Vuelta a España
A Vuelta Ciclista a España, comunmente chamada Vuelta a España ou La Vuelta (en galego Volta a España), é unha competición ciclista anual, que se disputa por etapas ó longo de 3 semanas, principalmente por estradas españolas. A primeira edición tivo lugar no ano 1935, sendo Roberto Heras e Tony Rominger os ciclistas máis laureados dende entón, con 3 vitorias para cada un na clasificación xeral por tempos.
O vixente gañador da Vuelta a España é o pinteño Alberto Contador.
Dentro das 28 probas ciclistas que conforman o UCI World Tour, a Vuelta a España sitúase como a segunda carreira máis importante do mundo xunto co Giro de Italia, tan só por detrás do Tour de Francia).
Índice |
Historia [editar]
A Vuelta Ciclista a España iniciouse no ano 1935 e tivo unha duración de 14 etapas e 3.431 km, grazas a Clemente López Doriga (en colaboración con Juan Pujol). Pouco despois, só tras terse disputado dúas Vueltas, houbo de suspenderse pola Guerra Civil Española.
Nun principio, os participantes eran fundamentalmente españois; arredor dos anos 60-80 comezou a adquirir prestixio internacional. Nos últimos anos, a súa importancia diminuíu.
A Vuelta de 2005 viuse afectado polo escándalo da dopaxe. O seu gañador, Roberto Heras, foi desposuído do seu título en favor de Denis Menchov, xa que deu positivo nun control de EPO.
Organizadores [editar]
A primeira edición foi organizada polo desaparecido xornal Informaciones. A partir de 1945 foi o xornal Ya o que se fixo cargo da organización da carreira. O xornal El Correo tomou o relevo en 1955 ate finais dos anos 70. A empresa de publicidade Unipublic é a organizadora da carreira dende 1979.
- Informaciones (1935-1944)
- Ya (1945-1954)
- El Correo (1955-1978)
- Unipublic (1979-...)
Xerseis [editar]
Para facilitar o recoñecemento dos líderes das diversas clasificacións da carreira dentro do pelotón de ciclistas, estes levan uns xerseis dunhas cores determinadas, do mesmo xeito que nas outras grandes voltas: Tour de Francia (mailló amarelo) e Giro de Italia (maglia rosa).
No caso da Vuelta a España, estes son os xerseis que dende o ano 2010 distinguen ós líderes das distintas clasificacións:
Xersei vermello: vestido polo líder da clasificación xeral por tempos.
Xersei de puntos azuis: vestido polo líder da clasificación de escaladores.
Xersei verde: vestido polo líder da clasificación por puntos.
Xersei branco: vestido polo líder da clasificación combinada.
Historial da Vuelta a España [editar]
Podios [editar]
| Corredor | Edicións | |||
|---|---|---|---|---|
| 3 | 1 | 1 | 8 | |
| 3 | 0 | 1 | 4 | |
| 2 | 2 | 0 | 7 | |
| 2 | 1 | 2 | 11 | |
| 2 | 1 | 0 | 11 | |
| 2 | 0 | 0 | 2 | |
| 2 | 0 | 0 | 2 | |
| 2 | 0 | 0 | 2 | |
| 2 | 0 | 0 | 4 | |
| 2 | 0 | 0 | 6 | |
| ... | ... | ... | ... | ... |
| 1 | 1 | 0 | ? | |
| 1 | 0 | 1 | 6 | |
| 1 | 0 | 0 | 9 | |
| 0 | 1 | 0 | 4 | |
| 0 | 1 | 0 | ? |
Vitorias de etapa [editar]
- Con 38:
Delio Rodríguez - Con 20:
Alessandro Petacci - Con 18:
Laurent Jalabert e
Rik Van Looy - Con 16:
Sean Kelly
Días como líder [editar]
- Con 48:
Alex Zülle - Con 34:
Roberto Heras - Con 32:
Delio Rodríguez e
Gustaaf Deloor - Con 31:
Tony Rominger,
Julián Berrendero e
Domingo Perurena
Galería de imaxes [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||