Bélxica - België
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
||||||
| Lema nacional: Ne.: Eendracht maakt macht. Fr.: L'union fait la force. Al.: Einigkeit gibt Stärke («A unión fai a forza») |
||||||
| Himno nacional: La Brabançonne | ||||||
| Capital • Poboación |
Bruxelas 1.006.749 (2005) |
|||||
| Cidade máis poboada | Bruxelas | |||||
| Linguas oficiais | Neerlandés, francés e alemán | |||||
| Forma de goberno | Monarquía parlamentaria | |||||
| Independencia • Declarada • Recoñecida |
Dos Países Baixos 4 de outubro de 1830 20 de decembro de 1830 |
|||||
| Superficie • Total • % auga Fronteiras Costas |
Posto 135º 30.510 km2 6,20 1.385 km 64 km |
|||||
| Poboación • Total • Densidade |
Posto 72º 10.396.421 (2003) 338 hab/km2 |
|||||
| PIB (nominal) • Total (2005) • PIB per cápita |
Posto 18º US$ 364.735 mill. US$ 35.712 |
|||||
| PIB (PPA) • Total (2005) • PIB per cápita |
Posto 28º US$ 337.110 mill. US$ 31.549 |
|||||
| Moeda | Euro (€, [[ISO 4217|EUR 1]]) |
|||||
| Xentilicio | Belga | |||||
| Fuso horario • en verán |
CET (UTC+1) CEST (UTC+2) |
|||||
| Dominio Internet | .be 2 |
|||||
| Prefixo telefónico | +32 |
|||||
| Prefixo radiofónico | ONA-OTZ |
|||||
| Código ISO | 056 / BEL / BE | |||||
| Membro de: UE, OTAN, ONU, OCDE, OSCE, Benelux | ||||||
|
1 Antes de 1999, o franco belga |
||||||
| Tódolos países do mundo | ||||||
O Reino de Bélxica (Koninkrijk België en neerlandés, Royaume de Belgique en francés e Königreich Belgien en alemán) é un país da Europa Noroccidental que fai fronteira cos Países Baixos, Alemaña, Luxemburgo e Francia. Bélxica ten unha poboación de aproximadamente dez millóns e medio de persoas, repartidas por un área de aproximadamente 30.000 quilómetros cadrados.
Dacabalo entre o límite cultural entre a Europa xermánica e romance, Bélxica atópase lingüisticamente dividida. Ten dúas linguas principais: o 60% da súa poboación, principalmente na rexión de Flandres, fala o neerlandés, mentres que cerca do 40% fala o francés (na rexión de Valonia, ao sur, e na Rexión de Bruxelas-Capital, unha rexión oficialmente bilingüe que acolle tamén unha minoría de falantes de neerlandés). Menos dun 1% dos belgas vive na Comunidade xermanófona de Bélxica|Comunidade xermanófona, ao leste do país. A miúdo, esta diversidade lingüística leva a conflitos políticos e culturais, e reflíctese no complexo sistema de goberno de Bélxica e na súa historia política.
Bélxica recibe o seu nome do nome latino da parte máis setentrional da Galia, Gallia Belgica, cuxo nome procede dun grupo de tribos celtas, os belgas. Historicamente, Bélxica foi parte dos Países Baixos, que tamén comprenden os actuais Países Baixos e Luxemburgo, e cubrían unha rexión algo maior que o actual Benelux.
Dende finais da Idade Media ata o século XVII, foi un florecente centro de comercio e cultura. Dende o século XVIII ata a Revolución belga de 1830, Bélxica, naquela época chamada os Países Baixos do Sur, foi o lugar de moitas batallas entre os poderes europeos, e é por iso que se gañou os alcumes de "o campo de batalla de Europa"[1] ou "a cabina de Europa"[2].
Máis recentemente, Bélxica é membro fundador da Unión Europea e alberga a súa sede na súa capital, Bruxelas, sede doutras moitas organizacións internacionais, como a OTAN.
Índice |
[editar] Historia
- Ver artigo principal: Historia de Bélxica.
Durante os derradeiros dous milenios, a área na que hoxe atópase Bélxica experimentou significativos cambios demográficos, políticos e culturais. O primeiro movemento de poboación ben documentado foi a conquista da rexión pola República Romana no século I adC, seguida no século V polos francos xermánicos. Estes estableceron o Reino Merovinxio, que pasou a ser o Imperio Carolinxio no século VIII. Durante a Idade Media, os Países Baixos estaban fragmentados en pequenos estados feudais. A maior parte deles uniuse durante os séculos XIV e XV coa casa de Borgoña, formando os Países Baixos borgoñones. Estes estados gañaron o estatuto de autonomía no século XV e foron coñecidos dende entón como as Dezasete Provincias.
A historia de Bélxica pódese distinguir da dos Países Baixos dende o século XVI. A Guerra dos Oitenta Anos (1568-1648) provocou a división das Dezasete Provincias nas Provincias Unidas ao norte e os Países Baixos do Sur ao sur. As provincias do sur foron gobernadas sucesivamente polos Habsburgo españois e austríacos.
Ata a independencia de Bélxica, os Países Baixos do Sur eran un territorio moi cobizado polos conquistadores, e eran o pano de fondo da maior parte das guerras franco-españolas e franco-austriacas durante os séculos XVII e XVIII. Tras as Campañas de 1794 das Guerras Revolucionarias Francesas, os Países Baixos (que incluían territorios que nunca habían estado baixo dominio dos Habsburgo, como o Obispado de Lieja) foron invadidos por Francia, rematando co mando español e austriaco na rexión. A reunificación dos Países Baixos como Reino Unido dos Países Baixos tivo lugar a finais do Imperio Francés, en 1815.
A Revolución belga de 1830 levou ao establecemento dunha Bélxica independente, católica e neutral, baixo un goberno provisional. Desde a instalación de Leopoldo I como rei en 1831, Bélxica foi unha monarquía constitucional e unha democracia parlamentaria. Entre a independencia e a II Guerra Mundial, o sistema democrático evolucionou dunha oligarquía caracterizada por dous partidos principais, os católicos e os liberais, a un sistema de sufraxio universal que incluíu un terceiro, o Partido Laborista, e un papel forte para os sindicatos. Nas súas orixes, o francés, que era a lingua da nobreza e a burguesía, era a lingua oficial. Dende entón, o país desenvolveu un sistema bilingüe en neerlandés e francés.
Na Conferencia de Berlín de 1885 acordouse en entregarlle o Congo ao Rei Leopoldo II como posesión privada, chamada Estado Libre do Congo. En 1908, cedeuse a Bélxica como colonia, pasándose a chamar Congo Belga. A neutralidade de Bélxica quebrantouse en 1914, cando Alemaña invadiu Bélxica como parte do Plan Schlieffen. As antigas colonias alemás de Ruanda-Urundi (actuais Ruanda e Burundi) foron ocupadas polo Congo Belga en 1916. A Liga de Nacións transferiunas a Bélxica en 1924. Bélxica foi invadida de novo por Alemaña en 1940, durante a Blitzkrieg. Estivo ocupada ata o inverno de 1944-45, no que foi liberada polas tropas Aliadas. O Congo Belga accedeu á independencia en 1960, durante a Crise do Congo, mentres que Ruanda-Urundi independizouse en 1962.
Durante o século XX, e especialmente dende a II Guerra Mundial, a historia de Bélxica estivo dominada cada vez máis pola autonomía das súas dúas comunidades principais. Este período viu un aumento nas tensións inter-comunais, e a unión do estado belga púxose a exame[3].
Mediante reformas constitucionais nos anos 70 e 80, a rexionalización do estado unitario conduciu ao establecemento dun sistema federal estruturado en tres niveis, á creación de comunidades lingüísticas e de gobernos rexionais e á ratificación dun acordo concibido para minimizar as tensións lingüísticas. Hoxe en día, estas entidades federadas sosteñen máis poder lexislativo que o parlamento bicameral nacional, mentres que o goberno nacional aínda controla case toda a recadación de impostos, cerca do 80% das finanzas dos gobernos comunitarios e rexionais, e o 100% da seguridade social.
Trala Segunda Guerra Mundial, Bélxica uniuse á OTAN, cuxa atópase na capital do país, Bruxelas, e ao Benelux xunto cos Países Baixos e Luxemburgo. En 1951 Bélxica convertiuse nun dos seis membros fundadores da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, e dende 1957 da Comunidade Europea da Enerxía Atómica e da Comunidade Económica Europea, hoxe en día, a Unión Europea a cal posúe parte das súas institucións e administracións na capital belga, incluíndo a Comisión Europea, o Consello da Unión Europea, e o Parlamento Europeo.
[editar] Política
- Ver artigo principal: Política de Bélxica.
Bélxica é unha monarquía constitucional popular e unha democracia parlamentaria que se desenvoleu depois da Segunda Guerra Mundial dun estado unitario a unha federación. A bicámara do parlamento está composta polo Senado e a Cámara dos Representantes. A actual camara é unha mestura dos políticos e representantes das comunidades e rexións; mentres os restantes son representantes maiores de idade da poboación belga nun sistema de voto proporcional. Bélxica é un dos poucos países no que o voto é obrigatorio, tendo así unha das participacións maiores do mundo.
O goberno federal, está dominado polo Rei sobre a Cáma dos Representativos, e polo Primeiro Ministro. O número de ministros de fala neerlandesa e francesa debe ser igual segundo di a constitución Belga. O Rei ou Raíña é a cabeza do estado, aínda que os seus poderes son limitados. O actual poder o ten o Primeiro ministro e os distintos gobernos do pais. O sistema xudicial está baseado na lei civil que proven do Código Napoleónico.
As institución políticas Belgas son moi complexas; a maior parte do poder está organizado arredor da necesidade de representar ás comunidades lingúísticas máis importantes. Dende 1970, os partidos políticos belgas dividíronse en distintas formacións para tentar de satisface-las necesidades das distintas comunidades lingüísticas. Os partidos máis importantes en cada comunidade pertencen a tres importantes familias política: os Liberais de dereita, os Demócrata-Cristiáns de centro, e os Social-Demócratas. Outros partidos importantes son os Verdes, e especialmente en Flandres, os Nacionalistas de extrema dereita. A política está influenciada polos grupos de ¨Lobby¨, coma as unións de comercio e negocios da Federación Belga.
O actual Rei, Alberte II, sucedeu ao rei Balduíno I de Bélxica en 1993. Na actualidade o primeiro ministro de Bélxica é Yves Leterme, líder do partido democristián flamengo, claro vencedor das eleccións de xuño do 2007, quen tivo que agardar máis de nove meses para acceder ao cargo de primeiro ministro, debido ás grandes dificultades para pactar un programa con partidos das dúas comunidades do país, a flamenga e a valoa, que por lei deben estar representadas no Goberno federal. Durante eses nove meses o país estivo gobernado por un goberno provisional presidido por Guy Verhofstadt[4].
Leterme renunciou dúas veces á tarefa de formar un Executivo e só o logrou ao terceiro intento, cunha coalición asimétrica, composta polos partidos do flamengo Bart Somers (do Open VLD), o liberal valón, Didier Reynders (do Movemento Reformista, MR) o democristián flamengo Etienne Schoupe (do CD&V), a democristiá francófona, Joelle Milquet (CDH); e o socialista francófono, Elio Dei Rupo (PS)[5].
[editar] Subdivisións
- Ver artigo principal: Subdivisións de Bélxica.
Bélxica está subdividida en dúas rexións con cinco provincias cada unha, e unha terceira rexión, a capital Bruxelas. Aquí atópanse, listadas por rexión, coas súas capitais:
- Rexión de Flandres:
- Antuerpen (Antwerpen en neerlandés, Anvers en francés) - Antuerpen
- Brabante Flamengo (Vlaams Brabant, Brabant Flamand) - Lovaina
- Flandres Occidental (West-Vlaanderen, Flandre occidentale) - Bruxas
- Flandres Oriental (Oost-Vlaanderen, Flandre orientale) - Gante
- Limburgo (Limburg, Limbourg) - Hasselt
- Rexión da Valonia:
- Brabante Valón (Brabant Wallon en francés, Waals-Brabant en neerlandés) - Wavre
- Hainaut (Henegouwen en neerlandés) - Mons
- Liexa (Liège en francés,Luik en neerlandés) - Liexa
- Luxemburgo (Luxembourg, Luxemburg) - Arlon
- Namur (Namen) - Namur
Ademais diso, hai aínda a división en comunidades linguísticas (flamenga, con institucións coincidentes coas da rexión flamenga; francófona, non se debe confundir coa Valonia, e xermanófona, no extremo este desa rexión).
[editar] Xeografía
- Ver artigo principal: Xeografía de Bélxica.
Bélxica ten unha superficie de 30.510 km², distribuídos por tres rexións físicas principais: a chaira a costa (localizada ao noroeste), e as elevacións das Ardenas (situadas ao surleste).
A chaira costeira consiste principalmente de dunas de area e polders. Os polders son areas de terra a unha altitude próxima ou inferior ao nivel do mar, e que foron gañadas ao mar, do cal están protexidas por diques ou están, máis lonxe do litoral,.
A segunda rexión física, o planalto central, máis no interior. É unha área pouco accidentada, cuxa altitude sobe lentamente á medida que se afasta do litoral, con moitos vales fértis e irrigada por moitos cursos de auga. Tamén se pode atopar aquí algún terreo máis accidentado, incluíndo grutas e pequenas gorxas.
A terceira rexión física, as Ardenas, é un pouco máis accidentada cas outras dúas. Trátase dun planalto densamente forestado, moi rochoso e non moi adecuado para a agricultura, a cal se extende ata ao norleste da Francia. É aquí onde a maior parte da vida selvaxe da Bélxica pode ser atopada. É nas Ardenas onde se pode atopar o punto máis elevado da Bélxica: o Signal de Botrange, con apenas 694 metros de altura.
Os dous ríos principais da Bélxica son o Schelde (Escalda) e o Meuse (Mosa). Estes dous ríos foron fundamentais para tornar prósperas cidades como Tournai, Gante, Antuerpen, Bruxas, Liexa e Namur.
O clima é fresco, temperado e chuvioso: as temperaturas medias de verán son de 25 ºC e de 7 ºC en inverno. Os extremos anuais (atinxidos raramente) son de -12 ºC e 32 ºC.
[editar] Economía
- Ver artigo principal: Economía de Bélxica.
A economía da Bélxica é beneficiada por unha localización xeográfica central, una rede de transporte moi desenvolvida, e unha base industrial e comercial diversificada. A industria está concentrada principalmente na rexión de Flandres, ao norte.
Con poucos recursos naturais, o país importa grandes cantidades de materias primas e exporta principalmente manufacturados. O resultado é unha economía fortemente dependente dos mercados mundiais. Uns 3/4 de seu comercio é feito con outros países da Unión Europea.
A débeda pública do país representa un 90% do seu Produto interno bruto.
[editar] Demografía
- Ver artigo principal: Demografía de Bélxica.
A densidade de poboación (342 por km² ) da Bélxica é unha das maiores de Europa despois da dos Países Baixos e a de países pequenos coma Mónaco. As zonas con maior densidade de poboación están a redor das aglomeracións de Bruxelas-Amberes-Ghent-Leuven, tamén coñecida polo Diamante Flamenco, tamén hai outras zonas importantes coma Liexa, Charleroi, Kortrijk, Bruxas, Hasselt e Namur. No ano 2005 , a rexión Flamenga tiña unha población de 6.043.161, a rexión Valona 3.395.942 e Bruxelas 1.006.749. Bélxica é un dos país máis urbanizados do mundo con máis dun 97.3% do territorio urbanizado en 1999.
As cidades máis importantes e as súas poboacións son Bruxelas (1.006.749), Antuerpen (457.749), Gante (230.951), Charleroi (201.373), e Liexa (185.574). No país arredor do 60% da poboación fala o neerlandés, o 39 % fala o francés é o 1% fala o alemán. Bruxelas, cun 8% da poboación do pais é bilingüe (Francés-neerlandés). Cando Bélxica conqueriu a independencia en 1830, a lingua maioritaria en Bruxelas era o neerlandés. Na actualidade o 85% da súa poboación fala o francés.
O neerlandés e o francés falados na Bélxica non teñen practicamente diferenzas cos falados nos Países Baixos e Francia. Fálanse tamén algúns dialectos destas linguas, máis só son pola xente maior. Estes dialectos xunto co Picard ou Limburgés, non son empregados na vida pública. A constitución Laica garantiza a liberdade de relixión, é o goberno xeralmente respecta as prácticas das distintas relixións. Segundo a 2001 Survey and Study of Religion, o 47% dos belgas considéranse Católicos, seguidos polos practicantes do Islam os cales forman o 3.5% da poboación.
[editar] Cultura
- Ver artigo principal: Cultura de Bélxica.
Bélxica ten unha cultura moi rica. museos, legados históricos e arte. Unha vez por ano ten un concurso de música chamado "Koningin Elisabeth Wedstrijd". Todo o ano escóllese un tipo de instrumento clásico.
Durante o verán, ten moitos festivais. Os máis coñecidos son: Werchter, Sfinks, Dour e Pukkelpop. Principalmente os xoves van para pular nas músicas das bandas famosas nacionais e internacionais, existen festivais para adultos, alternativo, con música do mundo enteiro, e outros.
E un diferencial é a cervexa belga, existen máis de 450 tipos de cervexa. As cervexas 'trapist' están elaboradas por mosteiros e, cunha excepción holandesa, só existen na Bélxica. Fronte á lei alemá de empregar só malte, auga, lúpulo e lévedo, a tradición cervexeira belga comprende o uso dunha enorme variedade de ingredientes (especias, herbas, azucres, froita como a cereixa...).
[editar] Feriados
| Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
|---|---|---|---|
| 06/12 | Día dos Fillos | Sinterklaas |
[editar] Referencias
- ↑ http://www.diplomatie.be/fr/belgium/belgiumdetail.asp?TEXTID=49437
- ↑ The Nuttall Encyclopaedia
- ↑ http://news.bbc.co.uk/1/hi/world/europe/4545433.stm Language dispute divides Belgium, BBC News, 13 de maio de 2005
- ↑ http://www.galiciae.com/nova/4156.html Goberno provisional en Bélxica
- ↑ http://www.galiciae.com/nova/8360.html Acordo para un goberno definitivo en Bélxica
[editar] Vexa tamén
[editar] Ligazón externas
- Portal do Servizo Público Federal (en francés, neerlandés, alemán e inglés).
- Mapa de Bruxelas
| Comunidades, rexións e provincias de Bélxica | ||
|---|---|---|
| Comunidades: | ||
| Rexións e provincias: | ||
| Membros desde o 1 de xaneiro de 2007: | |
| Países candidatos: | |
| Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) | |
|---|---|
| Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía | |
| Países do mundo | Europa |
| Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
| Países con parte do seu territorio en Europa |


