Don Rodrigo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Rodrigo")
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Don Rodrigo foi o derradeiro rei visigodo de Toledo, que perdeu e morreu contra os musulmáns na batalla de Guadalete no 711. Don Rodrigo foi antes de rei duque da Bética, pero foi elixido rei trala morte de Witiza, o seu antecesor.
Os fillos de Witiza non estiveron dacordo coa decisión, apoiando ó seu irmán Akhila, e pactaron cos musulmáns a entrada na península dun continxente destinado a usurpa-lo título de Don Rodrigo, pero que finalmente se convertería nun exército de invasión.
Cando os musulmáns desembarcaron na Península, Don Rodrigo foi á súa loita, atopándose daquela no norte, segundo as crónicas ou ben loitando contra unha revolta vascona ou contra os witizianos.