Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Val de Xálima, coñecido tamén como Val do río Ellas ou Val dos Tres Lugares (Vali de Xálima, Vali do riu Ellas ou Os Tres Lugaris na fala), é unha rexión da provincia de Cáceres en Estremadura, situada na fronteira con Portugal e Salamanca. Nela consérvase e utilízase a Fala de Estremadura, considerada unha variante do galego, se ben non ten calidade de lingua oficial. Comprende os concellos de San Martín de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno.
Está situado a unha altitude media de 500 msnm, e está presidido polo monte Xálima, de 1.492 m de altitude, onde nacen numerosos regueiros que forman o río Ellas, que travesa todo o val, sendo o afluente do río Texo que constitue unha fronteira natural entre España e Portugal. O seu curso é duns 50 km aproximadamente. O val está protexido por abruptas formacións montañosas de entre 1.200 e 1.500 m que o separan de Castela e León ; ao sureste outra serra de entre 700 e 900 m sepáraa do resto de Estremadura, e polo oeste ábrese a Portugal. É, por tanto, unha cunca natural perfectamente delimitada e apartada dos territorios de fala castelá e estremeña polas dificultades orográficas, que permitiu conservar a Fala de Estremadura, e outras características de toponimia, arquitectura e gastronomía de orixe galaico-portuguesa.
En 2007, contaba con 4.540 habitantes repartidos da seguinte maneira: