Sotelo Blanco Edicións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sotelo Blanco Edicións é unha empresa editorial galega, con sede en Santiago de Compostela.

Historia[editar | editar a fonte]

Olegario Sotelo Blanco, fundador de Sotelo Blanco Edicións.

Creada por Olegario Sotelo Blanco no mes de marzo de 1980. Os dous primeiros anos dedicáronse a perfeccionar a estrutura editorial. Entre 1982 e 1986 abriu a maioría das coleccións e normalizou a produción. Nos últimos anos oitenta e comezos dos noventa, puxo en marcha a súa propia distribuidora e inaugurou a sede de San Marcos, en Santiago de Compostela.

Desde 1990 edita trimestralmente a revista A Trabe de Ouro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]