Ramón Reimunde Noreña
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de abril de 1949 San Martiño de Mondoñedo, España |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor |
| Premios | |
| |
Ramón Reimunde Noreña ou Ramom Reimunde Norenha, nado en San Martiño de Mondoñedo (Foz) o 18 de abril de 1949, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entre 1972 e 1979 navegou como oficial en barcos españois e estranxeiros. Estudou Enxeñería Naval en Oviedo e Madrid. En 1979 obtivo o título de piloto e capitán de Mariña Mercante logo de estudar Náutica na Coruña. Licenciouse en Filoloxía Hispánica (1979) e en Filoloxía Galego-Portuguesa (1982) pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1981 foi nomeado profesor agregado de Lingua e Literatura Galega, con destinos en Viveiro, Lugo e Foz, accedendo en 1992 á condición de catedrático de Lingua Galega.
Colaborou con artigos en xornais como El Progreso e La Voz de Galicia, e ten participado en xornadas de ensino e congresos. É membro da Academia Galega da Língua Portuguesa.
Obra
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Ben pode Mondoñedo desde agora. A eséncia popular na obra e na língua de Manuel Leiras Pulpeiro, 1998, Fundación Caixa Galicia.
- A costeira, 2006, Xunta de Galicia.
- Cautivério de Fingoi: os anos lugueses (1950-1965) de D. Ricardo Carvalho Calero, 2010, Deputación de Lugo.
- Con textículos (recompilación de 77 artigos publicados despois do ano 2000), 2010, Deputación de Lugo.
- O Tesouro do Monte, 2014, Academia Galega da Língua Portuguesa.
- Cativeiro de Fingoi, reedición de Cautivério de Fingoi, 2020, Deputación de Lugo.[1][2]
Edicións
[editar | editar a fonte]- Poesía galega completa, de Manuel Leiras Pulpeiro, 1984, Sotelo Blanco.
- Trebón, de Armando Cotarelo Valledor, 1984, AGAL.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Os escritores lugueses arredor de Fole, 1986, Concello de Lugo.
- Congresso Álvaro Cunqueiro: actas. Mondonhedo, 19, 20, e 21 de Abril de 1991, 1993, AGAL/Deputación de Lugo.
Premios
[editar | editar a fonte]- Gañador do Premio Literario Ánxel Fole no 1998, por Ben pode Mondoñedo desde agora.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Carvalho Calero em Lugo (1950-1965)". Nós Diario. Consultado o 27/11/2020.
- ↑ "El focense Ramón Reimunde presenta "Cativerio de Fingoi" en Lugo". La Voz de Galicia. Consultado o 27/11//2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Reimunde Noreña, Ramón". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 159.
- "Reimunde Noreña, Ramón". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da literatura galega (2ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. p. 701.