Normandía
| 'Normandie / Normaundie' | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Normandía (en francés Normandie, en normando Normaundie), foi un ducado histórico e logo unha provincia do antigo réxime francés. Dende 1790 é unha rexión xeográfica e cultural do norte de Francia. A Alta Normandía (Haute-Normandie) está composta polos departamentos franceses de Sena Marítimo e Eure. A Baixa Normandía (Basse-Normandie) está composta por Orne, Calvados e Manche.
O antigo Ducado de Normandía atopábase no norte de Francia, e ocupaba a área baixa do río Sena, o Pays de Caux e a rexión do oeste a través do Pays d'Auxe ata a Península de Cotentin. Historicamente, Normandía foi unha provincia de Francia [Cómpre referencia].
As Illas Anglonormandas aínda que son dependencias da coroa británica, forman cultural e historicamente parte do Ducado de Normandía.
Índice |
Historia [editar]
Normandía foi o lugar onde habitaron os Normandos a comezos da Idade Media. Eles foron os últimos en invadir con éxito Inglaterra. Eran unha mestura de indíxenas galos e vikingos invasores baixo o liderado de Roberto I (Gange Rolf), quen sitió París e foille concedida o área de Normandía a cambio de defendela contra os ataques piratas, mediante o Tratado de Saint-Clair-sur-Epte no ano de 911.
O descendiente de Roberto, Guillerme, Duque de Normandía, invadiu Inglaterra en 1066 e converteuse no Rei Guillerme I de Inglaterra. Normandía mantívose asociada con Inglaterra ata 1087, entre 1106 e 1144 e entre 1154 e 1204. A Batalla de Bouvines tivo lugar en 1214. Foi ocupada por forzas inglesas durante a Guerra dos Cen Anos entre 1346 e 1360 e novamente entre 1415 e 1450. As familias normandas, como a de Tancredo de Hauteville tiveron un importante papel na Cruzadas
Tanto Robert Wace como Orderico Vital son importantes escritores normandos da historia da provincia.
En 1942 durante a Segunda Guerra Mundial, tivo lugar a Batalla de Dieppe (Sena Marítimo), ataque das forzas aliadas (principalmente canadienses e británicas) aos ocupantes alemáns.
A rexión foi máis tarde, o escenario da Batalla de Normandía ou Operación Overlord que tivo lugar na mañá do 6 de xuño de 1944, sendo as praias normandas a principal vía de entrada das tropas aliadas ao III reich, data tamén coñecida como o día D, o que abriu unha segunda fronte contra o exército nazi.
No 2004 con motivo de sesaxésimo aniversario do desembarco, o Chanceler de Alemaña Gerhard Schröder visitou a rexión marcando un fito nas relacións franco-alemás.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |