Henrique Dacosta
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Henrique Dacosta | |
---|---|
Nacemento | 30 de xullo de 1964 |
Ferrol | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Henrique Xosé Dacosta López, nado en Ferrol o 30 de xullo de 1964, é un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Profesor de Lingua Galega e Literatura. Foi Técnico Especialista en Lingua Galega na Comisión de Educación, Cultura e Deportes do Concello de Fene.
Colabora habitualmente no suplemento Nordesía do Diario de Ferrol. Ten publicado artigos e investigacións en diversos tipos de revistas e periódicos (Agália, A Nosa Terra, Ferrolanálisis, Crónica de Ferrolterra, Columba, O Sil, Ólisbos, Poesía Galicia etc.), e ten participado como relator en distintos congresos e xornadas sobre lingua galega.
Obras[editar | editar a fonte]
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Mar para todo o sempre, 1992, Laiovento.
- Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias, 1995, Laiovento.
- Os desherdados, 2006, Edicións Embora.
- O prezo da tentación, 2008, Edicións Embora.
- Unha mada de doce relatos, 2008, Laiovento.
- Entrada ao xardín do saber, 2014, Redelibros.
- Illas a sotavento (2019). Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-9121-571-4.[1] ePub: ISBN 978-84-9121-575-2.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Ferroláns na Historia da Literatura Galega, 2007, Edicións Embora.
- Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético (2020). Edicións Xerais de Galicia. 120 páxs. ISBN 978-84-9121-625-4.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Muralla de Crescórnio, 1989.
- Longa lingua: Os contos da Mesa, 2002, Xerais.
- Seis ferroláns, 2003, Edicións Embora.
- Premios Pedrón de Ouro. Certame de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo. Certames XXXII e XXXIII, 2008, Edicións do Castro.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
Premios[editar | editar a fonte]
- Finalista no I Certame de Relato Curto da Asociación Cultural Cidade Vella de Santiago de Compostela no 1989, por Ruiva mulher de esperança.
- Premio Carvalho Calero, na vertente de creación literaria, no 1991, pola novela Mar para todo o sempre.
- Premio Carvalho Calero, na vertente de creación literaria, no 1993, pola colección de relatos Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias.
- Premio Carvalho Calero, na vertente de creación literaria, no 2007, por Unha mada de doce relatos.
- XXV Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta en 2018, por Illas a sotavento.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-09-03.
- ↑ "Henrique Dacosta López gaña o XXV Premio Manuel Lueiro Rey de novela curta. Noticia no «Faro de Vigo». Blog Xerais". blog.xerais.gal. Consultado o 25 de abril de 2020.