Francisco Salinas Portugal
Francisco Salinas Portugal | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 26 de xaneiro de 1955 |
Güín | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | poeta e filólogo |
Xéneros | Ensaio, teatro, poesía |
Estudos | Filoloxía |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Francisco Salinas Portugal, nado en Güín (Bande)[1] o 26 de xaneiro de 1955, é un estudoso da literatura galega e poeta.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trasladouse a Santiago de Compostela para cursar os seus estudos de Filoloxía Románica e nesta cidade entrou en contacto con personalidades da cultura galega (como Ricardo Carvalho Calero) e comezou a destacar como poeta. Foi membro do colectivo Alén. Ensaísta experto nas literaturas de lingua portuguesa, realizou a súa tese de doutoramento sobre o escritor angolano Pepetela. Foi profesor titular na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, na que se xubilou.
Obra[editar | editar a fonte]
Libros de poesía[editar | editar a fonte]
- Os Habitantes da Culpa (1988, Vía Láctea).
- Boca da cobra (2012, Biblos Clube de Lectores).
Poesía (poemas soltos publicados en Internet)[editar | editar a fonte]
Teatro[editar | editar a fonte]
- Personaxe(s) (1992).
Ensaio[editar | editar a fonte]
- A Escrita da Angolanidade na Narrativa de Pepetela (1993, Universidade de Santiago).
- Luís de Camões: Doce Canto em Terra Alheia? (1994, Laiovento).
- Rosto Negro: O Contexto das Literaturas Africanas (1994, Laiovento).
- O texto nas margens: ensaios de literaturas em língua portuguesa (1997, Laiovento).
- Entre Próspero e Caliban: literaturas africanas de língua portuguesa (1999, Laiovento).
- Para umha leitura de Folhas Novas (2003, publicado en internet).
Poesía (obras colectivas)[editar | editar a fonte]
- Alén (1977, Follas Novas). Con Miguel Anxo Mato Fondo e Xosé Ramón Pena.
- De Amor e desamor. I (1984, Ediciós do Castro).
- De Amor e desamor. II (1985, Ediciós do Castro).
- De Amor e desamor. III (2009, Deputación da Coruña).
Entrevistas[editar | editar a fonte]
- Voz e siléncio (entrevista con R. Carvalho Calero) (1991, Edicións do Cumio).[2]
Antoloxías (como coautor)[editar | editar a fonte]
- Literatura Galega do Século XX (1988, Vía Láctea).
- Literatura Medieval Galego-Portuguesa (1988, Vía Láctea).
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984 (1986, AGAL).
- Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento (1988, Ediciós do Castro).
- Estudos Galego-Brasileiros (2003, H. P. Comunicação (Río de Xaneiro)).
- Estudos Galego-Brasileiros. II (2006, Universidade da Coruña).
- Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova[3][4][5]. Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8
Premios[editar | editar a fonte]
Premio da AELG á mellor obra de poesía do ano 2012, por Boca da cobra. Ex-aequo con Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Francisco Salinas Portugal". Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega. Universidade da Coruña.
- ↑ Imaxe da portada
- ↑ "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
- ↑ "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Salinas Portugal ![]() |