Tartessos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Durante a primeira metade do primeiro milenio a.C. a Península Ibérica estivo colonizada por fenicios e gregos (especialmente no surleste da península) e grazas e eses contactos, dispomos das primeiras novas sobre a Península, centradas na existencia dun grande estado chamado Tartessos.

Ademais dos descubrimentos arqueolóxicos, temos fontes e máis escritos gregos que revelan que Tartessos foi un reino cuxa influencia extendíase dende Serra Morena ata Xibraltar e dende o Oceáno Atlántico ata Cartagena. A súa economía estaba baseada nunha agricultura e nunha economía moi avanzadas xa que explotaban os xacementos minerais da rexión (que ben podían ser de prata, ouro, chumbo e cobre) e a través de perigosas expedicións polo Atlántico obtiñan estaño das illas Casitérides (Illas Británicas)

Pero máis adiante, o pobo dos Tartessos caeu baixo o dominio cartaxinés, un pouco antes do século III a.C.