Pretérito imperfeito (1927-1961)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Pretérito Imperfeito (1927-1961)
Autor/aRicardo Carballo Calero
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Poesía
EditorialEdiciós do Castro
Data de pub.1980

Pretérito Imperfeito (1927-1961) é un libro de poemas de Ricardo Carballo Calero publicado en 1980[1].

Contido[editar | editar a fonte]

Contén a produción poética en galego de Ricardo Carballo Calero desde 1927 a 1961, xa publicada nos seus libros:

Características[editar | editar a fonte]

O autor sinala no prólogo:

Como desde que estes versos se escreberon a língua literária avanzou considerabelmente, teño-a retocado para mellorá-la no posíbel. Polo demáis, emprego a ortografia moderna, atendo-me ao critério histórico. [2]

En conversa con Carmen Blanco Carballo Calero sinalou:

Pretério imperfeito reúne o que estimei menos ilexíbel da miña poesía publicado en libros Futuro condicional reúne a poesía inédita ou non recopilada, posterior á data do meu último libro. ... de maneira que son dous libros, porque o primeiro comprende unha antoloxía dos meus libros, metres que os versos contidos en Futuro condicional non estaban recollidos en libro nengún... Agora ben, si, posiblemente hai diferencias de enfoque entre eses dous libros, pero non demasiado acusadas, porque son libros no seu contido absolutamente contiguos...

Eu creio que a experiencia, a dor de viver, fóronme proporcionando novos puntos de vista e, neste sentido, é máis xuvenil a poesía de Pretérito imperfeito, é unha poesía na que latexa un espírito máis mozo que o que latexa en Futuro condicional, sen que isto queira dicer que a poesía de Pretérito imperfeito é máis optimista, por exemplo que a de Futuro condicional...

Durante a guerra teño escrito muitos poemas, que posteriormente integraron libros meus con Anxo de terra, Poemas pendurados dun cabelo e posibelmente o proprio Salterio de Fingoy, porque a maior parte dos versos de Salterio de Fingoy foron escritos en Fingoi, ou sexa, a partir de 1958. Eu non deixei nunca en realidade de escreber versos e durante a guerra escrebín muitos e os que conservei, polo menos na súa maioría, pasaron logo a integrar parte deses libros [3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carballo Calero, Ricardo (1980). Pretérito imperfeito (1927-1961). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-047-7. 
  2. Carballo Calero 1980, p. 11.
  3. Blanco, Carmen (1989). Conversas con Carballo Calero. Galaxia. p. 199-203. ISBN 84-7154-654-X.