Cabalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Cabalo
Nokota Horses cropped.jpg
Estado de conservación
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Perissodactyla
Familia: Equidae
Xénero: 'Equus'
Especie: 'Equus ferus'
Subespecie: E. f. caballus
Nome trinomial
Equus ferus caballus
Linnaeus, 1758[1]

O cabalo ou egua (Equus ferus caballus) é un animal mamífero perisodáctilo da familia dos équidos (Equidae), herbívoro, cuadrúpede e de pescozo longo e arqueado.

Índice

Orixe [editar]

Besta rinchando na rapa das bestas de Sabucedo
Cabalo andaluz
Semental en Sigüeiro, Oroso.

Orixinalmente domesticado nas estepas do leste de Asia, a súa grande utilidade e alto valor militar propiciou que fose adoptado en toda Eurasia entre os anos 2.500 e 2.000 a. de C. Os exploradores europeos que invadiron América no século XVI levárono consigo, logrando a súa adopción tanto polos pobos nativos coma nos asentamentos europeos.

Aires [editar]

Chámanselle aires aos diferentes xeitos de se desprazar que ten un cabalo. Fundamentalmente son 3:

  • Paso: aire moi lento, moi cómodo de cabalgar.
  • Trote: aire intermedio no que o cabalo avanza máis axiña cánsandose menos que a galope
  • Galope: o aire máis rápido, mais o cabalo esgótase máis axiña ao non ter independencia respiratoria.

O cabalo na cultura popular [editar]

Artigo principal: O cabalo na cultura popular.

Refraneiro [editar]

  • A besta e a muller, que a preste quen quixer.
  • A besta leva ben a carga, mais non a sobrecarga.
  • A cabalo alleo, espora propia.
  • Cabalo alleo non come nin se cansa; e se se cansa moito, alá o seu dono.
  • No pisar coñécese ó cabalo, e o cabaleiro no gobernalo.
  • O que ten besta e anda a pé máis besta é.

Galería de imaxes [editar]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de cabalos de Galicia

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]