Anxo González Guerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anxo González Guerra
Nacemento28 de abril de 1955
 Trasar de Carballo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, catedrático e wikimedista
CónxuxeVitoria Ogando Valcárcel
FillosPaulo González Ogando
Na rede
https://www.anxo.info/
Facebook: anxo.gonzalezguerra Twitter: AnxoGuerra Instagram: anxoglez Youtube: UCulEokUqwRzcYirUcovc-zw Dialnet: 2698913 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Anxo González Guerra, nado en Trasar de Carballo (Cartelos, Carballedo) o 28 de abril de 1955, é un profesor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Lugo e formou parte da primeira promoción de Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1980 deu clase no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, converténdose en catedrático en 1992. Colaborou coa Universidade de Vigo como docente na preparación do profesorado no CAP e no Mestrado de Secundaria.

No 2004 gañou canda a Rosario Sánchez-Gabriel e Marián Costa o Premio á innovación educativa sobre os temas transversais da Xunta de Galicia. En 2013 gañou xunto a Esperanza Gesteira e mais Rosario Sánchez-Gabriel o Premio Nacional de Educación á utilización das tecnoloxías da información e a comunicación na docencia do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Xubilouse da docencia en abril de 2015.[1]

Anxo González Guerra con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Manuel Castelao, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando, Manuel Ferreiro Fernández, Tareixa Roca, María dos Anxos González Refoxo, Ramona Giráldez, María Xosé Queizán, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, Francisco Salinas Portugal e César Morán.

Colaborou na redacción do Dicionario da Lingua Galega-Isaac Alonso Estravís (Ed. Alhena, 1986). Desde 2005 coordina canda a súa muller, Vitoria Ogando Valcárcel, a páxina web ogalego.eu. Dende 2015 colabora de forma activa na Galipedia.[2]

En 2018 foi galardoado xunto con Vitoria co Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra[3] en 2022 tamén obtiveron o Premio Cidade de Pontevedra.[4]

Forma parte da galería de personaxes ilustres de Carballedo.[5]

Dende 2021 a 2023 colaborou co programa Luar da Televisión de Galicia facendo o papel de profesor de lingua galega.[6]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barral, Cristina (2015-01-31). "«Tiven alumnos marabillosos»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-12-09. 
  2. López, Belén (2021-11-30). "Anxo González Guerra: "Quen me ía dicir a min que de xubilado acabaría no 'Luar'!"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2021-12-09. 
  3. "Apego, os mestres Vitoria Ogando e Anxo González Guerra e a Galipedia, premios Xoán Manuel Pintos 2018". Diario de Pontevedra. 1/3/2018. 
  4. Alonso, Serafín (2022-01-14). ""O galego non limita, o galego abre camiños"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2022-01-22. 
  5. "Personaxes Ilustres". www.concellocarballedo.es. Consultado o 2019-01-27. 
  6. "ogalego.eu: clases de galego no Luar da TVG". www.ogalego.eu. Consultado o 2021-12-09. 

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

En 2017, con Manuel Lourenzo González e Manuel Bragado no Ateneo de Pontevedra.
González Guerra, Vitoria Ogando, Chus Pato e Manuel Igrexas, en Santiago de Compostela en 2018.
En Pontevedra en 2019, con Modesto Hermida e Bieito Ledo.
Con Teresa Cuíñas na Libraría Paz de Pontevedra en 2021.
Con Teresa Cuíñas na Libraría Paz de Pontevedra en 2021

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]