Xerardo Álvarez Limeses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xerardo Álvarez Limeses
Gerardo Álvarez Limeses, 1929.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1929
Nacemento 10 de decembro de 1871
Lugar Pontevedra Galicia
Falecemento 19 de febreiro de 1940
Lugar Pontevedra Galicia
Nacionalidade España
Xéneros Poesía
Estudos Dereito
editar datos en Wikidata ]

Xerardo Álvarez Limeses, nado en Pontevedra o 10 de decembro de 1871 e finado na mesma cidade o 19 de febreiro de 1940, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Emilio Álvarez Giménez e irmán de Darío Álvarez Limeses, cursou o Bacharelato en Pontevedra e participou canda a Víctor Said Armesto na fundación do ateneo Los Amigos del Progreso, no que comezou a súa faceta de escritor. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e a de Maxisterio en Madrid, dedicándose despois a Inspector de Ensino Primario. Foi secretario das Xuntas de Instrución Pública de Palencia e Ourense, e en 1904 comezou a traballar como inspector de Primeira Ensinanza de Cádiz. Foi Profesor de Dereito e Lexislación Escolar en Lugo.

Foi académico correspondente da Real Academia Galega, pertenceu á Sección de Historia do Seminario de Estudos Galegos (onde presentou un estudo sobre o padre Sarmiento) e cofundador e Vicedirector do Museo de Pontevedra. Foi redactor das revistas El Iris Literario e Extracto de Literatura e despois fundou Galicia Moderna. Dirixiu El Perdigón en Palencia e El Maestro Gallego, Galicia Ilustrada (da que só apareceu o número 0) e Mi Tierra en Ourense. Colaborou con El Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e La Correspondencia Gallega.

Casou con Dolores Gallego Martínez, e foi o pai de Gerardo e Amalia Álvarez Gallego, que casou con Alexandre Bóveda. Na súa honra leva o seu nome o CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra.

Obra[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]

Arriba de esq. a der.: Darío Álvarez Limeses, Emilio Álvarez Giménez e Xerardo Álvarez Limeses. Abaixo de e. a d.: María Álvarez Limeses (muller de Celso García de la Riega), Carmen Álvarez Limeses (muller de José Buela), Amalia Limeses Iglesias (muller de Emilio), o neno Xosé Álvarez Limeses e María Gallego Martínez (muller de Xerardo).

En galego[editar | editar a fonte]

Galardóns[editar | editar a fonte]

Entre 1900 e 1920 participou en certames e Xogos Florais nos que obtivo varios premios:

  • Premio de honra no Certame Pedagóxico de Santiago de Compostela de 1905 por "Canto a la mujer gallega como madre y como maestra"
  • Mención honorífica en Compostela o 23 de xullo de 1912 por "La mujer gallega" (tríptico de sonetos)
  • Dous accésits en Pontevedra o 18 de setembro de 1912 en Poema con liberdade de asunto e metro; premio en romance de menos de cen versos; accésit en soneto en versos alexandrinos
  • Premio en Lugo o 5 de outubro de 1915 por poesía en oitavas reais sobre Viveiro
  • Premio en Tui en 1925 -milenario de San Paio- por "Canto a Galicia" (en galego) e "Oda a Tuy".
  • Premio en Vigo en 1929 por "Canto a la mujer gallega".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]