Luís Cochón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Luis Cochón Touriño 1942 (81/82 anos) Salcedo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Familia | |
Fillos | Iris Cochón |
José Luis Cochón Touriño, coñecido como Luís Cochón, nado na Ruibal (Salcedo, Pontevedra) en 1942, é un escritor e profesor de lingua e literatura castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi catedrático de lingua e literatura castelá no IES Rosalía de Castro, en Santiago de Compostela. Neste instituto coincidiu con Xesús Rábade Paredes, con quen mantivo unha grande amizade. Foi militante do PCE nos anos 60 e 70.
Especialista en literatura española e galega, tense dedicado á obra de Uxío Novoneyra e outros autores destacando pola súa relación co Centro Ramón Piñeiro. En 2011 publicou Volvo do mar derradeiro, escrito na memoria de Herminio Barreiro (Sarmiento: Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación).[1]
Ten colaborado en revistas como A Trabe de Ouro, Encrucillada, Boletín Galego de Literatura, Boletín da Real Academia Galega.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Edicións
[editar | editar a fonte]- Cartas de Ramón Cabanillas a Isidoro Millán González-Pardo en modo de antífona (2011). Centro Ramón Piñeiro.
- Correspondencia habida entre Xosé María Álvarez Blázquez e Isidoro Millán González-Pardo (2012). Centro Ramón Piñeiro.
- Seis poemas galegos. Federico García Lorca (2018). Con Manuel González González. Chan da Pólvora. ISBN 978-84-948565-0-1.
- Cadernos Ramón Piñeiro (XLII). Dentro de Nós mesmo e a rente ou ao redor (2021). Con Laura Caamaño Pérez.[3]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Epistolario de Ramón Piñeiro a Isidoro Millán González-Pardo (1952-1971). (2009). Centro Ramón Piñeiro.
- Cartas de poeta: de Uxío Novoneyra a Ramón Piñeiro (1953-1972) (2010). Consello da Cultura Galega. Coeditor.
- A casa! o val! a patria homilde! Celebración de Uxío Novoneyra (1930–1999). (2010). Centro Ramón Piñeiro.
- Celebración de Uxío Novoneyra, II (1930-1999) (2010). Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Esta coor de soidá (escolma poética), de Uxío Novoneyra (2010). Follas Novas. Coeditor.
- Remuíño de prosas, de Álvaro Cunqueiro (2011). Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Rosalía na cobiza do lonxe (2013). Centro Ramón Piñeiro. Coeditor.
- Nimbos: cáliz fervendo! (2014). Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5140-6. Coeditor.
- Cartas a Fermín Penzol: de Ramón Piñeiro, Ramón Cabanillas, Ben-Cho-Shey, Otero Pedrayo (2014). Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-5120-8. Coeditor.
- No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal (2015). Alvarellos.
- Arredor das Irmandades da Fala. Pensamento, política e poética en Galicia (1914-1931) (2016). Xerais. ISBN 978-84-9121-090-0.[4]
- Manual María Cecais hai unha luz: memorabilia (2016). Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5216-8. Coeditor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Touriño, Luís Cochón (2011). "Volvo do mar derradeiro". Sarmiento: Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación (15): 51–53. ISSN 1138-5863.
- ↑ "Luís Cochón Touriño". Dialnet (en castelán). Consultado o 2022-02-10.
- ↑ "‘Os Cadernos Ramón Piñeiro’ súmanse á homenaxe do centenario da revista ‘Nós’". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-02-10.
- ↑ "Arredor das Irmandades da Fala Edicións Xerais de Galicia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-02-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 536. ISBN 84-7492-465-0.