Saltar ao contido

Complexo Deportivo Carballo Calero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Complexo Deportivo Carballo Calero
Carballo Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Persoas e organizacións
 Ocupante
Datas
 Fundación / creación
1995 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Capacidade600 Editar o valor en Wikidata
Anchura22 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude42 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Wikidata

O Complexo Deportivo Carballo Calero é un recinto polideportivo da localidade de Carballo, nomeado en honor a Ricardo Carballo Calero.

Este recinto, inaugurado en 1995, está confeccionado a imaxe e semellanza do seu curmán da Zona Escolar e situado ao carón do Colexio Bergantiños. O edificio conta cun pavillón polideportivo (chamado popularmente Pavillón Bergantiños) de linóleo (renovado no 2008) no que xoga os seus partidos como local o Escola Lubiáns (equipo local de hóckey a patíns), así como cunha piscina climatizada empregada polos distintos clubs da localidade e que conta cunhas bancadas con capacidade para 300 espectadores. No ano 2009 abriuse no complexo unha sala de fitness de 180 metros cadrados á disposición dos cidadáns.[1]

No ano 2021 tiveron que realizarse reformas no pavillón para solucionar os problemas de filtración de auga, humidade e condensación.[2]

En 2024 o Concello de Carballo acometeu unha reforma integral do pavillón cun investimento de 300 000 euros cos que se renovou completamente o pavimento da pista, deseñado para a práctica de baloncesto, fútbol sala, balonmán, bádminton, voleibol, patinaxe e hóckey a patíns. Durante as obras instalouse un sistema hidráulico que permitirá o axuste do valo fixo empregado nos partidos de hóckey a patíns.[3]

  1. "Instalacións" (PDF). Concello de Carballo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xullo de 2012. Consultado o 4 de outubro de 2016. 
  2. "En marcha las obras de reforma del pabellón Carballo Calero de Carballo". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 2021. Consultado o 14 de decembro de 2024. 
  3. "El Concello de Carballo invierte medio millón de euros en renovar sus complejos deportivos". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de agosto de 2024. Consultado o 14 de decembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]