Agália

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Agália é unha revista galega creada en 1985, órgano de expresión da Associaçom Galega da Língua.

Historia[editar | editar a fonte]

A revista Agália apareceu en 1985 cunha periodicidade trimestral, co subtítulo de "Publicaçom Internacional da Associaçom Galega da Língua", como órgano a través do cal informar das actividades da entidade e co obxectivo de contribuír como ferramenta de coexión da súa base asociativa. Pretendía, ademais, servir como espazo para a intervención no ámbito académico galego dunha óptica reintegracionista.

Entre 1985 e 2000 estivo dirixida por Maria do Carmo Henríquez Salido e por José Martinho Montero Santalha. No ano 2000 asumiu o cargo Carlos Quiroga, e a revista pasou a ser semestral con números duplos. En 2002, no número 69/70, a revista Agália mudou o seu subtítulo polo de "Revista de Ciências Sociais e Humanidades".

En 2011, coincidindo coa aparición do número 100, mudou novamente o subtítulo polo de "Revista de Estudos na Cultura", agora baixo a dirección de Roberto Samartim.

Características[editar | editar a fonte]

Agália recolleu desde o seu nacemento tres orientacións básicas: de tipo asociativo, de tipo literaria (textos de creación en prosa e verso) e de tipo científica. Amais, inclúe noticias das actividades da AGaL relacionadas coa promoción da lingua galega e do reintegracionismo. Desde o número 62 inclúe tamén creación artística nos campos da ilustración e a fotografía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]