Río Ebro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Río Ebro
Spain Ebro river in Tortosa.JPG
O Ebro ao seu paso por Tortosa
Nacemento: Fontibre, Cantabria
Altitude da fonte: 1.980 msnm
Lonxitude: 910 Km
Caudal medio: 426 m³/s
Conca:
País: España
Desemboca: Mar Mediterráneo

O Ebro é o río máis caudaloso da Península Ibérica, que percorre o val que leva o seu nome en dirección NO-SE, cunha lonxitude total de 910 km e 83.093 km² de conca.

Nace en Fontibre (do latín Fontes Iberis, Fontes do Ebro, Greek Έβρος) cerca de Reinosa, en Cantabria, discorrendo por Miranda de Ebro, Haro, Logroño, Calahorra, Alfaro, Tudela, Alagón, Utebo, Zaragoza, Caspe, Tortosa e Amposta.

Os principais macizos montañosos que delimitan a súa conca son: os Pireneos ao norte, o Sistema Ibérico ao sur e os Picos de Europa no seu nacemento.

Desemboca no mar Mediterráneo en Deltebre (Delta do Ebro), próximo a Tortosa e a Amposta, última cidade pola que pasa, ás dúas na provincia de Tarragona, formando un Delta onde a Illa de Buda divide a corrente en dous brazos principais (Golas Norte e Sur). O Delta do Ebro cobre 330 km² -o 20% dos cales son áreas naturais e a superficie restante é agrícola e urbana; os campos de arroz no delta cobren sobre unhas 21.000 ha.

O Ebro sofre as súas enchentes máis frecuentes na estación fría, de outubro a marzo, mais ás veces prolónganse no tramo final até maio; as de estación fría acostuman estar ligadas ao réxime pluvial oceánico, mentres que as ocorridas na primavera proveñen da fusión da neve dos Pirineos. As secas prodúcense no verán: de xullo a outubro, en Miranda de Ebro e de fins de agosto e primeiros de setembro en Tortosa.

As aguas do Ebro aprovéitanse en numerosos puntos para o regadío mediante os canais Imperial e o de Tauste. O seu caudal é regulado polos encoros do Ebro, Mequinenza e Ribarroxa. Estes encoros fan que na actualidade o Delta sufra un fenómeno xeológico chamado regresión, porque deteñen os sedimentos que deberían chegar á desembocadura.

O seu nome deriva do antigo topónimo Iber, que da tamén nome aos pobos íberos. En lingua vasca "ibar" significa ribeira ou marxe do río.


Situación xeográfica: Norte de España, atravesa as comunidades de Cantabria, Castela e León, A Rioxa, Navarra, Aragón e Cataluña

Orixe: Pregáronse os sedimentos exteriores (os Pirineos e Béticos) dando lugar a dúas cordilleiras de tipo alpino (Pirineos e Béticas), feito que produciu en compensación o afundimento tanto do val do Ebro como do val do Guadalquivir, invadidos polo mar.

Nacemento: tradicionalmente fixábase no manancial de Fontibre (a 880 m). Hoxe fíxase nas fontes do río Hijar en Peñalabra a 1.980 m, 27 km antes de Reinosa, corrente que ven do manancial.

Desembocadura: Mar Mediterráneo. O Parque Natural do Delta do Ebro foi creado en 1983 pola Generalitat de Catalunya debido á demanda dos habitantes do concello de Deltebre. É a zona húmida máis importante de Cataluña, cunha superficie total de 7.802 ha.

Lonxitude: 910 km

Índice

[editar] Afluentes principais

[editar] POLA ESQUERDA

[editar] POLA DEREITA

[editar] Pantanos e encoros

Encoro do Ebro na súa cabeceira. Encoros de Mequinenza e Ribarroxa no seu curso baixo.

[editar] Canais

Canal de Lodosa, Canal Imperial de Aragón, Canal de Tauste, Bardenas, Monegros, Cinca e Canal de Aragón e Cataluña.

[editar] Produción hidroeléctrica

74 centrais hidroeléctricas na provincia de Osca cunha potencia instalada de 847.297 kW cunha produción de 2.787.000.000 kW h.

30 centrais na provincia de Zaragoza cunha potencia instalada de 372.437 kW cunha produción de 761.000.000 kW h.

34 centrais na provincia de Teruel cunha potencia instalada de 24.135 kW cunha produción de 28.000.000 kW h.

[editar] Réxime fluvial

O Ebro é un río caudaloso pero cun caudal irregular, a finais do verán ten fortes estiaxes e na primavera, co desxeo pirenaico presenta o seu máximo caudal. En Tortosa ten chegado a ter un caudal de 32 m³/s en período de seca e superáronse os 10.000 m³/s nalgunhas enchentes.

As principais enchentes en Zaragoza desde finais do XIX son:

  • marzo 1888 >>> 3.760 m³/s
  • xaneiro 1891 >>> 3.250 m³/s
  • febreiro 1892 >>> 3.790 m³/s
  • xaneiro 1895 >>> 3.118 m³/s
  • marzo 1930 >>> 3.600 m³/s
  • decembro 1930 >>> 3.000 m³/s
  • outubro 1937 >>> 3.000 m³/s
  • xaneiro 1941 >>> 4.000 m³/s
  • febreiro 1952 >>> 3.260 m³/s
  • xaneiro 1961 >>> 4.130 m³/s
  • noviembre 1966 >>> 3.154 m³/s
  • febrero 2003 >>> 2.957 m³/s
  • marzo 2003 >>> 2.220 m³/s

[editar] Curiosidades

  • Os ríos Isuela (río de Osca afluente do Flumen; río de Zaragoza afluente do Aranda) e Cidacos (coa misma pronunciación e diferente grafía: Cidacos río rioxano e Zidacos, río navarro) están repetidos, pola marxe dereita e pola esquerda.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais