Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter

Dereito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A representación da deusa Iustitia (literalmente Xustiza en latín) a mostra equipada con tres símbolos do Dereito: a espada simboliza o poder coercitivo do Estado; a balanza simboliza o equilibrio entre os dereitos dos litixantes; e a venda sobre os ollos representa a imparcialidade.[1]
US Department of Justice Scales Of Justice.gif

O Dereito é a orde normativa[2] e institucional da conduta humana en sociedade inspirada en postulados de xustiza e certeza xurídica[3], baseado nas relacións sociais existentes que determinan o seu contido e carácter. Noutras palabras, é o conxunto de normas que regulamentan a convivencia social e permiten resolver os conflitos interpersoais.

A anterior definición define o dereito positivo ou efectivo, pero non explica o seu fundamento; é por iso que xuristas, filósofos e teóricos do dereito levan proposto diversas definicións alternativas, sen que exista consenso, ata a data. O estudo do concepto do Dereito realízao unha das súas ramas, a Filosofía do dereito.

A expresión «dereito» utilízase indistintamente para nomear á disciplina e ao seu obxecto de estudo. Así, «dereito» refírese á ciencia do dereito ou a un determinado corpo de normas (por exemplo, dereito civil, dereito penal, dereito procesal, dereito internacional, etc.).

Desde o punto de vista obxectivo, dise do conxunto de leis, regulamentos e demais resolucións, de carácter permanente e obrigatorio, criadas polo Estado para a conservación da orde social. Isto é, tendo en conta a validez, é dicir, se se levou a cabo o procedemento adecuado para a súa creación, independientemente da súa eficacia (se é acatada ou non) e do seu ideal axiolóxico (se busca concretar un valor como a xustiza, a paz, a orde, o ben común, etcétera).

O dereito subxectivo é a facultade que outorgou o ordenamento xurídico a un suxeito (por exemplo, dereito á nacionalidade, dereito á saúde, dereito a demandar, dereito a manifestarse libre e pacificamente, etc.).[4][5][6][7][8][9]

Orixe[editar | editar a fonte]

É de natureza controversia, sobre o tema os autores orientáronse a varias posturas, entre elas as de maior aceptación acostuman ser as seguintes:

  • O Dereito nace como unha relación de forza entre persoas desiguais, sexa material ou psiquicamente.
  • O Dereito nace como reparación a unha ofensa física ou moral que unha persoa infrinxe a outra.
  • O Dereito nace para regular a indemnización debida polo incumprimento dunha palabra dada. En xeral para regular os negocios xurídicos entre as persoas.
  • O dereito nace da necesidade de regular as relacións que xorden entre os diferentes suxeitos de dereito. Á medida que as relacións interpersoais se tornan mais complexas, o dereito vaino receptando.

Características[editar | editar a fonte]

O dereito presenta as seguintes características: normativo, bilateral, coercible, cunha pretensión de inviolabilidade, maniféstase como un sistema e posúe unha proxección de xustiza.

Normatividade[editar | editar a fonte]

Tradúcese en que o dereito se atopa inmerso dentro da realidade social, o marco cultural.[10] O dereito pertence á familia das normas e está constituído por normas, máis especificamente dentro das regras obrigatorias de conduta.[11]

Bilateralidade[editar | editar a fonte]

O dereito é bilateral porque require interactividade de dúas ou máis persoas. Un dos trazos distintivos das normas xurídicas fronte ás normas morais é a bilateralidade. En efecto, a bilateralidade do dereito faise evidente non só pola súa necesidade primordial de interrelacionar, cando menos, dúas persoas, senón tamén na heteronomía, condición da vontade que se rexe por imperativos que están fóra dela mesma, pois unha é a fonte da norma xurídica e a outra a persoa suxeita ao seu cumprimento. Na coercibilidade, igualmente resalta a mesma dicotomía: quen dispón da forza e quen é compelido por ela.[12]

Coercibilidade[editar | editar a fonte]

A coercibilidade é a esixencia de amparar o dereito na forza para obter a execución da conduta prescrita, constituíndo a característica propia do dereito. Destácase así claramente a coercibilidade das normas xurídicas fronte á incoercibilidade das de trato social.[13]

Pretensión de inviolabilidade[editar | editar a fonte]

Xa que a norma é susceptible de ser violada constantemente, o dereito require indefectiblemente revestirse de inviolabilidade, mesmo fronte ao estado, a través dunha sanción. Velaí por que resiste, con esixencia incondicionada, a intromisión do mandato arbitrario nas relacións sociais.[14]

Sistema[editar | editar a fonte]

O dereito é un sistema de normas, xa que estas non están inconexas, caprichosamente xustapostas de xeito arbitrario ou caótico. Antes ben, as normas xurídicas vixentes nun estado áchanse organicamente correlacionadas, gardando entre si niveis de rango e prelación: unhas son superiores, outras inferiores, e todas conforman unha estrutura harmónica, gradual e unitaria que evoca a imaxe dunha obra arquitectónica, con acertada distribución de masas. O conxunto de normas positivas dun país, coordinadas e distribuídas xerarquicamente, denomínase «ordenamento xurídico».

O ordenamento xurídico atópase organizado sistematicamente por niveis de rango e prelación (antelación ou preferencia con que algo debe ser atendido respecto doutra cousa coa que se compara), uns superiores e outros inferiores e todos conforman unha estrutura harmónica.[15]

O sistema do dereito representouse, na tradición xurídica europea, desde Hans Kelsen, na forma dunha pirámide de normas. Non obstante, hai concepcións máis actuais, onde a función de xerarquía non se abandona, mais está no centro dunha concepción semiótico-textual, por círculos concéntricos, desde o centro ata a periferia do sistema.[16]

Xustiza[editar | editar a fonte]

A xustiza é inherente a toda norma xurídica, unha proxección cara á efectividade da xustiza nas relacións humanas, como algo esencial e definitorio dela.[17]

Fontes[editar | editar a fonte]

Facultade de dereito da USC
Primeira páxina da edición orixinal do Código Civil francés de 1804

A expresión «fontes do dereito» alude aos feitos de onde xorde o contido do dereito vixente nun espazo e momento determinados. Son os «espazos» aos que se debe acudir para establecer o dereito aplicable a unha situación xurídica concreta. Son a «alma» do dereito, son fundamentos e ideas que axudan ao dereito a realizar o seu fin.[18]

A palabra «fonte» deriva do latín fons e emprégase en sentido figurado para significar o «principio, fundamento ou orixe das cousas materiais ou intramateriais», ou como di Villoro Toranzo, «suxire que hai que investigar as orixes do dereito».[19]

Neste sentido enténdes por fonto do dereito todo aquilo (obxecto, actos, feitos...) que producen, crean ou orixinan o xurdimento do dereito, é dicir, das entrañas ou profundidades da propia sociedade. As fontes do dereito clasifícanse polo seu estudo en:

  • Fontes históricas: son o concunto de documentos ou textos antigos (libros, textos ou papiros) que encerran o contido dunha lei; por exemplo, o Código de Hammurabi.
  • Fontes reais ou materiais: conxunto de factores históricos, políticos, sociales, económicos, culturais, éticos ou relixiosos que inflúen na creación da norma xurídica.[20] Por exemplo, a partir dun escándalo político créase a lei que regula o lobby, ou a partir dun terremoto créase a lei que outorga beneficios ás zonas afectadas.
  • Fontes formais: conxunto de actos ou feitos que realiza o estado, a sociedade ou o individuo para a creación dunha lei; por exemplo, o poder lexislativo. Esta fonte contén:

O dereito consuetudinario é o dereito non escrito que está baseado no costume xurídico, que crea precedentes; é dicir, a repetición de certos actos xurídicos de xeito espontáneo e natural, que pola práctica adquiren a forza da lei, outorgando un consentimento tácito repetido polo uso continuado. Esta práctica tradicional debe ir en harmonía coa moral e os bos costumes, encamiñada á convicción de que corresponde a unha necesidade xurídica, para ser considerada como unha fonte da lei ao estar amparada polo dereito consuetudinario. Non obstante, o costume, ademais de suplir os baleiros legais, pode chegar a derrogar unh lei, sempre que esta sexa inconveniente ou prexudicial.

O Dereito Occidental (no Sistema Romano Xermánico ou Sistema de Dereito continental) tende a entender como fontes as seguintes:

  • A Constitución: é a norma fundamental, escrita ou non, dun estado soberano, establecida ou aceptada para rexelo.
  • A Lei: é unha norma xurídica ditada polo lexislador. É dicir, un precepto establecido pola autoridade competente, en que se manda, prohibe ou permite algo en consonancia coa xustiza e para o ben dos gobernados.
  • A Xurisprudencia: refírese ás reiteradas interpretacións que os tribunais de xustiza fan das normas xurídicas nas súas resolucións, e pode constituír unha das fontes do dereito, segundo o país.
  • O Costume: é unha práctica social arraigada, en si unha repetición continua e uniforme dun acto ao que se quere outorgar valor normativo, sen que forme parte do dereito erecho positivo.
  • O acto xurídico: é o acto de autonomía privada de contido preceptivo con recoñecemento e tutela por parte da orde xurídico.
  • Os Principios xerais do dereito: son os enunciados normativos máis xerais que, sen que fosen integrados no ordenamento xurídico en virtude de procedementos formais, enténdese que forman parte del porque lle serven de fundamento a outros enunciados normativos particulares ou recollen de maneira abstracta o contido dun grupo deles.
  • A Doutrina: enténdese por doutrina a opinión dos xuristas con prestixio sobre unha materia concreta, que queda materializada en ensaios, teses, memorias, manuais, tratados, revistas científicas e conferencias.

Asimismo no marco do Dereito internacional, o Estatuto da Corte Internacional de Xustiza, enumera como fontes:

O sistema de fontes aplicable a cada caso varía en función da materia e o suposto de feito concreto sobre o que aplicar unha solución xurídica.

Contido[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, o Dereito dividiuse nas categorías de Dereito público e de Dereito privado. Porén, esta división foi amplamente criticada e na actualidade non ten tanta forza, ante a aparición de parcelas do Ordenamento xurídico nas que as diferenzas entre o público e o privado non son tan evidentes. Un dos expoñentes desta situación é o Dereito laboral, no que a relación privada entre traballador e empregador áchase fortemente intervida por unha normativa pública.

Algunhas ramas xurídicas son as seguintes:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Luban, David (2001). "Law´s Blindfold". En Davis, Michael; Stark, Andrew. Conflict of interest in the professions (en inglés). Oxford University Press. p. 23. ISBN 0-19-512863-X. 
  2. García Máynez, Eduardo. "El Derecho como orden normativo concreto" (PDF). Justitia.com (en español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  3. Castillo González, Rolando (1962). La seguridad jurídica y la esencia del Derecho (en español). Santiago de Chile: Universitaria. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  4. Ochoa G., Oscar G. (2006). "Personas. Derecho Civil I" (en castelán). Caracas: Publicaciones Universidad Católica Andrés Bello. ISBN 980-244-225-9. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  5. Williams Benavente, Jaime (2003). Lecciones de Introducción al Derecho (en castelán) (4ª ed.). Santiago de Chile: Fundación de Ciencias Humanas. ISBN 956-7098-06-9. 
  6. Cedillo Corrochano, Carmen. "Cuando el Derecho nos confunde". Desde mi mundo (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  7. "Derecho". Enciclopedia Jurídica (en castelán) (2014 ed.). Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  8. Sánchez Crespo, María José. "Capítulo 11: El derecho objetivo y el derecho subjetivo". Nociones de derecho (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  9. Ortúzar Fuenzalida, Sebastián Enrique. "Introducción al Derecho civil". Apuntes de derecho (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  10. Javier Fregoso Zárate, El derecho en la cultura, Revista de Derecho y Ciencias Sociales, Núm. 13 Ano 2017 xullo-decembro, pp. 109 - 135, ISSN 1794-600X.
  11. Aarnio, Aulis; Garzón Valdés, Ernesto; Vusitalo, Jyrki (1997). La normatividad del Derecho (en castelán). Barcelona: Gedisa. ISBN 9788474326192. 
  12. "Bilateralidad". Derecho.com (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  13. Moscoso Delgado, Jaime (1981). Introducción al derecho (en castelán). La Paz, Bolivia: Juventud. 
  14. "Introducción al Derecho" (PDF). Universidad Domingo Savio (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2015. Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  15. "El Derecho como sistema de normas" (en castelán). institutoroche.es. 14 de novembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  16. Bittar, Eduardo (2018). Introdução ao Estudo do Direito: humanismo, democracia e justiça (en portugués). Saraiva. ISBN 9788547223199. 
  17. "Los conceptos de justicia y Derecho en Kant, Kelsen, Hart, Rawls, Habermas, Dworkin y Alexy" (PDF). UNAM (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2015. 
  18. "Las fuentes del Derecho" (PDF). www.lexweb.cl. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2014. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  19. Villoro Toranzo, Miguel (2005). Introducción al estudio del Derecho (en castelán). México: Porrúa. ISBN 9789700760919. 
  20. Paredes, José Luis. "Fuentes Materiales". Consultado o 12 de febreiro de 2015. 
  21. "Derecho Administrativo". Enciclopedia Jurídica. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  22. "Derecho Administrativo". Definicion.de. Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  23. "Derecho Civil". Enciclopedia Jurídica. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  24. "Derecho Civil". Definicion.de. Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  25. "Derecho Económico". Enciclopedia Jurídica. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  26. "Apuntes de Derecho Económico". Monografias.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2015. 
  27. "Derecho Internacional Privado". Enciclopedia Jurídica. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  28. "Un alcance preliminar al contenido de estudio del Derecho internacional Privado". Slideshare. Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  29. "Derecho Internacional Público". Enciclopedia Jurídica. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  30. "Derecho Internacional". Definicion.de. Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  31. "Derecho Mercantil". Enciclopedia Jurídica. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  32. "Derecho Mercantil". Definicion.de. Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  33. "Derecho Penal". Enciclopedia Jurídica. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  34. "Derecho Penal". Definicion.de. Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  35. "Derecho Político". Enciclopedia Jurídica. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  36. "Derecho Político". Enciclopedia de la política. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2015. Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  37. "Derecho Constitucional". Enciclopedia Jurídica. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  38. "Derecho Constitucional". Definicion.de. Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  39. "Derecho Procesal". Enciclopedia Jurídica. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  40. "Derecho Procesal". Definicion.de. Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Lex.gal Base de datos das leis de Galicia dende 1981.