Manuel Rodrigues Lapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Rodrigues Lapa, nado en Anadia (Aveiro) o 22 de abril de 1897 e falecido na mesma vila o 28 de marzo de 1989, foi un filólogo portugués, que fixo varios estudos sobre o galego.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Lisboa, onde se doutorou coa tese Das Origens da Poesia Lírica em Portugal na Idade Média (1930). Nese mesmo ano dirixe a súa atención para Galiza, e publica Os vilancicos: o vilancico galego nos séculos XVII e XVIII, obra na cal estuda vilancicos nos que aparecen galegos aos recitar. Dous anos despois efectúa a súa primeira visita a Galiza.

Foi afastado da facultade de Letras en 1935 por motivos políticos e a súa oposición ao goberno de António de Oliveira Salazar. A partir de aí dedicouse ao xornalismo (dirixiu O Diabo) e ás investigacións literarias. No ano 1935 edita na revista Seara Nova un número especial dedicado ao poeta Eduardo Pondal.

Foi encarcerado o 6 de xaneiro de 1949[1]. En 1957 exiliouse no Brasil, onde deu clase en varias universidades, e onde realizou investigacións sobre o século XVIII en Minas Gerais. Regresou a Portugal despois do 25 de abril.

En repetidas ocasións volverá a publicar sobre o galego e a Galiza nos anos seguintes. En 1965, a súa edición das cantigas de escarnio e maldicir imprímese en Vigo. En 1973, Rodrigues Lapa publica un artigo na revista lisboeta Colóquio / Letras, onde se proclama partidario de que o galego se escriba con ortografía portuguesa. O artigo reeditouse en Grial, o que provocou unha viva polémica, na que toman postura en contra intelectuais galegos, como Ramón Piñeiro, Álvaro Cunqueiro e Ramón Otero Pedrayo, ente outros; e a favor Valentín Paz Andrade, Ernesto Guerra da Cal, Ricardo Carballo Calero e outros.

En 1981 realizou a que sería a súa última visita a Galiza, para presentar un libro do seu amigo Carballo Calero. Por esta altura padecía xa problemas de saúde que dificultaban os seus desprazamentos. En 1989 falecería na súa morada de Anadia.

Obra[editar | editar a fonte]

  • História da língua e da literatura portuguesa, I: Das origens da poesia lírica em Portugal na Idade Media. Lisboa. Seara Nova. 1929.
  • Origens da Poesia Lírica em Portugal na Idade Média 1930.
  • Liçôes de literatura portuguesa: época medieval. Lisboa, Centro de Estudos Filológicos. 1934 (con varias edicións posteriores).
  • Crestomatía arcaica. Lisboa. Gráfica Lisbonense. 1940.
  • Estilística da língua portuguesa. Coímbra. Coímbra Editora. 1945 (onde comenta escritores en galego).
  • Miscelânea de língua e literatura portuguesa medieval. Rio de Janeiro. Instituto Nacional do Livro. 1965.
  • As minhas razôes: Memórias de um idealista que quiso indereitar o mundo...Coímbra. Coimbra Editora. 1983 (libro de memorias).

Sobre Galicia[editar | editar a fonte]

  • Os vilancicos: o vilancico galego nos séculos XVII e XVIII. 1930 (reimpreso con o título "Os vilancicos: a tradiçâo do vilancico galego nos séculos XVII e XVIII", in rev. "Agália", 11. 1987, páxs. 353-363).
  • Carta a la viuda de Castelao, in rev. "A Nosa Terra", nº 474, 1950.
  • A obra máis urgente da galeguidade, in rev. "Galicia", Centro Gallego de Montevideo, nº 466, 1952.
  • A ideia de comunhâo em Otero Pedrayo, in V.V.A.A., Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacimento. Vigo. Galaxia. 1958, pá. 73 e ss,
  • A recuperaçâo literária do galego, in rev. "Coloquio/Letras", 13. Lisboa. 1973, páxs. 5-14.
  • Estudos galego-portugueses: por uma Galiza renovada. Lisboa. Sá da Costa. 1979.
  • A reintegraçâo lingüística galego-portuguesa. Um drama que afecta a nós todos, in rev. "Nova Renscença", Porto, outubro de 1983, páxs. 321-329.
  • O problema lingüístico da Galiza: sobre cultura e idioma na Galiza, in rev. Temas do Ensino, nº 6-10, pás. 23-33.
  • Cartas a Francisco Fernández del Riego sobre a cultura galega. Galaxia. 2001.[2]

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Cantigas de Santa Maria, de Afonso X. Lisboa Centro de Estudos Filologicos. 1939.
  • Cantigas d'escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses. Vigo. Galaxia. 1965.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Presos Políticos no Regime Fascista, V - 1949-1952, Presidência do Conselho de Ministros, Comissão do Livro Negro sobre o Regime Fascista, Mem Martins, 1987, p. 57
  2. Cartas a Francisco Fernández del Riego sobre a cultura galega en Google Books.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]