Saltar ao contido

Premio Carvalho Calero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Premio Carvalho Calero
 Instancia de
 Composto por
 Epónimo
Características
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
1990 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Concedido por
Localización
 País
Wikidata
Monumento a Carvalho Calero en Santiago de Compostela, por José Molares.

Os premios Carvalho Calero son premios de investigación lingüística e creación literaria, outorgados polo Concello de Ferrol, que levan o nome do autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero, filólogo e escritor galego, mestre de varias xeracións. O primeiro certame data do ano 1990 tras a morte de Carvalho Calero. As dezaoito primeiras, anuais, mais as dúas últimas, bianuais para evitar que as dificultades económicas poidan causar problemas a este certame. No ano 2008 fíxose unha paréntese co fin de axustar as convocatorias deste galardón literario e proceder á súa renovación.

Desde a XXI edición en 2016 ata o 2025 non se convocou.[1]

Orixe e contexto histórico

[editar | editar a fonte]

Tras a ditadura franquista, Galicia tentou devolver o status lingüístico e literario ao pobo galego. Tras a morte deste filólogo no ano 1990, pretendeuse impulsar á sociedade a escribir nesta lingua. Para iso, creouse o Premio Carvalho Calero, que dotara aos gañadores de ambas as modalidades cunha contía económica que, dependendo da edición, rolda os 3 700 €, e a publicación da obra.

A entidade organizadora foi a Sociedade Cultural Medulio, que naceu cos obxectivos de promoción e defensa da cultura galega na perspectiva da súa normalización, e posteriormente fíxose cargo o Concello de Ferrol. Os premios son bianuais, mais no ano que non se celebran o Concello de Ferrol convoca o Premio de Investigación concibido para fomentar políticas de igualdade impulsadas dende diferentes entidades e que, como novidade, nesta edicióncal? ampliaranse a todo tipo de iniciativas de acción social. O obxectivo desta convocatoria é recoñecer publicamente e distinguir a traxectoria profesional duna actuación de calidade no ámbito dos servizos sociais, de políticas de xénero e loita contra a violencia de xénero.

1990 (I edición)Narración curtaXoán Ignacio Taibo, Informe bestiario[2]
Investigación lingüística ou ensaio
1991 (II edición)Narración curtaHenrique Dacosta, Mar para todo o sempre[3]
Investigación lingüística ou ensaioJosé Martinho Montero Santalha, Carvalho Calero e a sua obra
1992 (III edición)Narración curta
Investigación lingüística ou ensaio
1993 (IV edición)[4]Narración curtaHenrique Dacosta, Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias
Investigación lingüística ou ensaioLaura Tato Fontaíña, Teatro e nacionalismo (Ferrol 1915-1936)
1994 (V edición)Narración curtaManuel Lourenzo González, As paisaxes compartidas
Investigación lingüística ou ensaio
1995 (VI edición)[5]Narración curtaXesús Manuel Marcos, Terra queimada
Investigación lingüística ou ensaioXina Vega, Álvaro Cunqueiro, unha poética da reacción
1997 (VII edición)[6]Narración curtaXoán Xosé Piñeiro Cochón, Coa lei de costas
Investigación lingüística ou ensaiopremio deserto
1998 (VIII edición)[7]Creación literariaXosé Luís Martínez Pereiro, As irmáns bastardas da ciencia
Investigación literaria ou lingüísticaHenrique Rabuñal, Manuel Murguía
1999 (IX edición)[8]Creación literariaCarlos Quiroga, Periferias
Investigación lingüísticaXosé Manuel Sánchez Rei, Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego
2000 (X edición)[9]Creación literariaXosé Vázquez Pintor, Quen faga voar
Investigación lingüística ou ensaioXoán Carlos Lagares, E por esto fez este cantar
2001 (XI edición)[10]Creación literariaRosa Aneiros, Corazóns amolecidos en salitre
Investigación lingüística ou ensaioAntonia López García, Se as aves insisten na ledicia. A obra de Bernardino Graña
2002 (XII edición)Creación literariaFélix Rodal, A cor do cabalo
Investigación lingüística ou ensaioRoberto López-Iglésias Samartim, A dona do tempo antigo
2004 (XIII edición)Creación literariaPaulino Pereiro, Habitar as illas
Investigación lingüística ou ensaioRaquel Vello, Muiller nobre, ilustrada, dramaturga
2005 (XIV edición)[11]Creación literariaCarlos Quiroga, Inxalá
Investigación lingüística ou ensaioMiguel Louzao Outeiro, Letras da Cal na produción poética galega dos 90
2007 (XV edición)[12]Creación literariaPaula San Vicente, Fío de contas
Investigación lingüística ou ensaioXosé Manuel Maceira, Un nacionalismo cívico e social
2008 (XVI edición)[13]Creación literariaHenrique Dacosta, Unha mada de relatos
Investigación lingüística ou ensaiopremio deserto
2009 (XVII edición)Creación literaria
Investigación lingüística ou ensaio
2010 (XVIII edición)[14]Creación literariapremio deserto
Investigación lingüística ou ensaioManuel Castelao Mexuto, Eludicións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas teatrais de Carvalho Calero
2012 (XIX edición)Creación literaria
Investigación lingüística ou ensaioLuis García Soto, O labirinto da saudade[15]
2014 (XX edición)[16]Creación literariaMaría Cristina Pavón Mauriz, A busca da orixe perdida das especies
Investigación lingüística ou ensaioIsaac Lourido, História litéraria e conflito cultural. Bases para umha história sistémica da literatura na Galiza
2016 (XXI edición)[17]Creación literariapremio deserto
Investigación lingüística ou ensaioCarlos Caetano Biscaínho, Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen tregua
2025 (XXII edición)[18] Creación literaria

Investigación lingüística

Lourenço Álvarez Ruiz, por O portão verde

Francesco Martín Traficante Pérez por O galego lingua nacional... ou lingua autonómica

  1. "Recuperado y entregado el concurrido premio Carvalho Calero". Diario de Ferrol (en castelán). 2025-12-23. Consultado o 2025-12-24.
  2. "Informe bestiario". Laiovento.
  3. "Mar para todo o sempre". Laiovento.
  4. "Informe de Literatura 1995" (PDF). Centro Ramón Piñeiro.
  5. "Informe de literatura 1996" (PDF). Centro Ramón Piñeiro.
  6. "Informe de literatura 1997" (PDF). Centro Ramón Piñeiro.
  7. "Informe de literatura 1998" (PDF). Centro Ramón Piñeiro.
  8. "Informe de literatura 1999" (PDF). Centro Ramón Piñeiro.
  9. "Informe de literatura 2000" (PDF). Centro Ramón Piñeiro.
  10. "Informe de literatura 2001" (PDF). Centro Ramón Piñeiro.
  11. "Medulio publica las obras ganadoras del Carballo Calero". La Voz de Galicia. 24 de novembro de 2006.
  12. "Concello e Asociación Medulio entregan os Premios de Literatura e Ensaio Carvalho Calero". Galicia Digital. 18 de decembro de 2018.
  13. "Henrique Dacosta gaña o premio Carvalho Calero de narración curta". Cultura Galega. 7 de xullo de 2008.
  14. "Ditames do XVIII Certame de ensaio e narrativa Carvalho Calero". AELG. 12 de novembro de 2010.
  15. "Luis García Soto gana el XIX Premio Carvalho Calero". El Correo Gallego (en castelán). 5 de outubro de 2012.
  16. "Isaac Lourido e Cris Pavón, gañadores do premio Carvalho Calero". AELG. 6 de outubro de 2014.
  17. "Acta do xurado da XXI edición do Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación lingüística e creación literaria 2016" (PDF). Concello de Ferrol. 13 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de outubro de 2021. Consultado o 25 de outubro de 2024.
  18. Regueiro, Alba (2025-12-23). "Martín Traficante e Lourenço Álvarez gañan os Premios Carvalho Calero". Nós Diario. Consultado o 2025-12-24.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]