Ramona Giráldez
Ramona Giráldez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de marzo de 1954 |
Lugar de nacemento | A Cañiza |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | profesora e escritora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ramona Giráldez Domínguez, nada na Cañiza o 15 de marzo de 1954, é unha poeta e profesora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aínda que nada na Cañiza só viviu nesta vila uns meses, debido a que seu pai, mestre republicano, tiña alí a praza. Despois dun periplo por diversos lugares a familia instálase definitivamente en Santiago de Compostela cando a autora ten nove anos, onde estuda Bacharelato no IES Rosalía de Castro.
Licenciouse en Filoloxía Hispánica, e posteriormente na subsección de Galego-Portugués da Universidade de Santiago de Compostela. Profesora agregada de Lingua e Literatura Galega desde 1983 e catedrática da mesma materia desde 1996, impartiu clases en institutos de Vilagarcía de Arousa e Cambados; e desde os anos 1990 no IES Monte das Moas da Coruña.
En 2018 publicou o libro de poemas Tardes de domingo[1], con ilustracións de Luz Arufe.
A temática da súa poesía é intimista, con elementos paisaxísticos que ocupan un segundo plano, ambientando o desamor e a melancolía, e con matices de saudade e desacougo[2].

En A modo de introdución dise:
As tardes dos domingos.
As tardes dos domingos son poemas sobre a saudade e a soidade.
Sobre o amor e o desamor. Sobre a nostalxia dos amores perdidos e dos nunca consumados.
Tardes de rúas solitarias, ventás sobre terrazas e tellados, sobre tendais de roupa ao vento e antenas parabólicas.
Tardes de chuvia esvarando nos cristais ou de solpores luminosamente vermellos no mar.
E sempre constante a presencia dunha ausencia.
A presencia dunha ausencia que é, realmente, o sentido último da saudade[3].
En 2021 publicou As fotos da retina: un limiar e 49 relatos.
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Tardes de domingo (2018). Toxosoutos. ISBN 978-84-947719-8-9. ISBN 978-84-123646-0-6.
Relatos[editar | editar a fonte]
- As fotos da retina (2021). Medulia Editorial. Ilustracións de Tania Arufe.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Giráldez, Ramona (2018). Tardes de domingo. Toxosoutos. ISBN 978-84-947719-8-9.
- ↑ "Ficha editorial". Consultado o 16/04/2018.
- ↑ Giráldez 2018.
- ↑ Presentación de As fotos da retina en Vigo
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramona Giráldez ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Presentación de Tardes de domingo en Santiago, Consultado o 16/04/2018
- Presentación de Tardes de domingo na Coruña, Consultado o 16/04/2018
- Conversa con Manuel Castelao sobre Carvalho Calero, Consultado 22/12/2020