve a calor a maior parte do ano, contrariamente ao que sucede na maior parte das rexións situadas á súa mesma latitude. O cálido deserto de Thar, pola súa banda, atrae os ventos húmidos do monzón de verán que, entre xuño e setembro, é responsábel de boa parte das precipitacións caídas na India.
[editar] Economía
- Artigo principal: Economía da India.
A agricultura foi sempre, e segue sendo, a base da economía india. Na alimentación ten moita importancia o arroz, que constitúe o principal recurso das rexións de Bombai, Malabar, Bengala e Vira; o trigo, sobre todo nas poboacións do noroeste. O millete e o sorgo, alimento esencial para a xente de Deccán. O maínzo e a cebada cultívanse principalmente na chaira do Ganxes. O té provén en gran cantidade do Assam, das zonas subhimalaias e da costa Malabar. O café prodúcese especialmente no Deccán; a cana de azucre na chaira ganxética. En menor escala plántase tabaco e opio. Pola outra parte a produción de árbores froitais e de plantas oleaxinosas (algodón, sésamo, pistacho e colza) é tamén notábel. Existe un gran patrimonio forestal, rico en madeiras como a teca, o tipuana tipu, o sándalo e, tamén, o bambú.
A gandaría ocupa un lugar primordial; a primeira cos seus 176.900.000 cabezas de bovino, posúe o maior patrimonio bovino do mundo, aínda que por motivos relixiosos prohíbese o consumo de carne, pois as vacas son animais sagrados para os hinduístas. Os búfalos chegan ás 55 millóns de cabezas e son moi empregados nas labores agrícolas, especialmente nos arrozais. Os ovinos alcanzan os 43 millóns e os caprinos os 70 millóns de cabezas.
Os recursos mineiros baséanse na extracción do carbón, de ferro, de manganeso, de mica e de bauxita. Hai pouco metano e petróleo. As industrias, que aproveitan a existencia de materias primas e de grandes recursos hidroeléctricos, desenroláronse rapidamente con criterios de moderna racionalización. A principal industria é a téxtil (algodón e xute); séguena a siderúrxica, a mecánica (material ferroviario, aéreo, bicicletas), a electrónica, a química, a industria papeleira, as refinerías de petróleo, así como industrias do coiro, do cemento, alimentarias, de aceites e da elaboración do tabaco.
[editar] Demografía
- Artigo principal: Demografía da India.
A India é o segundo país máis poboado do mundo tras a China, contando con arredor de 1.100 millóns de habitantes. É un país xoven con 560 millóns de persoas de menos de 25 ans. En 2004, un habitante de cada dous tiña menos de 25 anos e un 70% da poboación era rural.
Comparando con os parámetros occidentais, a India é un país que acrecenta a súa poboación con gran rapidez. Cada ano hai un saldo positivo de 19 millóns de individuos, como consecuencia dunha taxa de fecundidade de 3,1 fillos por muller como media — contra 1,7 na China -. Así cóidase que a India será o país con máis poboación do mundo arredor do ano 2035.
[editar] Cultura
- Artigo principal: Cultura da India.
A cultura da India é a expresión dunha das máis antigas - máis de 4000 anos de documentos, tanto escritos como momumentais - e diversificadas civilizacións do planeta, portanto inclui grande número de expresións en todos os campos.
Temos que lembrar que a India está constituída por varias etnias, tanto nativas canto dos conquistadores que aló estiveron en varios períodos da súa longa historia.
Un dos aspectos desta cultura, apesar de estar oficialmente banido, por ter aspectos negativos é o sistema de castas da India, característico dos Hindus, non só na India, mais tamén no Nepal.
| Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
|---|---|---|---|
| 6 de Marzo | Holi - Festival das cores | ||
| 26 de xaneiro | Día da República | ||
| 15 de Agosto | Día da Independencia | ||
| 19 de Agosto | Ganesha Festival | ||
| 2 de Outubro | Aniversario de Mahatma Gandhi | ||
| 12 de Novembro | Diwali - Festival das Luces |
[editar] Mapas e imaxes
- Commons ten imaxes sobre India
________
[editar] Tópicos diversos
[editar] Ligazóns externas
|
|
|
|---|---|
| Países | |
| Países con parte do seu territorio en Asia |
|