Pilar García Negro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maria Pilar García Negro
Pilar García Negro.JPG
Tras unha conferencia da Plataforma Queremos Galego! en Cambados
Datos persoais
Nacemento 9 de outubro de 1953
Lugar Lugo, Galicia Galicia
Actividade
Lingua Galego
Xéneros ensaio,
Mª Pilar García Negro
Pilar García Negro
Pilar García Negro

1989 – 2003

Datos persoais
Nacemento 9 de outubro de 1953 (63 anos)
Lugo Galicia
Partido BNG
Profesión Profesora, escritora, política
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Residencia A Coruña
Facebook mariapilar.garcianegro

Pilar García Negro, nada o 9 de outubro de 1953 en Lugo, é unha política, escritora, sociolingüista e profesora galega.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Estudou filoloxía hispánica e filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose en 1991.

Foi profesora de lingua española no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña entre 1976 e 1985 e na Sardiñeira entre 1985 e 1990. Deu sempre as clases en galego, o que lle valeu a apertura dun expediente sancionador en 1983. Dende 1991 é profesora da Universidade da Coruña, sendo profesora titular desde 1995 no Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística.

Publicou a sección "O idioma" no semanario A Nosa Terra entre marzo de 1978 e agosto de 1979, seguíndolle "Leccións de Literatura e de Lingua" con Xosé María Dobarro de 1979 a 1980.

Pilar García Negro interveu en numerosos congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, linguas europeas non normalizadas, literatura galega e feminismo, e publicou edicións e estudos sobre Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Pardo Bazán, Castelao, Xesús San Luís Romero, Ramón Villar Ponte, Eduardo Blanco Amor, Ricardo Carvalho Calero, Jenaro Marinhas del Valle, Manuel María, María Xosé Queizán, Lois Diéguez, Marica Campo ou Pilar Pallarés.

Foi presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (1983-1988). É membro do Consello de redacción de Altres nacions, da Revista de Filoloxía da Universidade da Coruña e da revista Terra e Tempo. Colaboradora da AS-PG, AELG e Mesa pola Normalización Lingüística. Desde 2004 é a directora-xerente da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Foi deputada no Parlamento de Galicia polo BNG entre 1989 e 2003. Durante ese período destacou por ser unha das principais defensoras da legalidade do topónimo galego da cidade da Coruña fronte os recursos nos tribunais do daquela alcalde da cidade, Francisco Vázquez, para manter a oficialidade de dito topónimo en español.[1]

En 2006 foi xulgada e condenada canda Xosé Manuel Carril e Francisco Xosé Rei por inxurias e desorde público logo dun pleno, celebrado en 2004[2], no Palacio de María Pita no que Francisco Vázquez pretendía cooficializar os topónimos galego e castelán para a cidade.[3][4]

Obra[editar | editar a fonte]

Pilar García Negro

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións e estudos[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Rosalía de Castro. Notas biográficas, de Augusto González Besada (2004, A Nosa Terra).
  • Idioma e poder social, de Rafael L. Ninyoles (2005, Laiovento). Tradución con Antonio Molexón Domínguez.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Ficheiro:Pilar García Negro e Queremos Galego.

Premios[editar | editar a fonte]

  • XV Premio de Ensaio en Ciencias Sociais Vicente Risco no 2010, por O clamor da rebeldía.
  • Premio AELG na modalidade de ensaio no 2011, por O clamor da rebeldía.
  • Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro de Non Ficción de 2013, por Cantares gallegos hoxe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "García Negro llama jeta a Vázquez por no respetar el topónimo". La Voz de Galicia (en español). 2001-10-05. Consultado o 2017-06-25. 
  2. Pereiro, Xosé Manuel (2004-11-03). "El Ayuntamiento coruñés aprueba usar La Coruña de modo oficial". EL PAÍS (en español). Consultado o 2017-06-25. 
  3. Alberto Mahía (2006-03-09). "Los juzgados por insultar a Vázquez en un pleno se sienten perseguidos". La Voz de Galicia (en español). Consultado o 2017-06-25. 
  4. Alberto Mahía (2006-04-27). "Condenados tres militantes nacionalistas por insultar a Francisco Vázquez en un pleno". La Voz de Galicia (en español). Consultado o 2017-06-25. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]