Peñón de Vélez da Gomera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 35°10′20″N 4°17′59″W / 35.17222°N 4.29972°W / 35.17222; -4.29972

Vélez da Gomera
Localización
Localización de Vélez da Gomera
Datos
País España España
Poboación (2009) Non permanente
Superficie 0,019 km²
Coordenadas 35°11′39″N 4°13′04″W / 35.19417°N 4.21778°W / 35.19417; -4.21778
Maior Altura 87 m.
Data de dependencia De España
23 de xullo de 1508

O Peñón de Vélez da Gomera é unha península (orixinalmente illa) situada no norte de África, a 126 km ao oeste de Melilla e a 117 km ao sueste de Ceuta, unida ao continente por unha estreita franxa de area. Ten unha extensión de 19.000 m² aproximadamente e unha altitude máxima de 87 m sobre o nivel do mar. A súa única poboación é a pequena guarnición militar existente no mesmo, pertencente ao Corpo de Regulares.

Índice

Localización [editar]

Esta illa é un dos enclaves militares de España no norte de África, na costa que se estende entre Ceuta e Melilla, cuxa posesión retivo España logo da independencia de Marrocos, debido ao feito de que a súa posesión databa de datas anteriores á propia existencia do reino marroquí e non estaba xa que logo suxeita ao protectorado.

Historia [editar]

En concreto este peñón foi ocupado por primeira vez polos españois o 23 de xullo de 1508, cando unha escuadra española mandada por Pedro Navarro aniquilou ao poderoso núcleo de piratas que o defendían. En 1522 Muley Mohamed, señor do territorio no que se atopaba o Peñón conseguiu apoderarse do mesmo. Finalmente, o 6 de setembro de 1564, García Álvarez de Toledo y Osorio, marqués de Villafranca e Vicerrei de Cataluña, recupera o Peñón para España por orde de Filipe II. O Peñón de Vélez da Gomera mantívose ininterrompidamente baixo soberanía española desde ese momento. En 1921, no contexto da Guerra de Marrocos, decídese reforzar a presenza española no mesmo.

En 1930 o antigo illote rochoso quedou unido a terra firme polos efectos dun terremoto.

Vista do Peñón de Vélez da Gomera, desde a costa marroquí

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]