Reino de Granada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
إمارة غرﻧﺎﻃﺔ
Imarat Gharnāṭah
Reino de Granada

1238–1492
Bandeira Escudo
Capital Granada
Lingua Árabe
Relixión Islam
Goberno Monarquía Hereditaria
Rei de Granada
 • 1238-1273 Alhamar
 • 1486-1492 Boabdil
Historia
 • Establecido 1238
 • Disolución 1492

O Reino de Granada, foi un estado islámico da Idade Media situado no sur da Península Ibérica, con capital na cidade de Granada. Foi fundado en 1238 polo nazarí Muhammad ibn Nasr (Alhamar), o seu derradeiro rei foi Muhammad XII, máis coñecido coma Boabdil o Chico, derrocado polos Reis Católicos o 2 de xaneiro de 1492 tras a toma da cidade de Granada, que puxo fin á Guerra de Granada. Tras isto, o reino foi incorporado á Coroa de Castela baixo o nome de Reino Cristián de Granada. O reino nazarí de Granada foi o último estado de al-Ándalus.

Historia[editar | editar a fonte]

Encontro de Boabdil cos Reis Católicos tras a derrota do Reino de Granada.

Tras a derrota almohade en 1212 na Batalla das Navas de Tolosa, comeza a tomar importancia no sueste de al-Ándalus a dinastía nazarí, liñaxe de orixes árabes cuxo fundador foi Alhamar, quen se proclamou sultán no 1232, sendo recoñecido como tal polas oligarquías de Guadix, Baza, Xaén, Málaga e Almería. No 1234 declarouse vasalo do poder de Córdoba, pero en 1236 Fernando III conquista a dita cidade e Alhamar fíxose vasalo do rei castelán, o que lle permitíu conservar a súa independencia. No 1238 Alhamar ampliou os seus dominios conquistando Granada, pero no 1246 Fernando III arrebatoulle Xaén, para consolidar as súas conquistas no val do Guadalquivir, o que obriga a Alhamar a firmar o Pacto de Xaén, no que recoñecía o rei cristián como señor daquel territorio e se obrigaba a pagar as parias para conseguir paces de vinte anos.

No 1305 os nazarís conquistaron Ceuta, aínda que no 1309 o Reino de Fez a reconquistou grazas á axuda dos aragoneses. No 1325, tras o asasinato do seu pai Ismail I de Granada, Muhammad IV accedeu ao trono de Granada. No 1333, arrebatou Alxeciras e Xibraltar aos casteláns, aínda que non puido gozar dos seus éxitos militares posto que foi asasinado ese mesmo ano, aos 18 anos de idade, sendo sucedido polo seu irmán menor Iusuf I. No 1348 os nazarís conquistaron Ceuta por segunda vez e a volveron perder no 1387. Tras isto, o reino queda baixo o goberno de distintos soberanos que foron incapaces de manter o control do territorio. Sucedéronse as disputas dinásticas ata que no ano 1492, durante o goberno de Boabdil, os Reis Católicos puxeron fin ao reino conquistando a capital e facendo que o rei capitulase ante os soberanos cristiáns ese mesmo ano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reino de Granada

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]