Goretti Sanmartín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Goretti Sanmartín
Goretti Sanmartín Rei e Carme da Silva Méndez, XV Asemblea Nacional Bloque Nacionalista Galego 08.jpg
Goretti Sanmartín, esquerda, xunto con Carme da Silva Méndez, na XV Asemblea Nacional do BNG realizada na Coruña no 2016.
Nome completo Goretti Sanmartín Rei
Nacemento 6 de xullo de 1964
  A Estrada
Nacionalidade España
Ocupación política
editar datos en Wikidata ]

Goretti Sanmartín Rei, nada na Estrada o 6 de xullo de 1964, é unha filóloga, escritora e política galega[1]. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012 [2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, é profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación céntranse na formación da lingua literaria galega durante o século XIX e sobre a época das Irmandades da Fala.

É membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Filoloxía e foi Directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña entre o 2004 e o 2006.

En 2012 foi elixida responsable do BNG de Santiago de Compostela[3] e dende 2013 é secretaria de Implantanción e Estratexia Municipal do BNG.

Formou parte das listas do BNG ao concello de Santiago nas eleccións municipais do ano 2015, como número dous, saíndo elixida concelleira. Tras o pacto de goberno acadado entre PSdeG-PSOE e BNG para a Deputación da Coruña, foi elixida Vicepresidenta e Voceira do ente provincial[4].

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edición[editar | editar a fonte]

  • O Teatro de Xan da Cova: La Galiciana e María Pita, 2002, Universidade da Coruña.
  • A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para a ópera, de Ramón Cabanillas, 2002, Universidade da Coruña.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • A lingua literaria galega no século XIX, 2005, Universidade da Coruña.
  • Criterios para o uso da lingua, 2006, Universidade da Coruña.
  • Nicomedes Pastor Díaz, unha existencia exemplar, de Ramón Villar Ponte, 2006, Fundación Caixa Galicia.
  • Textos filosófico-políticos de Ramón Vilar Ponte. Volume I, 2006, Deputación de Lugo.
  • Sobre a calidade da nosa lingua, 2007, Universidade da Coruña.
  • Lingua e futuro, 2010, Laiovento.
  • Unha outra guía para a intervención lingüística, 2011, Universidade da Coruña.
  • Modelos de lingua e compromiso, 2014, Baía.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]