Bolivia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bolivia (homónimos).
Estado Plurinacional de Bolivia
Bulibiya Mama llaqta
Wuliwya Suyu
Tetã Volívia
Estado Plurinacional da Bolivia
Bandeira de Bolivia Escudo de Bolivia
Bandeira Escudo
Lema: «¡La unión es la fuerza!»
Himno nacional: Himno Nacional de Bolivia
 
South America location BOL.png
 
Capital
 • Poboación
Sucre

Cidade máis poboada Santa Ctuz de la Sierra
Linguas Español, quechua, aimara, guaraní e outras 33 linguas
Forma de goberno República presidencialista
Evo Morales Ayma
Álvaro García Linera
Independencia
 • Comezada
 • Declarada
De España
16 de xullo de 1809
6 de agosto de 1825
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 27º
1.098.581 km²
1,4%
6.743 km km
non ten km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 87º
10.027.644 (2008)
8,76 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 103º
USD 16.699 millóns
USD 1.665
PIB (PPA)
 • Total (2008)
 • PIB per cápita
Posto 88º
USD. 42.121 millones
USD 4.200
IDH (2005) 0,723 (111º) – medio
Moeda Boliviano (Bs., BOB)
Xentilicio Boliviano, -a
Fuso horario
 • en verán
UTC-4
UTC-4
Dominio de Internet .bo
Prefixo telefónico +591
Prefixo radiofónico CPA-CPZ
Matrícula avións CP
Código ISO 068 / BOL / BO
Membro de: ONU, OEA, UNASUR, CAN, Mercosur, ALADI, ALBA, OMC, FLAR, SELA, TCP, G20, CIN, OEI, IUCN, Unión Latina, MPNA, Grupo de Río.
Tódolos países do mundo

Bolivia (en quechua: Bulibiya Suyu, aimara: Bulibiya, Buliwya; guaraní: Volívia) é un país da América do Sur, limitado a norte e leste polo Brasil, ao sur polo Paraguai e Arxentina, e a oeste polo Chile e Perú. Comprende parte importante tanto da Cordilleira dos Andes e o seu Altiplano como da Selva Amazónica e do Gran Chaco, o que fai ser definido como un país megadiverso. É, canda Paraguai, un dos dous países de Sudamérica sen litoral marítimo. É tamén o oitavo máis extenso no continente americano e o vixésimo sétimo a nivel mundial. A súa capital oficial e xudicial é a cidade de Sucre, mentres que a capital gobernamental (dos poderes executivo e lexislativo) é La Paz.

Índice

[editar] Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Bolivia.

Na parte occidental do país está a Cordilleira dos Andes, na cal fican a montaña máis alta do país, o pico Nevado Sajama co seus 6.542 m, o lago Titicaca - o máis alto lago do mundo, e o Salar de Uyuni, no departamento de Potosi, unha grande extensión coberta por sal que foi no pasado o fundo dun grande lago que se secou por evaporación. O centro do país é un planalto, o "Altiplano", onde vive a maioría dos bolivianos. O leste do país é constituído por terras baixas, e coberto pola floresta úmida da Amazonia. O lago Titicaca situase na fronteira entre a Bolivia e o Peru. No occidente atópase o Salar de Uyuni, a maior planicie de sal do mundo.

O país actualmente non ten litoral, despois de o perder nunha guerra co Chile, a Guerra do Pacífico, que ocorreu do ano 1879 ao ano 1884.

As cidades principais son La Paz, Sucre, Santa Cruz de la Sierra e Cochabamba.

[editar] Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións da Bolivia.

Bolivia está dividida en 9 departamentos:

División política
Departamento Poboación Supeficie (km²) Densidade (*) Capital (Hab.)
Departamentos de Bolivia.png
República de Bolivia 9.627.269 1.098.581 8,8 Sucre
Bandera del Departamento del Beni Beni 414.758 213.564 1,9 Trinidad (86.385)
Bandera Chuquisaca 611.660 51.524 11,9 Sucre (247.259)
Bandera del Departamento de Cochabamba Cochabamba 1.709.806 55.631 22,7 Cochabamba (586.813)
Bandera del Departamento de La Paz La Paz 2.872.793 133.985 19,9 La Paz (835.000)
Bandera de Oruro Oruro 437.131 53.558 8,2 Oruro (216.620)
Bandera del Departamento de Pando Pando 69.541 63.827 1,1 Cobija (32.217)
Flag of potosi.svgPotosí 772.578 118.218 6,5 Potosí (149.246)
Bandera de Santa Cruz Santa Cruz 2.367.440 370.621 6,6 Santa Cruz de la Sierra (1.397.000)
Bandera del Departamento de Tarija Tarija 471.563 37.623 12,5 Tarija (170.906)
(*)= Todos los datos de población son proyecciones del INE para 2006 [1]. La densidad departamental está calculada con la proyección de la población de 2006.

Otras ciudades importantes son (por departamento): La Paz: El Alto 827.000, Cochabamba: Quillacollo 90.000 Sacaba 127.000, Tarija: Yacuiba 90.000, Santa Cruz: Montero 90.000, Beni: Riberalta 78.000.

Cada departamento está subdividido en provincias, que son responsábeis dalgúns asuntos locais.

[editar] Historia

Artigo principal: Historia de Bolivia.

En Bolivia desenvolveronse grandes civilizacións, a máis importante das cais foi a civilización de Tiahuanaco. Tornouse parte do imperio Inca no século XV.

Cando os españois chegaron no século XVI, a Bolivia, rica en depósitos de prata, foi incorporada no virreino do Pelo, e máis tarde no de La Plata.

A loita pola independencia comezou en 1809, mais permaneceu como parte da España ata 1825, cando foi libertada por Simón Bolívar, a quen o país debe o seu nome. Despois dunha breve unión co Perú, a Bolivia tornouse totalmente independente. Nos anos seguintes, a Bolivia perdeu parte do seu territorio debido a vendas e á guerra.

A Bolivia enfrenta problemas culturais e raciais, e sofreu ao longo dos anos múltiples revolucións e golpes militares. En 1980, a democracia foi restaurada despois da destitución dunha xunta militar.

[editar] Política

Artigo principal: Política de Bolivia.

A constitución da Bolivia de 1967, revisada en 1994, prevé un sistema equilibrado entre os poderes executivo, lexislativo e xudicial. O tradicionalmente forte executivo, non obstante, tende a deixar na sombra o Congreso, cuxo papel está en xeral limitado a debater e aprobar lexislación orixinaria do executivo. O ramo xudicial, composto polo Supremo Tribunal e por tribunais departamentais e inferiores, está desde hai moito corroído por corrupción e ineficiencia. A través de revisións na constitución feitas en 1994, e de leis subsequentes, o goberno iniciou reformas que teñen potencial para ser profundas nos sistema e procesos xudiciais.

Os nove departamentos da Bolivia receberon maior autonomía pola lei de Decentralización Administrativa de 1995, aínda que os principais dirixentes departamentais continuen a ser nomeados polo goberno central. As cidades e vilas bolivianas son gobernadas polo presidentes de cámara e consellos directamente eleitos.

Foron realizadas eleccións municipais o 5 de decembro de 2004, que elixiron os consellos para mandatos de 5 anos. A Lei de Participación Popular de abril de 1994, que distribúe unha porción significativa das finanzas nacionais polas autarquías, para o seu uso discreccionario, permitiu que comunidades anteriormente neglixenciadas obtivesen grandes melloras nas as súas infraestruturas e servizos.

[editar] Partidos políticos

Partidos políticos
Nome Siglas Fundador
Acción Democrática Nacionalista ADN Hugo Banzer Suárez
Izquierda Unida IU -
Movimiento al Socialismo MAS Evo Morales
Movimiento Bolivia Libre MBL -
Movimiento de Izquierda Revolucionaria MIR Jaime Paz Zamora
Movimiento Nacionalista Revolucionario MNR Víctor Paz Estenssoro
Nueva Fuerza Republicana NFR Manfred Reyes Villa
Partido Socialista de Bolivia PS Marcelo Quiroga Santa Cruz
Poder Democrático Social PODEMOS Jorge Quiroga Ramírez
Movimiento SIn Miedo MSM Juan Del Granado Cosio
Falange Socialista Boliviana FSB Oscar Unzaga de la Vega

[editar] Economía

Artigo principal: Economía de Bolivia.

Bolivia, hai moito un dos máis pobres e menos desenvolvidos países da América Latina, fixo progresos considerábeis no sentido do desenvolvemento dunha economía de mercado. Durante a presidencia do presidente Gonzalo Sánchez de Lozada (1993-97) Bolivia asinou un tratado de comercio libre co México, tornouse membro asociado do Mercado Común do Cono Sur (Mercosul) e procedeu á privatización da liña aérea estatal, da compañía de teléfonos, dos camiños de ferro, da compañía eléctrica e da compañía petrolífera.

O crecemento económico aminorou en 1999, en parte debido a políticas orzamentais restrictivas que limitaron os fondos necesarios para programas de loita contra a pobreza, e ás consequencias da crise financeira asiática. No ano 2000, serios disturbios públicos en Abril e en Setembro/Outubro baixaron o crecimento para 2,5%. O PIB boliviano non creceu en 2001 debido ao abrandamento global e á vagarosa actividade doméstica. Espérase que o crecemento recupere en 2002, mais o défice fiscal e o peso da débeda externa irán permanecer elevados.

[editar] Demografía

Artigo principal: Demografía de Bolivia.

[editar] Cultura

Artigo principal: Cultura de Bolivia.
Feriados
Data Nome en galego Nome local Observacións

[editar] Véxase tamén

[editar] Notas

[editar] Ligazóns externas


Países do mundo | América do Sur
Arxentina - Bolivia - Brasil - Colombia - Chile - Ecuador - Güiana - Paraguai - Perú - Suriname - Uruguai - Venezuela
Países con parte do seu territorio en América do Sur

Francia (Güiana francesa) | Reino Unido (Illas Malvinas)


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas