Gramática elemental del gallego común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gramática elemental del gallego común
Portada da edición de 1974
Autor/aRicardo Carballo Calero
OrixeGalicia
LinguaCastelán
Tema(s)Lingua galega
Xénero(s)Ensaio
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.1974, 4ª ed. (1966)
Páxinas330
ISBN84-7154-037-1
editar datos en Wikidata ]

Gramática elemental del gallego común é unha gramática da lingua galega de Ricardo Carballo Calero publicada pola Editorial Galaxia en 1966.

O autor explica no prólogo a quen vai dirixida a obra e a escolla do idioma:

... pueda ser de utilidad tanto para los alumnos de aquella Facultad como para los futuros profesores de Enseñanza General Básica... Unos y otros, así como las demás personas cultas que manejen este libro, conocen el español oficial, que es su lengua escolar, y por lo tanto poseen nociones gramaticales más o menos profundas de dicha lengua. Partimos de ese supuesto, y, a causa de ello, en general, omitimos la reiteración de lo que es común a la estructura de las dos lenguas, y la española es el término de referencia de nuestro estudio[1].

Contido[editar | editar a fonte]

I. Orientación bibliográfica[editar | editar a fonte]

  • A bibliografía do galego e a do portugués
  • Bibliografía lingüística galega
  • Época medieval
  1. Formación da lingua
  2. Gramáticas históricas galegas
  3. Gramáticas históricas portuguesas
  4. O léxico medieval
  • A lingua moderna
  1. Estudos xerais
  2. Dialectoloxía
  3. Fonoloxía
  4. Dicionarios e vocabularios xerais
  5. Métodos prácticos para a aprendizaxe do galego

II. Xeneralidades[editar | editar a fonte]

  • O galego común
  • Galego e latín
  • Orixes do galego
  • Fontes lexicais distintas do latín
  • Galego e portugués
  • Galego e castelán
  • O galego no occidente ibérico
  • A fragmentación lingüística do complexo occidental
  • Galego coloquial e galego literario
  • Modalidades do galego
  • Historia da lingua
  1. O galego-portugués
  2. O galego e o portugués
  3. Galego-portugués e galego medieval
  4. A lingua da lírica galego-castelá
  5. O galego medieval posterior
  6. O galego medio
  7. A lingua do Renacemento
  8. A situación actual
  9. Perfil histórico do galego

III. Os sons[editar | editar a fonte]

IV. As palabras[editar | editar a fonte]

  1. O xénero
  2. Formación do feminino
  3. O número
  4. Formación do plural
  5. Aumentativos
  6. Diminutivos
  7. Despectivos e apreciativos
  1. A cualificacións dos substantivos
  2. O xénero
  3. Formación do plural
  4. Gradación apreciativa
  5. Comparativos
  6. Superlativos
  1. Determinativos do nome
  2. O artigo determinado
  3. O artigo indeterminado
  1. Formas
  2. O pronome flexivo
  3. Observacións
  4. Contraccións dos pronomes persoais
  5. Contraccións de pronome e preposición
  1. Cardinais e ordinais
  2. Multiplicativos
  3. Partitivos
  4. Colectivos
  1. Xeneralidades
  2. Verbos auxiliares
  3. Os verbos regulares
  4. Alternancia vocálica
  5. Observacións
  6. Verbos irregulares
  1. Adverbios cualificativos
  2. Adverbios de tempo
  3. Adverbios de lugar
  4. Adverbios de cantidade
  5. Adverbios de afirmación
  6. Adverbios de negación
  7. Adverbios de dúbida
  8. Adverbios de orde
  9. Gradación
  10. Locucións adverbiais
  1. Nexos simples e complexos
  2. Conxuncións coordinativas
  3. Conxuncións subordinativas

V. Usos e construcións[editar | editar a fonte]

  1. Complemento atributivo construído como rexente
  2. Determinante de materia construído como atributo
  1. Uso do artigo determinado cos posesivos
  2. Uso dos artigo determinados cos antropónimos
  3. O artigo con interrogativas
  4. O artigo en frases adverbiais
  5. Restricións no artigo contracto
  1. Uso de che e te
  2. Dativo de solidariedade
  3. Contraccións de preposición e pronome de terceira persoa
  4. Se o pronome átono pode iniciar oración
  5. Colocación do pronome átono con relación ao verbo
  6. Intercalación de palabras entre o pronome e o verbo
  7. Concorrencia de formas átonas
  8. El suxeito impersoal
  9. El reforzo interrogativo
  10. Nominativo pleonástico de 3ª persoa en oracións de relativo
  11. Predicado pronominal concertado
  1. Réxime pronominal
  2. Voces
  3. Modos
  4. Tempos
  5. Infinitivo persoal

Proxección[editar | editar a fonte]

Nunha conversa con Carmen Blanco [2] lembra Carballo Calero a oportunidade da publicación:

Había, alá polos anos sesenta, unha carencia absoluta dun manual moderno de gramática e, entón, pidíuseme que realizase eu a tarefa de dotar aos interesados dun manual dese tipo, así naceu a "Gramática"

A profesora Pilar Vázquez Cuesta sinalou xa a súa importancia ao pouco de publicarse:

Creemos por eso que pocos libros llenan un hueco máis importante y están llamados a desempeñar un papel tan útil como esta Gramática elemental del gallego común de Ricardo Carballo Calero, que acaba de publicar Galaxia, Gramática que bajo la simpática modestia de su título y de su propia presentación significa no ya la reimpresión después de treinta años[3] sino la puesta al día de todo lo que es imprescindible a una persona culta conocer sobre el gallego [4].

Nos primeiros anos reeditouse en 1968 (2ª), 1970 (3ª), 1974 (4ª), 1976 (5ª n.v. e 6ª), 1979 (7ª) [5].

Esta obra de Carballo Calero está citada como fonte na bibliografía de moitos estudos sobre a lingua galega, como na Gramática galega (1986) [6] ou na Gramática da lingua galega I (1998) [7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carballo Calero, Ricardo (1974). Gramática elemental del gallego común. Editorial Galaxia. p. 8. ISBN 84-7154-037-1. 
  2. Blanco, Carmen (1989). Conversas con Carballo Calero. Galaxia. p. 113. ISBN 84-7154-654-X. 
  3. Refírese ás de Lugrís Freire de 1922 e máis especificamente á de Couceiro Freijomil de 1935
  4. Vázquez Cuesta, Pilar (1967). ”A propósito de la Gramática Gallega de Carballo Calero”, Grial V/16. pp. 192–196. 
  5. García Gondar, Francisco (Dir.) (1995). Repertorio bibliográfico da lingüística galega desde os seus inicios ata 1994 inclusive. Xunta de Galicia CILL Ramón Piñeiro. ISBN 84-453-1492-0. 
  6. Álvarez, R.; Monteagudo, H.; Regueira, X.L. (1986). Gramática galega. Galaxia. ISBN 84-7154-530-6. 
  7. Freixeiro Mato, Xosé Ramón (1998). Gramática da lingua galega I. Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-89976-32-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]