Xoán Carlos I de España
| Xoán Carlos I de España | |
|---|---|
| Rei de España | |
Xoán Carlos I de España. |
|
| Nome completo | Juan Carlos Alfonso Víctor María de Borbón y Borbón-Dos Sicilias |
| Nacemento | 5 de xaneiro de 1938 Roma, Italia |
| Herdeiro natural | Filipe de Borbón e Grecia |
| Sucesor | Francisco Franco (Xefe de Estado) |
| Consorte | Sofía de Grecia |
| Descendencia | |
| Casa Real | Casa de Borbón |
| Pai | Xoán de Borbón |
| Nai | María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias |
|
|
|
Xoán Carlos I de España[1], nado en Roma o 5 de xaneiro de 1938, é o Rei de España dende o 22 de novembro de 1975, tras a morte do xeneral Francisco Franco. Foi bautizado como Juan Carlos Alfonso Víctor María de Borbón y de Borbón-Dos Sicilias.
Índice |
[editar] Traxectoria
[editar] Etapa previa ao reinado
Neto de Afonso XIII e fillo de Xoán de Borbón (conde de Barcelona) e de María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias, naceu en Roma, onde estaba exiliada a súa familia dende a proclamación da Segunda República española. Era tamén neto da raíña Vitoria Euxenia de Battenberg (1887-1969), muller de Afonso XIII.
Pola liña materna era neto do Príncipe Carlos das Dúas Sicilias e Duque de Calabria, e da princesa Luisa de Orleáns, da casa real de Francia. A súa nai era a princesa María das Mercedes de Borbón, princesa das Dúas Sicilias. O Rei ten dúas irmás (Pilar, duquesa de Badaxoz, e Margarita, duquesa de Soria e Hernani); tivo tamén un irmán, Afonso, que morreu en tráxicas circunstancias durante o exilio portugués da familia en 1956.
Na entrevista do 25 de agosto de 1948 entre Franco e o conde de Barcelona acordouse a vinda a España do príncipe Xoán Carlos para realizar os seus estudos. Comezou os seus estudos en San Sebastián e rematounos en 1954 en Madrid, tralo que ingresou nas forzas armadas, e en 1957 pasou un ano na escola naval militar de Marín. En 1961 graduouse pola Universidade Complutense.
En 1962 casou con Sofía de Grecia, coa que tivo tres fillos: Elena, Cristina (infantas de España) e Filipe, herdeiro ao trono e Príncipe de Asturias.
Por mor da Lei de sucesión á xefatura do Estado do 26 de xullo de 1947, converteuse no seu sucesor a título de rei ao ratificalo as Cortes en xullo de 1969. Asumiu interinamente a xefatura do Estado entre 19 de xullo e o 2 de setembro de 1974 e do 30 de outubro a 20 de novembro de 1975 por enfermidade de Franco. Trala morte deste, foi proclamado rei de España, pero non foi ata o 14 de maio de 1977 que o conde de Barcelona renunciou aos seus dereitos dinásticos históricos e á xefatura da Casa Real.
[editar] Reinado
Durante o seu reinado aprobouse a Constitución de 1978 que definiu as funcións do rei, suprimiu os poderes executivos outorgados polo franquismo e converteu ao rei nun monarca parlamentario.
Un dos momentos máis graves do seu reinado foi a tentativa de golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 (23-F). Nese día, durante a investidura do candidato á presidencia do goberno Leopoldo Calvo Sotelo, o tenente coronel Antonio Tejero, ao mando dun grupo de gardas civís entrou pola forza no Congreso dos Deputados, ao tempo que se producía a insurrección de Jaime Milans del Bosch, Capitán xeneral da VI Rexión Militar (Valencia) e outras forzas en Madrid. A intervención do rei pola televisión chamando ao apoio ao lexítimo goberno democrático e as conversas previas cos altos mandos militares axudaron ao fracaso do golpe.
[editar] Vida privada e familiar
O 14 de maio de 1962 casou coa princesa Sofía de Grecia e Dinamarca en Atenas, coa que tivo tres fillos: a infanta Elena, duquesa de Lugo, a infanta Cristina, duquesa de Palma de Mallorca e o príncipe de Asturias, Filipe. Os seus oito netos son: Felipe Juan Froilán e Victoria Federica (fillos da infanta Elena e o seu ex-marido Jaime de Marichalar), Juan Valentín, Pablo Nicolás, Miguel e Irene (fillos da infanta Cristina e o seu marido, Iñaki Urdangarin) e Leonor e Sofía (fillas do príncipe Felipe e a súa dona, Letizia Ortiz).
A residencia oficial da Familia Real é o Palacio Real de Madrid, pero se reserva para as cerimonias oficiais. Os Reis residen no Palacio da Zarzuela e a familia do príncipe Filipe reside tamén dentro do recinto da Zarzuela, nunha construción recente chamada Pavillón do Príncipe; as infantas Elena e Cristina viven en residencias privadas en Madrid e Washington, respectivamente.
O Rei Xoán Carlos é afeccionado ao esquí e a vela.
Foi gañador do Premio Carlomagno en 1982 e do Premio Simón Bolívar en 1983, e recibiu doutoramentos honoris causa en universidades como as de Bolonia (1988), Oxford (1986), Cambrigde (1988), Harvard (1983) ou Sorbona (1985).
[editar] Os títulos que ostenta
A Súa Maxestade Don Xoán Carlos I De Borbón e Borbón é:
- Rei de España, de Galicia, de Castela, de León, de Aragón, das Dúas Sicilias (referidas a Sicilia e Nápoles), de Xerusalén, de Navarra, de Granada, de Toledo, de Valencia, de Sardeña, de Córdoba, de Córsega, de Murcia, de Xaén, dos Algarvios, de Algeciras, das Illas Canarias, das Indias Orientais e Occidentais, das Illas e Terra Firme do Mar Océano
- Arquiduque de Austria
- Duque de Borgoña, de Brabante, de Milán, de Atenas e Neopatria
- Conde de Habsburgo, de Flandres, do Tirol, do Rosellón, e de Barcelona
- Señor de Biscaia e de Molina
- Capitán Xeneral das Reais Forzas Armadas e o seu Comandante Supremo
- Soberano Gran Mestre da Insigne Orde do Toisón de Ouro
- Cabaleiro da Orde de San Xavier
- Cabaleiro da Orde da Anunciada
- Cabaleiro da Orde da Xarreteira
- Bailío Gran Cruz de Xustiza con Colar da Orde de Constantino e Xurxo de Grecia
- Bailío Gran Cruz de Honra e Devoción da Soberana Orde Militar de Malta
- Gran Colar da Raíña de Saba
- Gran Cordón da Orde Suprema do Crisantemo do Xapón
- Gran Colar da Dinastía de Reza de Irán
- Gran Cruz da Lexión de Honor e da Orde Nacional de Mérito.
E mesmo de cantas Ordes discirne o Estado Español (Montesa, Alcántara, Calatrava e Santiago entre outras moitas).
[editar] Ascendencia
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
| Predecesor: Ningún (Ditadura de Francisco Franco) |
Rei de España 1975 - Actualidade |
Sucesor: No cargo |