Saltar ao contido

Laura Tato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLaura Tato

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Laura Tato Fontaíña Editar o valor en Wikidata
14 de xullo de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1094215 AELG: 424 BUSC: tato-fontaina-laura-1951 Dialnet: 504680


Laura Tato Fontaíña, nada en Vigo o 14 de xullo de 1951, é unha estudosa da literatura galega e especialista en teatro.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1973 e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa en 1996 pola Universidade da Coruña.[3] Tras exercer a docencia durante quince anos no ensino privado, foi Catedrática de Filoloxías Galega e Portuguesa do Departamento de Letras[4] da Universidade da Coruña ata a súa xubilación en 2021. Reside en Ferrol.

Está especializada en teatro galego, sobre todo no da etapa anterior á guerra civil. Formou parte do equipo coordinador da Historia da Literatura Galega, en 5 volumes, publicada pola AS-PG e A Nosa Terra entre 1996 e 1998. Foi a directora filolóxica da Biblioteca Virtual Galega da Universidade da Coruña de 2001 a 2004. Desde a súa creación, en 1997, dirixe a Serie Azul, 'Literatura Teatral Galega', das publicacións da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor da Universidade da Coruña, da que é coordinadora científica.[5]

Foi candidata do Bloque Nacionalista Galego a senadora pola provincia da Coruña nas eleccións de abril e novembro de 2019.[6]

Papeleta para o Senado das eleccións xerais de España de abril de 2019.

Laura Tato é autora de dous traballos deste tipo indispensábeis para coñecer o teatro posterior á guerra civil. Estes son:

  • "O teatro actual", in V.V.A.A. (1996-1998): Historia da Literatura Galega, Vigo, A Nosa Terra. Volume V; p.p.: 1410-1440.
  • "O teatro desde 1936", in Darío Villanueva (coordinador) (2001): Galicia. Literatura: A Literatura desde 1936 ata Hoxe: Poesía e Teatro, A Coruña, Hércules de Ediciones. Volume XXXIII; p.p.: 443-509.

Edicións

[editar | editar a fonte]

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Memória acerca da Dramática Galega, de Galo Salinas, Cadernos de Teatro.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Ricardo Carvalho Calero, a dignidade Persoal (1994). Concello de Ferrol. Con Pilar Pallarés.
  • Rafael Dieste (1995). AS-PG. Con Pilar Pallarés.
  • A casamenteira, de Antonio Benito Fandiño (2000). Linteo. Con Xosé Ramón Barreiro e Carmen Blanco.
  • Literatura Galega: Século XX (2001). A Nosa Terra.
  • ¡Mal Ollo!... Comedia de ambente mariñeiro, de Cándido A. González (2004). Universidade da Coruña. Con Manuel Ferreiro e Xan Fraga.
  • Documentos Para a Historia do Teatro Galego (1919-1924) (2005). Universidade da Coruña. Con Silvana Castro García.
  • Luís Manteiga: Intres (1934-1935) (2005). Ediciós do Castro. Con Manuel Ferreiro.
  • Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa/Guidelines for the Edition of Medieval Galician-Portuguese Troubadour Poetry (2007) Universidade da Coruña. Con Manuel Ferreiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro.
  • A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza (2008). Baía Edicións. Con Manuel Ferreiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro.
  • Estudos Galego-Brasileiros. 3 (2009). De Letras (Río de Xaneiro. Con Maria Amparo Tavares Maleval.
  • Estudos galego-brasileiros. 4, Lingua, literatura, identidade (2010). Universidade da Coruña. Con Maria Amparo Tavares Maleval.
  • Modelos de lingua e compromiso (2014). Baía.
  • Os contos de Joselín. Primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954) (2014). eCental Folque. ISBN 978-84-940598-3-4.
  • Gañadora do IV Certame de Investigación Lingüística e Literaria Ricardo Carvalho Calero, convocado pola Asociación Cultural Medulio e o Concello de Ferrol, no 1993, por Teatro e Nacionalismo. Ferrol 1915-1936.
  • Gañadora do XVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no 2013, por Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións de Ramón Otero Pedrayo.
  1. "Ficha de Laura Tato Fontaíña". pdi.udc.es. Consultado o 2021-09-11. 
  2. "Laura Tato Fontaíña". scholar.google.es. Consultado o 2021-09-12. 
  3. "Laura Tato". www.aelg.gal. Consultado o 2021-09-12. 
  4. "Grupo de Invetigación Lingüística". illa.udc. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2021. Consultado o 11 de setembro de 2021. 
  5. "Laura Tato". www.aelg.gal. Consultado o 2021-09-12. 
  6. Galego, BNG-Bloque Nacionalista. "[Senado] Candidatura pola Coruña". BNG - Bloque Nacionalista Galego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-12.