Miguel Anxo Fernán-Vello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miguel Anxo Fernán-Vello
Miguel Anxo Fernán-Vello.jpg
Datos persoais
Nacemento 8 de outubro de 1958 (58 anos)
Lugar Cospeito, Galicia Galiza
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Poesía e teatro
Estudos Psicoloxía e Filoloxía Hispánica

Miguel Anxo Fernán Vello, nado en Cospeito o 8 de outubro de 1958, é un escritor, editor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou estudos de Música (Guitarra Clásica) no Conservatorio Superior de Música da Coruña e de Psicoloxía e Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do Pen Clube de Galicia. Fundou a editorial Espiral Maior en 1991 e foi un dos fundadores das revistas Cen augas e Agália. Deuse a coñecer ao ser premiado no VIIº Concurso Modesto R. Figueiredo co relato "Anti-memória dun dia". No ano 2001 estreouse, por encargo da Orquestra Sinfónica de Galicia, a súa cantata Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz.

Nas eleccións xerais de 2015 foi cabeza de lista da candidatura En Marea pola provincia de Lugo. Saíu elixido deputado. Actualmente é deputado da XII Lexislatura e é Secretario Primeiro da Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados.

Obra[editar | editar a fonte]

Miguel Anxo Fernán-Vello

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Do desexo en corpo e sombra, 1984, Concello de Vigo.
  • Seivas de amor e tránsito, 1984, Trieste (2ª edición en 1985, Algalia).
  • Livro das paisaxes vivas, 1985, Sotelo Blanco. Traducido ao catalán como Llibre dels paisatges vius, Pagés Editors, Lleida, 1995, por Ramon Dachs.
  • Memorial de brancura, 1985, Sociedad de Cultura Valle-Inclán (reeditado en 1992 en Espiral Maior).
  • Entre água e fogo (Cantos da terra posuída), 1987, Sotelo Blanco.
  • Trópico de luas, 1992, Biblioteca 114, El Correo Gallego.
  • Poemas da lenta nudez, 1994, Espiral Maior (2ª edición aumentada en 1997 na mesma editora).
  • As certezas do clima, 1996, Galaxia.
  • Poemas, 1999, Universitat de les Illes Balears.
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I), 2001, Consello da Cultura Galega.
  • Capital do corpo, 2004, Deputación da Coruña.
  • Territorio da desaparición, 2004, Galaxia. Publicado en castelán (en edición bilingüe) como Territorio de la desaparición no 2011, en Huerga & Fierro.
  • Dicionario do estremecemento, 2007, Espiral Maior.
  • Antologia Poetica, organización de Manuele Masini e Teresa Seara, tradución ó italiano de Manuele Masini. Pisa, editorial ETS: 2008.
  • Astro interior. Escolma poética 1984-2007, 2008, PEN Clube de Galicia/Danú.
  • Habitación do asombro, 2013, Espiral Maior. Tradución ao castelán como Habitación del asombro, 2014, Pigmalión.
  • Duración da penumbra, 2016, PEN Clube de Galicia/Abanca/Xunta de Galicia.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • A casa dos afogados, 1981, Cadernos da Escola Dramática Galega (edición de 1990 en Sotelo Blanco).
  • A tertulia das máscaras, 1981, Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • A estraña señorita Lou, 1982, Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • Auto insólito do autor, 1985, Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • Cuarteto para unha noite de verao, 1988, Sotelo Blanco.

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • A Gran Novela e outras narracións. Traballos premiados no 7º Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro, 1982, Edicións do Castro. Narrativa.
  • IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado.
  • De amor e desamor. I, 1984, Edicións do Castro.
  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • V Festival da Poesia no Condado, 1985, S. C. D. Condado.
  • De amor e desamor. II, 1985, Edicións do Castro.
  • Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco.
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
  • X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1990, S. C. D. Condado.
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990.
  • Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Edicións do Castro.
  • Sis poetes gallecs, 1990, Editorial Columna. Edición bilingüe galego-catalán.
  • XI Festival da Poesia no Condado, 1991, S. C. D. Condado.
  • XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
  • Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy, 1995, Diputación de Granada. Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Edicións do Castro.
  • Construír a paz, 1996, Xerais.
  • Poetas con Rosalía, 1996, Fundación Rosalía de Castro.
  • Alguén agarda que volva alí, 1998.
  • Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
  • XVII Festival da Poesia. Verbas para nom esquecer..., 2003, S. C. D. Condado.
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2003, Tris Tram.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
  • O desafío das ondas, 2006, Autoridade Portuaria da Coruña.
  • Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro.
  • Poética da casa, 2006, Xunta de Galicia.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña, 2008, Espiral Maior.
  • De amor e desamor, 2009, Deputación da Coruña.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.

Libros de conversas[editar | editar a fonte]

Tradución[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]