Saltar ao contido

Araceli Herrero Figueroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAraceli Herrero Figueroa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Araceli Herrero Figueroa Editar o valor en Wikidata
22 de xuño de 1948 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xuño de 2020 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteCOVID-19 Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFilosofía e Letras
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Director de teseRicardo Carballo Calero Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiloloxía románica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, filóloga Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio

LinkedIn: araceli-herrero-figueroa-64804468 BNE: XX1004844 AELG: 414 BUSC: herrero-figueroa-araceli-1948 Dialnet: 317604 Editar o valor en Wikidata

Araceli Herrero Figueroa, nada en Lugo o 22 de xuño de 1948[1] e finada na mesma vila o 10 de xuño de 2020,[2] foi unha filóloga galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica: Español) e licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa. Doutorouse en 1977 coa tese Luis Pimentel, obra inédita o no recopilada, documentación biográfica, introducción y notas, dirixida por Ricardo Carvalho Calero. Impartiu docencia no antigo Colexio Universitario de Lugo foi catedrática na Escola de Formación do Profesorado no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela e titular de universidade na Facultade de Formación de Profesorado de dita Universidade. Foi directora do Departamento de Didáctica da Lingua e da Literatura da mesma universidade.

Foi autora tamén de distintas monografías, capítulos de libros en volumes colectivos sobre lingua, literatura e didáctica, ensaios e estudos varios en diversas publicacións e revistas (Grial, O Ensino, Agália, A Trabe de Ouro, Revista Galega de Teatro, Casahamlet, ANILIJ etc.).

Morreu por mor da COVID-19.[3]

Edicións

[editar | editar a fonte]
  • Luis Pimentel. Obra inédita o no recopilada, 1981, Celta.
  • Armando Cotarelo Valledor. Teatro histórico e mariñeiro (Hóstia, Beiramar e Mourenza), 1984, Ediciós do Castro.
  • Luís Pimentel. Obra Completa (edición e introdución), 2009, Galaxia.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Herrero Figueroa, Mª Araceli". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 291. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. "Falece a catedrática de Literatura Araceli Herrero". culturagalega.org. 2020-06-11. Consultado o 2021-01-27. 
  3. Queizán, M. X. (12 de xuño de 2020). "Adeus a Araceli Herrero Figueroa". Praza Pública. 
  4. Imaxe da portada

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]