Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
![]() O CRPIH cando estaba na Barcia (Laraño). | |||
Tipo | instituto de investigación ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1993 ![]() | ||
Localización | |||
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Galicia | ||
Provincia | provincia da Coruña | ||
Concello | Santiago de Compostela ![]() | ||
País | España ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | cirp.es ![]() | ||
[ Wikidata ] |
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (ou CIRP, da antiga denominación: Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro) é un organismo investigador dependente da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria no que se desenvolven diferentes proxectos a prol da lingua e a cultura galegas.
Descrición
[editar | editar a fonte]
Foi fundado en 1993 [1] baixo o nome de Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, designación que foi modificada en 1997 [2] pola que exerce na actualidade.
Entre os proxectos que desenvolve cómpre destacar:
- Proxecto Termigal: centro terminolóxico do galego onde se investiga a terminoloxía de certos campos e os interesados poden tamén facer consultas:[3]
- Proxecto Base de datos do ALiR (Atlas Lingüístico Románico), dirixido por Manuel González González
- Proxecto de Fraseoloxía: o equipo dirixido por Xesús Ferro Ruibal ata 2015 e por Isabel González Rey desde esa data, pon en marcha os monográficos e a revista Cadernos de Fraseoloxía Galega (22 números ata 2022);
- Proxecto CORGA (Corpus de Referencia do Galego Actual);
- Proxecto Dicionario de literatura;
- Proxecto Dicionario de termos literarios;
- Proxecto de Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos;
- Proxecto de Dimensións da identidade colectiva en Galicia;
- Proxecto de Informes anuais de literatura;
- Proxecto de Cantigas de Santa María;
- Proxecto de Investigación e estudo do galego exterior;
O centro naceu na estrada de Santiago de Compostela a Noia, na Barcia - Lamas de Laraño, Santiago de Compostela, pero en xaneiro de 2014 trasladouse ó Hospitaliño de San Roque, na rúa de San Roque (Santiago).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Decreto 25/1993, de 11 de febreiro.
- ↑ Decreto 330/1997, de 13 de novembro.
- ↑ A dirección da páxina web da base de datos Tergal é: http://www.cirp.gal/tergal