Karate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Karate
Hanashiro Chomo.jpg
Hanashiro Chomo
Información xeral
Lugar de orixe Flag of Japan.svg Xapón
Creador Peichin
Técnica principal Atemi waza
Técnica secundaria Nage waza
Grafia
Tradución Camiño das mans baleiras
Outros nomes Toshu
Todejutsu
Tuidi
relación con outras artes marciais
Antecedentes Te
Okinawa-te
Influente Chuan fa
Olimpica Non

Karate (en xaponés: 空手), ou karatedo (空手道), é unha arte marcial xaponesa e un deporte de combate nativo de Okinawa, que se desenvolveu con base na arte marcial nativa da rexión debaixo de influencias do chuan fa, de orixe chinesa, e das escolas xaponesas tradicionais de arte marcial, chamadas koryu, que practicaban loita desarmada e armada, principalmente con espadas. Neste proceso, cando a influencia xaponesas se tornou preponderante, fóronse incorporando máis características do código de conduta dos samurais, o Budo.[1]

A influencia chinesa foi maior nun primeiro estadio de desenvolvemento, cambiando un paradigma primitivo dunha loita simple con agarramento e proxeccións para unha con máis énfase nos golpes traumáticos, e se fixo sentir nas técnicas dos estilos máis fluídos e pragmáticos da China meridional.[2] Despois, en razón de cambio do escenario xeopolítico, comezou o tempo de predominio das disciplinas de combate do Xapón e, nese período, o máis común era simplificar aínda máis os movementos de orixe do chuan fa, facéndoos máis directos e renunciando a aquilo que non sería útil, coma movementos acrobáticos ou os que eran executados máis por razóns estéticas.[1]

O repertorio de técnicas do karate reúne principalmente golpes contundentes (atemi waza), coma patadas, sopapos, xeonlladas, moufadas etc., executados todos coas mans desarmadas. Porén, técnicas de proxección, inmobilización e bloqueos (nage waza, katame waza, uke waza) tamén poden ser ensinados, con maior ou menor destaque dependendo de onde se practica e quen é o instrutor.[3]

Grosso modo, pódese afirmar que a evolución desta arte marcial pasou conducida por grandes mestres, que a formaron e asentaron seus principios, rematando no karate moderno. O paradigma tradicional de ensino era da maneira xaponesa, con base nos kata (secuencia de técnicas, simulando loita con varias aplicacións prácticas). Mais o modelo que se fixou e vixe ata hoxe baséase en tres piares: kihon (técnicas básicas), kata e kumite (enfrontamento en si, que se pode mero simulacro ou darse de forma deportiva e competitiva ou máis próxima da realidade).[4]

Existen moitos estilos e escolas de karate, e iso foi resultado do seu proceso de desenvolvemento. Aconteceu que, logo no albor desta arte marcial, ela era practicada segundo tres estilo distintos: Naafadii, Suidi e Tumaidi, practicados respectivamente nas tres cidades da maior illa do arquipélago de Okinawa, con súas idiosincrasias, que os tornaban máis ou menos distinguidos. Despois, esta circunstancia acentuouse no que acabou resultando en practicamente incontábeis variacións e (sub)variacións.[5]

O estadio da transición entre os séculos XX e XXI revela que a maioría das escolas de karate deu énfase á evolución do condicionamento físico, desenvolvendo velocidade, flexibilidade e capacidade aerobia para participación de competicións de deporte de combate, quedando relegada a aquelas poucas escolas tradicionalistas a práctica de exercicios máis rigorosos, que teñan como obxectivo a desenvolver a resistencia dos membros, e de probas de rompemento de táboas de madeira, ladrillo ou xeo. Basicamente, existen dúas tendencias máis grandes: unha que desexa preservar os caracteres marcial e filosófico do karate, e unha outra, en que os caracteres deportivo e lúdico son meirandes e importantes.[6]

Durante as dúas primeiras décadas do século XX, o proceso de segmentación do karate en diversas escolas distintas instalouse en definitivo, aparecendo diversas asociacións, ata unhas dentro de outras, coa intención de difundir o seu modo peculiar de entender e ensinar as técnicas, a pesar de todas elas posuíren semellanzas e case que as mesmas orixes. Tal circunstancia foi combatida por grandes mestres, mais acabou quedando e xerou como consecuencia a falta de estandarización e entendemento entre as moitas entidades e practicantes. De aí, aínda que acepto mundialmente coma deporte, ata clasificado coma deporte olímpico e estando presente dos Xogos Panamericanos, non hai un sistema unificado de valoración para as competicións, ocasionando moita dificultade para a súa aceptación coma deporte de competición nos Xogos Olímpicos.[7]

A pesar da enorme fragmentación, os moitos estilos buscan aínda seguir un modelo pedagóxico relativamente común. E neste ámbito, distínguese o mero practicante daquel estudoso dedicado, chamado karateka, porque este busca desenvolver disciplina, filosofía e ética, alén de só aprender os golpes. Aquel karateka que alcanza o grado de cinto negro chámase sensei. E os lugares de aprendizaxe son chamados dojo, sendo estes case sempre afiliados a algún estilo.

Historia[editar | editar a fonte]

Tanka-tsuba-p1010068 Rama 300.jpg

Antecedentes[editar | editar a fonte]

No arquipélago de Okinawa, unha rexión localizada no medio do camiño entre China e Xapón, na parte setentrional do Mar da China, xurdiu o Reino de Lequias. No proceso de xurdimento deste reino, entre os anos de 1322 e 1429, houben un período denominado de Sanzan jidai (三山 時代, período dos tres montes), cando que se debateron tres reinos polo control total da rexión: Hokuzan (北山, Monte setentrional), Chuzan (中山, Monte central) e Nanzan (南山, Monte meridional). Quen saíu vitorioso foi o Reino de Chuzan, que era o máis forte economicamente, inaugurando a primeira Dinastía Sho: Sho Hashi.

Porén, por causa da súa posición xeográfica, a rexión sempre despertou a cobiza de China e Xapón, que non aforraron esforzos para estenderen as súas influencias (culturais e económicas), tornando a existencia dun goberno local sometida á conxugación de intereses e política externos.[8]

Despois da unificación do reino, nun primeiro período, a China foi máis eficiente para realizar os seus intereses e estender a súa influencia sobre a rexión, que se consolidou en varios aspectos, proxectándose dende a estrutura administrativa do país ata os costumes. Neste escenario, migraron ou simplemente chegaron ao país, de entre os diversos tipos de persoas, algúns practicantes e mestres de artes marciais.

Por outro lado, aínda que existise forte influencia chinesa, a sociedade okinawana e a xaponesa posuían algúns puntos converxentes, coma era o caso de existiren en ambas unha caste de guerreiros: no Xapón, samurai; en Okinawa, peichin. Para estas clases sociais o seu modelo de vida esixía que desempeñasen certas funcións, sendo unha delas o perfeccionamento das suás habilidades de loita, que eran transmitidos basicamente dentro do clan ou da familia.[2]

É correcto, por tanto, afirmar que houben o troco de coñecementos, aínda que moi discreta, entre a poboación autócton e os dominadores foráneos. Tal troco aconteceu para atender exactamente as necesidades e os instereses de ambos os grupos.[9]

Entrementres, o dominio xaponés consolidouse cun duro golpe para o pobo okinawano cando, en 1609, o clan de samurai de Satsuma, con aprobación do emperador do Xapón, subxugou a rexión e engandiu ao imperio nipón o Reino de Lequias. Por ocasión desta invasión, os samurais encontraron pouca ou ningunha resistencia, porque, dadas as circunstancias, o rei local declarara que a vida era o máis importante tesouro e recomendou que a poboación das illas non protestase ou contestase a agresión estranxeira.

Trala invasión, Lequias aínda permanecera na situación de estado máis ou menos autónomo, pero, ao contrario do escenario anterior, ficava debaixo do control e da influencia do Xapón, que se tornaba paulatinamente preponderante, pois os samurais impuñan os seus propios pensamentos. Desta época, inclusive, data a introdución do estilo Jigen-ryu, de kenjutsu.[10]

Mans de Okinawa[editar | editar a fonte]

O exacto retrinco de aparición do karate pérdese o tempo e na mestura de lendas e relatos históricos. No ámbito das lendas, cóntase que certo samurai, chamado ora de Minamoto no Tametomo, ora Chinzei Hachiro Tametomo, a mediados do século XII, despois de malograda sorte na Rebelión Hogen, iría refuxiarse en Okinawa. Durante a súa estada na rexión, o samurai ensinaría técnicas de combate para os nobres locais e estas técnicas, ou polo menos parte delas, acabaron por evolucionar e se desenvolver nunha arte marcial, chamada tuidi e despois karate.[11]

Outra hipótese de xurdimento apunta para unha modalidade de combate desarmado, denominada mutō, nativa de Okinawa, que aínda hoxe é unha importante manifestación da cultura local, mais que existía ben antes do aumento da disputa de intereses sino-xaponeses e era practicada, como aínda é, de forma trivial pola poboación. Esta loita aseméllase máis ó sumo, pero tamén posúe características do jujitsu e e do aikido.[2]

De forma distinta do que é o karate contemporáneo, o combate en mutō acontece con empurróns de inicio e, despois, séguese con técnicas de derrubamento e luxación. Vencía aquel que derrubase ou sometese o contrario. Era unha práctica cuxo maior obxectivo era a recreación, mais que, segundo algúns autores e mestres, sería a semente do karate, que foi entón paulatinamente sendo moldeado e modificado so a influencias do boxeo chinés do Sur.[12][13][14]

Algúns argumentan que o embrión sería unha lei que o Rei Sho Hashi, non moi despois da unificación do reino, promulgou e que tornou prohibido o porte de calquera armas por parte da poboación civil, katana gari (刀狩), co obxectivo de conter eventuais sentimentos de revolta. Este acontecemento é de feito importante, mais non pode dar total sustentación a esta idea, porque a caste guerreira mantivo os seus privilexios e costumes, até para poder continuar desempeñando as súas funcións no reino e perante a sociedade en xeral. Nin mesmo a restrición ao uso de armas imposta polos samurais de Satsuma foi ampla ao punto de esmoucar as prerrogativas dos guerreiros de Okinawa, exactamente polos mesmos motivos, de que os nobres deberían continuar en súas funcións costumeiras.[15]

Sábese de certo que, a mediados do século XVII, unha arte marcial en Okinawa sen armas xa era estabelecida e coñecida por "te" ou "ti" (en uchinaguchi), adestrada polos nobres guerreiros, por causa das súas obrigacións militares. A existencia desta arte marcial é demostrada pola existencia, xa naquel período, de tres variantes máis ou menos semellantes mais diferenciadas, Naha-te, Tomari-te e Shuri-te, que se formaron respectivamente nas tres cidades que lles prestaron os nomes.[16]

Os nobres do Reino de Lequias adestraban artes marciais que empregaban armas e que non, nun modelo moi próximo do xaponés e eventualmente xerou escolas familiares. Foi tamén resultado deste modelo o desenvolvemento do kobudo, que era a denominación dos estilos, mais que acabou por designar só as técnicas de combate con armas. Ocorre, porén, que orixinalmente no kobudo de Okinawa a parte de pelexa sen armas era referida coma toshu (徒手), toshukuken (徒手空挙) ou toshujutsu (徒手術).[17]

O que moi probabelmente sucedeu como decorréncia da prohibición do porte de armas foi que os nobres de Okinawa perfeccionaron o combate con armas, adaptando outros obxectos, como o eku (remo), a tonfa e o nunchaku, que eran orixinalmente instrumentos de traballo, para manexo de muíño e debaga de grans e arroz. Nalgún momento do século XVII a loita desarmada pasou a ser chamada "Okinawa-te" ou "Uchinaadi" (沖縄手), que significa "man de Okinawa". Na época, xordiu a figura de Matsu Higa, nobre local, que angariou moita sona por causa das súas habilidades en loita, das cales algunhas serían aprendidas de loitadores chineses de wushu. Crese que Sensei Higa fose, dentro de seu estilo propio, o primeiro a estabelecer un conxunto formal de técnicas e chamalo de ti.[18][19][20]

Nun proceso cultural e evolutivo asemellado bastante ao que sucedía no resto do Xapón, os mestres guerreiros construían as súas técnicas e os seus instrumentos de guerra adaptados ás súas necesidades. Como os samurais formaron o jujitsu, que era adecuados ás súas necesidades de loita desarmada e usando armadura, os peichin fixeron en Okinawa. Varios elementos entraron na composición daquilo que pasou a ser chamado Tode ou Todi (唐手, man chinesa), pois, nalgún momento do século XVIII ou entre os séculos XVII e XVIII, o que foi máis influente foron os estilos meridionais de chuan fa. En todo no caso de que, pódese afirmar seguramente que no Reino de Lequias desenvolvíase un produto de formación eclética, polo que pode ser notado no establecemento dun código moral, moi próximo daqueles de orixe xaponesa, composto polos principios de compaixón, dedicación e perfeccionamento.[21]

Destacáronse máis os estilos de Shuri, por ser o estilo da capital do reino, e de Naha, por ser cidade portuaria e máis importante sitio mercantil. Non obstante, posto que tivese menor importancia no escenario da época, por ser principalmente unha cidade de traballadores, pescadores e labradores, Tomari, debido a exactamente as súas características, desenvolveu o estilo peculiar e moitas veces erradamente confundido co estilo de Shuri.

Na liñaxe do estilo Shuri-te, caracterizado polas posturas naturais e por movementos de desprazamento e de golpes en liña recta, seguíronse a sensei Higa, máis ou menos nunha en secuencia de instrutor e alumno, os mestres Peichin Takahara, Kanga Sakukawa e Sokon Matsumura. Mestre Sakukawa, por suxestión de Peichin Takahara, foi aprender co chinés Kushanku, mestre de wushu e, despois, directamente naquel país.[22]

Mentres tanto, en Tomari, o estilo da urbe adquiría unha característica máis acrobática. Os principais representantes da rexión foron os mestres Karyu Uku e Kishin Teryua, que deixarían a súa arte para Kosaku Matsumora. En Naha, o Ti evolucionaba nunha dirección diversa, con movemento de extrema contracción, golpes de curto alcance e perfeccionamento do corpo para recibir golpes e técnicas de respiración (ibuki).[23]

So as mans de Sokon Matsumura, o todi pasou a ter un adestramento máis formalizado coa compilación dunha serie máis ou menos pechada de exercicio (kata) e, principalmente, rompeuse a barreira das clases sociais. Con Matsumura, que formaba parte da elite guerreira e da corte de do Rei Sho Ko e sucesores, o Todi, practicado polas clases traballadoras e polos guerreiros, pasou a ser unha arte militar recoñecida.

Por esa época, ficaron famosas, e case lendarias, as historias sobre as proezas dos guerreiros de Okinawa, coma un conto do mestre de Tomari-te, Kosaku Matsumora, que desarmado derrotou un samurai. Así, o Todi era coñecido tamén por shinpi tode (神秘 唐手, misteriosa man chinesa) ou reimyo tode (霊妙 唐手, milagrosa man chinesa).

Arte das mans baldeiras[editar | editar a fonte]

Polo fin do século XIX, o adestramento de tode aínda era unha práctica restrinxida a poucos, basicamente por conta da súa orixe como disciplina dos nobres guerreiros. Do mesmo xeito que sucedía ás artes marciais do resto do Xapón. Mesmo que existisen moitas semellanzas entre os estilos, o paradigma de transmisión era de mestre para un círculo estrito de alumnos.[24]

Mentres tanto, o escenario político mudou por causa da anexión completa do Reino de Lequias polo Xapón, en 1875, transformando o vello reino na provincia de Okinawa. Porén, o que podería ser un revés tornouse unha oportunidade, pois a política imperial determinara que a rexión debería ser incorporada definitivamente ao país, absorbendo a súa aristocracia e considerando a súa poboación como súbditos nativos do emperador. Este acontecemento, a pesar de non significar incorporación inmediata, polo menos formalmente eliminou as culturais barreiras que existían antes.[25]

Nesas circunstancias, Anko Itosu, que aprendera artes marciais con Matsumura e tamén servira como secretario do rei de Okinawa, empezou a usar a súa influencia para tentar diseminar o tode entre a poboación, porque el cría que a disciplina dos guerreiros podería ser un valioso instrumento de formación física, intelectual e cívica.[26]

Dúas cousas dificultaban a aceptación e a diseminación do tode: exactamente o seu nome, que facía alusión á China, e o seu modelo de adestramento, que fora feito para atender as necesidades dos guerreiros locais.

Simultaneamente, Itosu tomou medidas para eliminar estes atrancos. Logo, el coidou de novamente empregar o nome que era utilizado polas vellas escolas, os kobudo, para designar as súas técnicas de loita sen armas. Desta maneira, non máis se escribía "Tode" (徒手) co logograma "to" (), cuxa acepción inmediata é á Dinastía Tang, mais co "to" (), "baleiro". Con isto, visábase diminuír as resistencias no resto Xapón, porque calquera cousa conectada á China non era vista con bos ollos, por conta das tensións políticas que sempre existiron entre os dous países. Por outro lado, "tode" tamén era unha das denominacións do jujitsu, o que implicaba maior aproximación entre os guerreiros de Okinawa e do Xapón, ambos chamados de bushi.[27][28]

Canto ao método de adestramento vixente á época, a práctica común era a repetición continuada dos kata, ou sexa, o alumno debería repetir cada movemento das formas estabelecidas até se tornaren movementos automáticos. O mestre xulgaba que este modelo non sería o máis adecuado, principalmente para os nenos. Entón, el simplificou o adestramento a unidades fundamentais, os kihon, que son as técnicas comprendidas en si mesmas, unha puñada, unha desviación, unha postura, e compilou unha serie de kata chamada de Pinan, con técnicas máis simples e que pasarían a formar a primeira serie de técnicas.

Esa mudanza resultou na diminución, ou eliminación nalgúns casos, de tácticas de loita, mais reforzou o carácter deportivo e para beneficio da saúde: deuse maior importancia á postura, mobilidade, flexibilidade, tensión, respiración e relaxación. Porén, a denominación karate (空手 tornouse coñecida e popular por causa do mestre Hanashiro Chomo, do estilo Shuri-te, que nunha publicación intitulada "Karate Kumite" usouna no lugar da escrita co kanji "" , que se refería máis á Dinastía Tang e á China.

A pesar dos esforzos feitos, o karate non era moi popular fóra de Okinawa. Non obstante, de modo fortuíto, houben un acontecemento que axudou mesmo discretamente a tornar o karate coñecido fóra do Xapón. En 1898, o Hawai foi anexado polos EE.UU. e, en 1900, habitantes de Okinawa mudáronse para alí.[29]

O karate tornouse deporte oficial en 1902, que é o punto en que se perfecciona a transición de arte marcial para disciplina física, deixando ser visto só coma medio de defensa persoal.

Como resultado de seu progreso, Anko Itosu cre ser posíbel exportar o Karate para o resto do Xapón e, no comezo do século XX, pasa a emprender esforzos para tanto, mais non consegue éxito.

Paralelos a eses eventos, outro influente mestre, Kanryo Higashionna, promovía por si outras mudanzas. El desenvolvía un estilo particular que mesturaba técnicas suaves, como desvíos e proxeccións, coas técnicas contundentes. Foron seus discípulos Chojun Miyagi e Kenwa Mabuni. A exemplo do mestre Itosu, Higashionna conseguiu fomentar os valores neles que levaron até as mudanzas futuras que tornarían o Karate máis aceptábel no Xapón.

En que pesen a evolución que arte estaba probando e habendo a fama de ser un estilo de loita eficaz, fama esa que xa había moi corría polo Xapón, aínda era pouco coñecida. Non se sabía realmente moito esa loita que matou moitas persoas, sobre súas características, fóra os practicantes de Okinawa e algúns poucos fóra dese círculo aínda pequeno e cerrado.

Algúns factores contribuíron, mentres, para a divulgación do Karate. Un deses factores era a mentalidade corrente á época que, mesmo co proceso de espallamento dos costumes occidentais iniciado coa Restauración Meiji, aínda era moi próxima á figura do guerreiro, non sendo incomún o lance de desafíos a loitadores ou mesmo a unha casa, familia ou cidade. Non se pode esquecer, con todo, que iso non se deba por bravata mais por orgullo, de súas tradicións e para homenaxear seus mestres. Era común a práctica de dojo yaburi (desafío ao dojo).

Ao redor de 1906 chegou a Okinawa un practicante de jujitsu (ou de judo, segundo algunhas fontes) que desafiou a todos da illa a medir forzas con el, para probar que seu estilo era superior aos do Xapón e da rexión. N día da loita, posto que fose xa vello (con máis menos setenta anos), no medio de varios loitadores, o mestre Anko Itosu non quixen deixar sen resposta o convite e foi ver o desafiador, que interpelou o mestre, dicindo "que honra habería de gañar dun ancián?", mais mesmo así aceptou o combate co vello, por respecto a el. A loita foi decidida con só un golpe do ancián.

Talvez máis importante para a fama da eficiencia do karate foi un desafío que mestre Choki Motobu encarou. Chegou ao Xapón un navío ruso, conducindo u loitador de sambo Kinteru, con porte físico moi grande (case 2m de altura) e capaz de fincar un cravo na madeira coas mans. O obxectivo do loitador era divulgar súa modalidade de loita e, para tanto, facía das demostracións públicas, que envolvían proezas, como enrodelar unha barra de ferro nos brazos e romper táboas. O loitador fixo un desafío a todo o país

A nova chegou en Okinawa, sendo o desafío acepto polos irmán Motobu, descendentes da casa real e notorios expertos en artes marciais (Karate, Kobudo e Udundi). Dirixíronse eles ata o Xapón. No día do evento, a loita foi decidida con só un golpe na rexión do plexo celíaco. A vitoria foi considerada tan sorprendente e despertou o interese polo karate.

Camiño das mans baldeiras[editar | editar a fonte]

Os esforzos do mestre Itosu non tiveron os efectos anhelados, mais continuaron polas mans dos seus alumnos, que crearon outros estilos, máis novos e máis adecuados para divulgaren a modalidade.

A nova xeración uniu forzas. O Mestre Kenwa Mabuni sistematizou os estilos Naha-te e Shuri-te en unha única vertente, a cal chamou [[Shito-ryu e pretende preservar as os kata nas súas formas tradicionais. Mestre Choshin Chibana, por súa quenda, compilou seu coñecemento nunha escola chamada Kobayashi-ryu, que pretende preservar as exactas formas por el aprendidas dos famosos mestres Matsumura e Itosu.[30]

Non obstante, quen tivo máis éxito na divulgación do karate no Xapón foi mestre Gichin Funakoshi, que aproveitou o interese despertado principalmente despois da vitoria do mestre Choki Motobu sobre o loitador ruso. Mais con isto non se pode esquecer que foron de fundamental importancia os esforzos conxugados doutros grandes mestres, como Mabuni, Miyagi, Motobu etc., porque crearon as condicións necesarias ao éxito da tarefa.

O karate popularizouse no Xapón e introduciuse nas escolas secundarias antes da Segunda Guerra Mundial.

Como moitas das artes marciais practicadas no Xapón, o karate fixo a súa transición para o karate-do no inicio do século XX. O do en karate-do significa camiño, palabra que é análoga ao familiar concepto de tao. Como foi adoptado na moderna cultura xaponesa, o karate está imbuído de certos elementos do budismo zen, sendo a práctica do karate algunhas veces chamada “zen en movemento”. As aulas frecuentemente comezan e terminan con curtos períodos de meditación. Tamén a repetición de movementos, como executado no kata, é consistente coa meditación zen pretendendo maximizar o autocontrol, a atención, a forza e velocidade, mesmo en condicións adversas. Profesores de karate difiren moito na maneira en que eles en recoñecen a influencia do zen nesta arte marcial.

A modernización e sistematización do karate no Xapón tamén incluíu a adopción do uniforme branco (dogi ou keikogi) e de cintos de cores indicadoras do estadio alcanzado polo alumno, ambos criados e popularizados por Jigoro Kano, fundador do judo.

Ética[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Dojo kun, Tode jukun e Niju kun.

O karate dende o seu xurdimento, porque estivo conexo á caste guerreira, absorbeu principios morais. A normas de respecto e disciplina facíanse necesarias porque eran útiles no ambiente militar. Conforme evolucionaba o karate, un código de conduta paulatinamente tomaba forma. Aínda o século XVII, ou no XVIII, Peichin Takahara, que, alén de guerreiro, era relixioso, fixo asentar tres piares éticos. Eses tres principios son de inspiración taoísta, polo que xa naquel momento víase a disciplina militar como paradigma, un modo de vida, que podería ser usado para formar un cidadán mellor.[31] O mestre Takahara enumerou:

  • Ijo compaixón
  • Fo dedicación
  • Katsu comprensión e práctica das formas

Estilos[editar | editar a fonte]

Por causa do seu proceso de desenvolvemento, que foi moi eclético e recibiu as máis diversas influencias, o karate nunca foi unha arte marcial uniforme, adestrada e ensinada dun xeito só. Mesmo cando non se trataba dun deporte dividido en varias agremiacións, xa se mostraba ramificado en tres estilos distinguidos, Naha-te, Tomari-te e Shuri-te, que son recoñecidos como os tres estilos clásicos e primordiais.

De feito, os tres estilos primordiais non eran estilos formais, mais contaban só con grandes mestres que lles daban destaque. O século XIX, os estilos de Shuri e Tomari acaban por se mesclar e converxer no estilo Shorin-ryu. O estilo de Naha evoluciona para o que se chamaba de estilo Shorei-ryu. Estes dous tamén son considerados estilos clásicos, dos cales todos os demais, no todo ou en parte, evolucionaron.[32]

Para diferenciar un estilo do outro, o karate seguiu máis ou menos o modelo adoptado no resto do Xapón: cada estilo identifícase por un nome maila a partícula ryu (). Outro caso pode ocorrer cando houber unha subdivisión, que pode se dar co xurdimento dunha liñaxe que pregoa determinada marca diferencial. Neste hipótese, ocorre a adialla da partícula ha () mailo o nome do estilo orixinal anteposto. Acontece, porén, que isto non é unha regra ríxida e que todos seguen, pois pode haber unha liñaxe dun estilo que usa a partícula ryu, coma son os casos das varias escolas directamente orixinadas do estilo Shorin-ryu.

Unha última hipótese é a de as entidades que usan o sufixo kan (: edificio, casa), que poden ser un estilo ou unha simple liñaxe derivada. Moitas veces, elas se orixinan como tributos a mestras moi graduados e, algunhas veces, acaban se transformando en estilos propiamente ditos, como foi o caso do estilo Shotokan, que tamén é derivado do estilo Shorin.

No comezo do século XX, había en Okinawa xa unha variedade de estilos de karate, que xurdiron cando os discípulos dos últimos mestres ligados á caste dos peichin (Itosu, Matsumora, Higaonna etc.) comezaron a recibir alumnos independente das súas orixes. Isto foi efecto das mudanzas feitas polo mestre Itosu, que levou o karate para dentro do sistema educacional de Okinawa. Había, aínda de informalmente, os dojo dos mestres Kenwa Mabuni, Chojun Miyagi, Gichin Funakoshi, entre outros.[33]

Naquel momento, a despeito de haber distinguidas escolas, nas cales os respectivos mestres ensinaban segundo súa propia visión e obxectivos, non se podía dicir que non existía unidade do karate, pois os alumnos e os mestres frecuentaban ás veces as escolas uns dos outros. Esta situación mudou efectivamente a partir do fin da década de 1930, cando a Butoku-kai demandou que as varias entidades que ensinaban karate rexistrásense, no propósito de obteren recoñecemento oficial do goberno do país.[34]

A conxuntura política mudou drasticamente despois da Segunda Guerra Mundial, pechándose a Butoku-kai. Por esta época tamén os mestres pioneiros na divulgación do karate ou estaban mortos ou xa estaban con idade moi avanzada, ou, aínda, xa sufriran moitos transtornos decorrentes da guerra, o que lles privou de forzas, para manter a relativa unidade e convivencia harmoniosa entre as diversas entidades e escolas de karate. A esta circunstancia sumáronse as diverxencias ideolóxicas e políticas.

Ao redor da metade do século XX, xa existían moitos estilos. Pero este proceso de fragmentación non se extinguiu, a pesar de diminuír moito o ritmo. Disensións internas, mesmo nos estilos clásicos, levaron ao xurdimento doutros estilos ou de liñaxes distinguidas dun mesmo estilo, algunhas avogando que serían as certas herdeiras das tradicións e técnicas correctas.[35]

Na década de 1970, naceu a Federación Mundial de Karate, que reuniu a principal entidade xaponesa e outras entidades non xaponesas. Esta organización enumera só os estilos Goju-ryu, Shito-ryu, Shotokan e Wado-ryu, como oficialmente recoñecidos.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Te
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Okinawa-te
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Tode
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Tomari-te
 
 
 
Shuri-te
 
 
 
 
Naha-te
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Shorin-ryu
 
 
 
 
 
 
 
 
Shorei-ryu
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Motobu-ryu
 
 
 
 
Uechi-ryu
 
Ryuei-ryu
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Shotokan
 
 
 
 
 
Chito-ryu
 
Shito-ryu
 
Goju-ryu
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Kenyu-ryu
 
 
 
 
 
 
 
 
Toon-ryu
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Wado-ryu
 
Shindo jinen-ryu
 
Matsumura Seito
 
Shobayashi-ryu
 
Kobayashi-ryu
 
Matsubayashi-ryu

Técnicas[editar | editar a fonte]

Nalgún momento antes do século XVIII, dispuñan do Bubishi. O libro foi levado para Okinawa dende a China, mais non se pode identificar quen nin canto isto ocorreu, sendo correcta soamente a súa presenza na rexión. Hai dous libros co mesmo nome: un que é un compendio militar chinés Wubeizhi, que é unha obra grandiosa sobre a arte da guerra, cuxa creación é atribuída ao xeneral Mao Yuanyi, e outro, que é sobre artes marciais, acupuntura e outros asuntos máis ou menos conexos. Foi este segundo libro que chegou en Okinawa. Sábese tamén que o libro foi reproducido manualmente e que probabelmente cada posuidor tería glosado a súa copia.[4]

O Bubishi de Okinawa era unha obra secreta, transmitida moi reservadamente dos mestres para moi poucos alumnos, soamente aqueles reputados como os máis dignos e capaces de gardar os segredos e transmitídelos a quen tamén merecese. O contido do libro era sobre os golpes mais tamén sobre anatomía e sobre os principios de uso da enerxía ki. O libro é dividido por temas, ten unha parte que conta sobre as orixes do estilo Bai he quan, de chuan fa, e na parte sobre as técnicas das artes marciais é mostra movementos típicos do estilo.[36]

Sílabo[editar | editar a fonte]

O conxunto de técnicas do karate abrangue todos os tipos de golpes, desde aqueles máis comúns e visados nas competicións, como xutes e puñazos, até lanzamentos e inmobilizacións. De modo didáctico, hai dous grandes grupos: as técnicas duras, que son os golpes de impacto, e as técnicas suaves, que son o resto das técnicas, como desprazamento, desvíos, caídas etc. Ocorre, con todo, que só os estilos tradicionais aplican todo o contido, pois os modernos dan máis importancia aos golpes que poden ser usados en competicións. En teoría, calquera estilo de karate debería ensinar todo o contido.[37]

Adestramento[editar | editar a fonte]

Ata as mudanzas no método de ensino feitas polo mestre Itosu, o karate era transmitido por medio da repetición dos kata, así como sucedía coas outras artes marciais do Xapón, como kenjutsu ou jujitsu. Antes disto, cando un mestre atestava que transmitira todos os seus coñecementos implicaba todos os kata e os seus significados, alén dos coñecementos que tornaban útiles as aplicacións prácticas deles, como anatomía e puntos de presión.

Despois de tales cambios, a énfase do adestramento pasou a ser dada sobre os kihon, que son movementos máis simples e, por isto mesmo, máis doados para aprender. Empezouse tamén a dar importancia ó condicionamento físico mais con foco na saúde en vez do foco no campo de batalla, que era feito por medio das técnicas chamadas de hojo undo e que ficaron restrinxidas ós estilos tradicionais.

Kihon[editar | editar a fonte]

Kihon é o termo que se refire aos principios e técnicas elementais das artes marciais do Xapón, que son exactamente os movementos e posturas básica e que son repetidas, de modo rápido ou lento, ata ser comprendido polo practicante.

Kata[editar | editar a fonte]

Kata é unha forma de loita estilizada contra un ou máis adversarios, que é executada nun arquetipo especificado de desprazamento.[38]

Kumite[editar | editar a fonte]

Os estilos tradicionais de karate prohiben a execución de combate como forma de adestramento, porque existen técnicas perigosamente mortais. Non obstante, durante o primeiro cuartel do século XX, algúns mestres entendían que as técnicas só terían valor no caso de que fosen postas e probadas na práctica, polo que o adestramento con loita foi incorporado ó método de ensino. De calquera forma, viuse que sería imprescindíbel ríxido maior control na execución dos golpes, permitíndose que un alumno adestrase desta maneira cando coñecese profundamente as técnicas dos kihon e kata.[39]

Coa finalidade pedagóxica, estabelecéronse algúns tipos distinguidos de kumite, como forma para-arranxada de loita, é dicir, con movementos de ataque e defensa, que deberían ser executados nunha orde correcta. O kumite foi aínda incorporado como forma recreativa e nas competicións.

Rangos[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente non se usaba calquera sistema de graduación ou entrega de ningún título aos alumnos. Quen definía o nivel de aprendizado era o propio mestre, conforme as habilidades demostradas. A calquera tempo, un mestre podería testificar que o seu alumno xa conseguira aprender todos os coñecementos da súa escola, cando o alumno sería recoñecido como mestre tamén.

Nalgún momento, so influencia da cultura xaponesa, algúns pasaron a atribuír graos, nun sistema de tres niveis: inicial, intermediario e final. Eventualmente, algúns mestres tamén adoptaron o sistema de Menkyo, máis ou menos parecido ao sistema de tres niveis, mais posuía un carácter máis formal.[40]

Cando da súa viaxe até Toquio e tras o contacto máis próximo con Jigoro Kano, o mestre Gichin Funakoshi levou para a súa terra o modelo de rangos en uso no instituto Kodokan, o sistema Dankyuisei, con cintos colorados, para indicar cal o grao de coñecemento do alumno. Este sistema foi adaptado do xogo de taboleiro Go polo mestre Kano. E Funakoshi o adaptou para o seu dojo.[41]

Deporte[editar | editar a fonte]

O karate tamén pode ser practicado como un deporte competitivo, aínda que non posua status de deporte olìmpico coma o Judo e o Taekwondo. Isto debese ao feito de que non hai unha organización centralizadora para o karate, así como non existen regras uniformes entre os diversos estilos. A competición pode ser tanto de kumite coma de kata e os competidores poden participar individualmente ou en grupo.

Na competición de kata pontos son concedidos por cinco xuíces, de acordo coa calidade da performance do atleta de maneira análoga a ximnasia olímpica. Son criterios para unha boa performance a correcta execución dos movementos e a interpretación persoal do kata a través da variación de velocidade dos movementos (bunkai). Cando o kata é executado en grupo (usualmente de tres atletas) tamén é importante a sincronización dos movementos entre os compoñentes do grupo.

No kumite dous oponentes enfrentanse por preto de dous a cinco minutos. Pontos son concedidos tanto pola técnica canto pola localización en que os golpes son desferidos. As técnicas permitidas e os pontos permisibles de seren atacados varian de estilo para estilo. Alén disto o kumite pode ser de semi-contato (coma no Shotokan) como de contacto directo (coma no Kyokushinkai).

Películas e outros medios[editar | editar a fonte]

  • Karate, the Hand of Death (1961)
  • Karate Kid (1967)
  • El kárate, el Colt y el impostor (1974)
  • Kill or Be Killed (1976)
  • The Karate Kid (1984)
  • The Karate Kid II (1986)
  • Karate Kommandos (1986)
  • Il ragazzo dal kimono d'oro (1987)
  • The Karate Kid III (1989)
  • The Next Karate Kid (1994)
  • Kuro obi (2007)
  • Yip Man (2008)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Lowry, Dave (2009) (en inglés). The Karate Way: Discovering the Spirit of Practice. Boston: Shambhala. p. 8. ISBN 1590306473.
  2. 2,0 2,1 2,2 Higaonna, Morio (1985) (en inglés). Traditional Karatedo Vol. 1 Fundamental Techniques. p. 17. ISBN 0-87040-595-0.
  3. "What is Okinawa Goju Ryu Karate-Do? - Wakefield Traditional Karate Association" (en inglés). http://www.wakefieldmeibukan.com/whatismeibukankarate.htm. Consultado o 23 xaneiro 2014.
  4. 4,0 4,1 Stanić Miloš. "Okinawan Bubishi" (en inglés) (PDF). http://uechi-ryu.com/content/pdf/bubishi_article_by_stanic_milos.pdf. Consultado o 23 de novembro de 2014.
  5. Bishop, Mark (1999) (en inglés). Okinawan Karate: Teachers, Styles and Secret Techniques. North Clarendon: Tuttle. ISBN 0804832056.
  6. Pawlett, Ray (2008) (en inglés). The Karate Handbook. New York. p. 38.
  7. "What the Olympics Will Bring to Karate" (en inglés). http://www.dragon-tsunami.org/Dtimes/Pages/articledt16.htm. Consultado o 23 xaneiro 2014.
  8. "A Brief History of Okinawa" (en inglés). http://www.okinawan-shorinryu.com/okinawa/history.html. Consultado o 29 de mazo de 2014.
  9. Seiler, Kevin; Seiler, Donald J (2006) (en inglés). Karate-do. Traditional Training for All Styles. Frisco: Seiler. p. 54. ISBN 0979010802.
  10. "Historia Shorin Ryu" (en castelán). http://www.okinawakarate.com.ar/histkar.html. Consultado o 29 de marzo de 2014.
  11. "Tomari-te: the placê of the old Tode" (en inglés). MSISSHINRYU.COM. http://www.msisshinryu.com/history/tomari-te/.
  12. Funakoshi, Gichin (1975) (en portugués). Karate-do, meu modo de vida. São Paulo: Pensamento-Cultrix. p. 129.
  13. McCarthy, Patrick; McCarthy, Yuriko (1999) (en inglés). Ancient Okinawan Martial Arts. Koryu Uchinadi. Massachusetts: Tuttle. p. 1.
  14. Nagamine, Shōshin (2000) (en inglés). Tales of Okinawa's great masters. Massachusetts: Tuttle. p. 28. ISBN 0804820899.
  15. "Karate Geschichte" (en alemán). http://www.familygym.ch/FamilyGym/Karate_Geschichte.html. Consultado o 29 de marzo de 2014.
  16. Serravalle Guimarães, Ricardo (2006) (en portugués). Ensinamento dos mestres. Clube de Autores.
  17. Nakazato, Shigeo (2005) (en castelán). Karate y Kobudo Okinawense. Kier. p. 31.
  18. "To-De" (en castelán). http://www.to-de.org/to-de.html. Consultado o 29 de marzo de 2014.
  19. "História do Karate" (en portugués). http://senseijadir.comze.com/index.php?option=com_content&view=article&id=69%3Ahistoria-do-karate&catid=40%3Akarate&showall=1. Consultado o 29 de marzo de 3014.
  20. Heinze, Thomas (2009) (en alemán). Die Meister des Karate und Kobudo. Books on Demand. p. 63.
  21. "History of Karate" (en inglés). Chiltern Karate Association. http://www.chilternkarate.co.uk/about-karate/history-of-karate/. Consultado o 29 de marzo de 2014.
  22. "Bushinkai - Karate History" (en inglés). http://www.bushinkai.org.uk/page20.htm. Consultado o 29 de marzo de 2014.
  23. "History of Okinawan Karate-Do" (en inglés). http://www.shuriway.co.uk/ryukyuhist.html. Consultado o 30 de marzo de 2014.
  24. Haines, Bruce (1968) (en inglés). Karate's History and Traditions. North Clarendon: Tuttle.
  25. Hardacre, Helen; Lewis Kern, Adam (1997) (en inglés). New Directions in the Study of Meiji Japan. Brill. pp. 635, 636.
  26. Hisataka, Masayuki Kukan (2011) (en inglés). Essential Shorinjiryu Karatedo. North Clarendon: Tuttle. pp. 36-39.
  27. Mike Skoss. "Jujutsu and Taijutsu: Some Background Information on Warrior Close Combat Systems" (en inglés). http://www.koryu.com/library/mskoss8.html. Consultado o 30 de novembro de 2014.
  28. Goodin, Charles. "Okinawa's Bushi: Karate Gentlemen" (en inglés). http://seinenkai.com/art-bushi.html. Consultado o 30 de novembro de 2014.
  29. "The Roots of Okinawan Karate in Hawaii" (en inglés). http://seinenkai.com/art-roots.html. Consultado o 30 de marzo de 2014.
  30. "Shito Ryu fundadores e história do karate" (en portugués). 12 de xaneiro de 2014. http://www.karatezine.com.br/2014/01/shito-ryu-fundadores-e-historia-do.html#.VHyDRckph3s. Consultado o 30 de novembro de 2014.
  31. "Peichin Takahara" (en inglés). http://www.traditionalshotokankarate.co.uk/peichin_takahara.html. Consultado o 2 de decembro de 2014.
  32. "Legends of Karate: Mabuni Kenwa and his Shitô-Ryû (pt. 1)" (en inglés). http://www.karatebyjesse.com/legends-of-karate-mabuni-kenwa-and-his-shito-ryu-pt-1/. Consultado o 4 de decembro de 2014.
  33. "History of Karate" (en inglés). http://www.londonkarate.org.uk/history.html. Consultado o 4 de decembro de 2014.
  34. "How the masters got their ranks: the origins of karate ranks" (en inglés). http://judoinfo.com/karateranks.htm. Consultado o 4 de decembro de 2014.
  35. "Pedagogia do esporte e competição karatê" (en portugués) (PDF). http://disciplinas.stoa.usp.br/pluginfile.php/30742/mod_folder/content/0/Artes%20Marciais%20e%20lutas/Pedagogia%20do%20esporte%20e%20competição%20karatê.pdf?forcedownload=1. Consultado o 4 de decembro de 2014.
  36. "Introducción a los JINTAI KIUSHO" (en castelán). http://www.karatebcn.com/web3(2)/pru_esp/art77b.asp?p_pestana=inicio&p_opcion=articulos. Consultado o 23 de novembro de 2014.
  37. "Throwing and Takedown Techniques (Nage Waza)" (en inglés). http://www.combat-sports-supplies.com/nage-waza-throws-and-takedown-techniques-xidc81634.html. Consultado o 23 de novembro de 2014.
  38. Higaonna, Morio (2008) (en castelán). Karate-do Tradicional. Técnicas Básicas. 1. Barcelona: Paidotribo. p. 16.
  39. Rurik Greenwulf. "Choki Motobu, the master of fighting" (en inglés). http://www.bullshido.net/forums/showthread.php?t=116681. Consultado o 8 de decembro de 2014.
  40. "The History of Karate Belts and Ranks" (PDF). http://www.minrec.org/wilson/pdfs/History%20of%20Belts%20and%20Ranks.pdf. Consultado o 1 de decembro de 2014.
  41. Eric M. Garcia. "Una breve historia del Sistemas de Rango utilizados en la actualidad en Karate" (PDF). http://www.oskfpr.com/Documents/Una%20breve%20historia%20del%20Sistemas%20de%20Rango%20utilizados%20en%20la%20actualidad%20el%20Karate.pdf. Consultado o 1 de decembro de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karate

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]