Provincia de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaProvincia de León
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°37′12″N 5°50′26″O / 42.620046, -5.8406603Coordenadas: 42°37′12″N 5°50′26″O / 42.620046, -5.8406603
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León Editar o valor em Wikidata
CapitalLeón Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación466.030 (2018) Editar o valor em Wikidata (29,93 hab./km²)
Lingua usadalingua castelá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie15.570 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoTorrecerredo (2.648 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
Órgano executivoDeputación de León Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico987 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2ES-LE Editar o valor em Wikidata
Código NUTSES413 Editar o valor em Wikidata
Código INE24 Editar o valor em Wikidata

Sitio webdipuleon.es Editar o valor em Wikidata

León (en leonés: Llión) é unha provincia española pertencente á comunidade autónoma de Castela e León. Está situada no Noroeste da Península Ibérica e a súa capital é a cidade homónima de León. Limita ao norte co Principado de Asturias e Cantabria, ao oeste con Galiza (coas provincias de Ourense e de Lugo), ao sur coas provincias de Zamora e de Valladolid, e ao leste coa provincia de Palencia.

Ten unha superficie de 15.581 km². Posuía unha poboación de 495.902 habitantes (INE 2005). A súa densidade era de 31,82 hab/km².

Lugar de paso entre importantes zonas da Península Ibérica, percorren a provincia leonesa dúas grandes rutas históricas: de Sur a Norte a Vía da Prata, e de Leste a Oeste o Camiño de Santiago.

Ademais do español, nalgunhas zonas de León fálanse outras linguas:

  • Leonés, lingua romance, derivada do latín, e unha das máis antigamente documentadas na Península Ibérica, e que está recoñecida polo estatuto castelán e leonés aínda que non goza de oficialidade e continúa a ser falada na provincia, especialmente en zonas setentrionais da provincia, con especial vividez na comarca de Laciana, no Bierzo e na Cabreira.
  • Galego, falado no Bierzo. Este idioma románico está recoñecido oficialmente no Estatuto de Autonomía de Castela e León pero sen status de oficialidade, en cuxo artigo 4º indícase que "gozarán de respecto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen"[1]. A pesar disto a aplicación práctica necesitou da defensa popular para facelo efectivo.

Xeografía política[editar | editar a fonte]

Comarcas[editar | editar a fonte]

  • Tierras de León
  • O Bierzo, conta co único ente comarcal recoñecido polo Estatuto de Autonomía de Castela e León e que comprende na actualidade outras antigas comarcas como A Cabreira, os Ancares leoneses ou a Terra de Aguiar; Na parte occidental da comarca fálase o galego amecido co leonés en diversos grados.
  • El Páramo
  • Laciana
  • Valle de Gordón
  • A Maragatería
  • Babia
  • La Cepeda
  • La Valduerna
  • Ribera del Órbigo
  • La Cabrera
  • La Valdería
  • Vega del Esla
  • La Sobarriba
  • La Tercia del Camino
  • Tierra de Campos
  • Tierra de la Reina
  • Omaña
  • Luna
  • Los Argüellos
  • Ordás

Monumentos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

León

Astorga

Ponferrada

  • Castelo de Ponferrada
  • Basílica de la Encina
  • Casa do Concello

Sahagún

  • Igrexa da Peregrina
  • Igrexa de San Lourenzo
  • Igrexa de San Tirso
  • Ermida da Virgen del Puente
  • Ermida de San Juan de Sahagún
  • Restos da Abadía Beneditina

Vilafranca do Bierzo

  • Conxunto histórico urbano
  • Igrexaa de Santiago
  • Igrexaa de San Francisco

Outras localidades:

Notas e referencias[editar | editar a fonte]