Aurora Marco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aurora Marco
Aurora Marco (AELG)-2.jpg
Nacemento1 de febreiro de 1948 (71 anos)
 Noguera de Albarracín, España España
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónensaísta
XénerosEnsaio
EstudosFilosofía e Letras
editar datos en Wikidata ]

Aurora Marco López, nada en Noguera de Albarracín (provincia de Teruel) o 1 de febreiro de 1948, é unha ensaísta galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia trasladouse a Ordes cando tiña 9 anos. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, cidade onde reside desde 1958. Fixo a tese de doutoramento sobre a lingua nas novelas de López Ferreiro (1978) na mesma universidade.

Exerceu a docencia na Facultade de Filosofía e Letras, posteriormente de Filoloxía, de 1970 a 1975, e na Escola Universitaria de Formación do Profesorado desde 1972. Obtivo a titularidade de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega en 1984 e a cátedra en 1994[1], materia que ensinou na Facultade de CC da Educación da USC ata 2014, data da súa xubilación.

Foi presidenta da Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y Literatura[2].

Colabora habitualmente con múltiples revistas literarias omo Alameda, Murguía, Lenguaje y Textos, Andaina, Primeras Noticias, Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, Cuadernos de Pedagogía, Agália etc.[3] As súas liñas de investigación preferentes son: Lingua, Literatura, Xénero e Memoria histórica.[4]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Literatura Galega. Séculos Escuros e Rexurdimento, 1988, Vía Láctea.
  • O teatro de Xesús Rodríguez López. Estudo e textos, 1988, Edicións do Castro. Con Araceli Herrero Figueroa.
  • Actas do I Simpósio Internacional de Didáctica da Lingua e a Literatura, 1991, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Simpósio Internacional Muller e Cultura, 1993, Universidade de Santiago de Compostela.
  • A Escola Normal de Santiago de Compostela. De Escola Superior a Escola Universitaria (1849-1996), 2000, Universidade de Santiago de Compostela. Con Anxo Porto Ucha.
  • Avilés de Taramancos: A paixón pola terra, 2004, Consello da Xuventude de Galicia.
  • As Irmandades da Fala (1916-1931), 2016, Laiovento.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Tomás Barros de investigación teatral no 1991.
  • Premio Ánxel Fole de investigación literaria no 1992, por Foula e Ronsel. Os anos xuvenis de Carvalho Calero (1910-1941).
  • Premio Mestre Mateo ao mellor documental 2011[8] por As silenciadas, guion e copruducción de Aurora Marco.
  • Premio Luís Tilve á Investigación e Divulgación Histórica no 2012, por As mulleres na guerrilla antifranquista galega.
  • Concha Castroviejo. Arelas de liberdade, traballo co que Aurora Marco e Pablo Ces gañaron o segundo premio Xohana Torres, convocado polo Concello de Santiago de Compostela e pola USC.[9]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Estudios sobre mujer, lengua y literatura, 1996, Universidade das Palmas de Gran Canaria e Universidade de Santiago.
  • Lo Femenino y lo Masculino en el Diccionario de la Lengua de la Real Academia Española, 1998, Ministerio de Asuntos Sociais.
  • Lecturas de Museo. Orientaciones sobre la recepción de relaciones entre la literatura y las artes, 2000, Universidade de Santiago.
  • Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura, 2004, Deputación da Coruña.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]