César Morán
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de febreiro de 1954 Toural dos Vaos |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, músico, catedrático |
| Empregador | Xunta de Galicia |
| Familia | |
| Fillos | Brais Morán, Cláudia Morán Mato |
| Sitio web | cesarmoranfr.wordpress.com |
César Carlos Morán Fraga, nado en Toural dos Vaos[1] (O Bierzo) o 22 de febreiro[2] de 1954 é un profesor, escritor e músico galego.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario da Coruña continuando na Universidade de Santiago de Compostela (e cursando tamén Galego-Portugués, 1ª promoción). Foi profesor asociado da Universidade da Coruña entre 2005 e 2010.[4] Catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES Agra do Orzán desa mesma cidade ata a súa xubilación, onde reside. Combinou desde moi novo as tarefas musicais e as literarias, colaborando con diversos artigos e traballos para prensa e publicacións periódicas (Nós Diario,[5] Luzes de Galiza, Agália, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Diario 16 de Galicia, Unión Libre, Monfadal ou Casahamlet), radio e televisión.

Foi membro fundador de Agra, o primeiro grupo de jazz-rock con raíces folclóricas, actuando como teclista e compositor até a súa disolución en 1979. Pola mesma época traballou como músico no espectáculo O velorio do grupo de teatro Troula. En 2003 e 2004 colaborou como músico co Centro Dramático Galego.
En febreiro de 2026 estreouse o documental Todo pode esperar de Borja Casal sobre César Morán: Unha historia de amor pola música ao longo de toda unha vida.[6]
Familia
[editar | editar a fonte]César Morán é o pai de Cláudia Morán e Brais Morán.
Obras
[editar | editar a fonte]Antoloxías
[editar | editar a fonte]- Antoloxía da lírica medieval (2001). N.º 1 da Biblioteca Galega 120.[7]
- Río de son e vento. Unha antoloxía da poesía galega (1999). Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-372-5. Desde a lírica medieval até fins do século XX.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- O mundo narrativo de Álvaro Cunqueiro (1990). AGAL. 176 páxs. ISBN 9788487305054.
- O eco das ondas. Caminhos arredor da música (2025). A Coruña: Medulia. 246 páxs. ISBN 978-84-10-32486-2.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Homenaxe a Álvaro Cunqueiro (1982). Universidade de Santiago de Compostela. "Entrevista con Álvaro Cunqueiro" (a última concedida polo Cunqueiro).
- Comentário de textos literarios (1986). Alhena, Madrid. "Análise literaria dun fragmento do Merlín".
- Teatro nas aulas: dez Cadernos da Escola Dramática Galega (1987). Editorial Vía Láctea. Con Teresa Fandiño Barreiro e Xosé Ramón Freixeiro Mato.
- Nova Gramática para a aprendizaxe da língua (1988). Vía Láctea. Con Xoán Xosé Costa Casas, María dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira.
- "Amado-Odiado Gepetto", en Fogo cruzado (1989). AGAL. ISBN 84-87305-00-8.
- A Coruña á luz das letras (2008).Trifolium. ISBN 978-84-935325-4-3.[8]
Traballos e colaboracións musicais
[editar | editar a fonte]- O pobo da noite, de Manuel Rivas (1996). Xerais. CD poético-musical sobre poemas de Manuel Rivas.
- Río de son e vento (1998) Xerais Media. CD con 15 cancións con música a 14 poetas contemporáneos mais un poema propio.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009). Fundación Manuel María. "Primeira aproximación á narrativa de Manuel María".[9]
- Álvaro Cunqueiro: fotobiografía sonora (2009). Ouvirmos. Con Rexina Rodríguez Vega.
- A desaparición da neve, de Manuel Rivas (2009). Alfaguara. Madrid. CD poético-musical sobre poemas de Manuel Rivas.
- Haberá primavera (2011). Galaxia. Libro de poemas de Álvaro Cunqueiro, acompañado de dous CDs, un cos poemas musicados por César Morán, e outro coa gravación da derradeira conversa concedida por Cunqueiro, precisamente a César Morán, días antes de morrer.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ AF2Toral (2012-01-05). "César C. Morán Fraga". AF2Bierzo (en castelán). Consultado o 2025-10-06.
- ↑ "César C. Morán Fraga". AF2Toral (en castelán). 2012-01-05. Consultado o 2019-07-30.
- ↑ "musicaengalego: CESAR MORAN". musicaengalego. Consultado o 2025-10-06.
- ↑ "Curriculum". www.udc.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2019. Consultado o 2019-07-30.
- ↑ Diario, Nós. "Nós Diario - Xornal de intereses galegos". Nós Diario. Consultado o 2025-10-06.
- ↑ Coruña, Ayuntamiento de A. Coruña / Concello da. "Presentación do documental Todo pode esperar, de Borja Casal sobre César Moran". Cultura Coruña. Consultado o 2026-02-02.
- ↑ "A lírica medieval, na Biblioteca 120". La Voz de Galicia. 2002-01-14. Consultado o 2019-07-30.
- ↑ "A Coruña, á luz das letras. Editorial Trifolium. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2019-07-30.
- ↑ "César Morán Fraga". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-07-30.
- ↑ "musicaengalego: CESAR MORAN". musicaengalego. Consultado o 2019-07-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: César Morán |