Futuro condicional (1961-1980)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Futuro condicional (1961-1980)
Autor/aRicardo Carballo Calero
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Poesía
EditorialEdiciós do Castro
Data de pub.1982
editar datos en Wikidata ]

Futuro condicional (1961-1980) é un libro de poemas de Ricardo Carballo Calero publicado en 1982[1].

Características[editar | editar a fonte]

No libro recóllense poemas dispersos, publicados en revistas e mesmo inéditos; en todo caso non reunidos antes en libro. O material foi agrupado en tres partes, con títulos algo arbitrarios, mais algo apuntan ao contido preponderante. O autor procurou que o número de poemas deste tomo coincidise co de Pretérito imperfeito (1927-1961) e eliminou o material excedente [2].

Segundo Henrique Dacosta: prima, sobre todo, o existencialismo vital, cunha temática que irá pasando do vivencial anecdótico até o máis social. Non obstante, o tema do feminino como símbolo da beleza inalcanzábel, será igaulmente tocado.[3]

En conversa con Carmen Blanco o autor apuntou:

Está dividido en partes máis ben temáticas, polo que se refire ao seu asunto, máis ou menos homoxéneo, aínda que os títulos son máis ben simbólicos e un tanto arbitrarios. Hai algunha parte, por exemplo, Venusber na que hai unha unidade temática máis clara, máis evidente; esta temática de inspiración feminina máis que amorosa, é unha constante, desde logo, na miña obra. Como a poesía de temática máis ou menos filosófica, mesmo podíamos dicer nalgunhas ocasións máis ou menos relixiosa, no sentido de que, efectivamente, hai unha tendencia meditativa na miña poesía. Escalibur representa unha orientación deste tipo. Ultimamente, se cadra, atinxín unha capacidade de obxectivación que se manifesta na parte do libro titulada Avalón, que contén poemas en certo modo narrativos ou inspirados en situacións históricas ou míticas, é un esforzo de comprensión que está máis alá do proprio poeta. Se cadra, eu na miña mocidade tendía a unha poesía mui subxectiva. Agora nestes tempos, interésame proxectarme sobre seres humanos que estén fóra de min e facer que na miña poesía se oigan dalgún modo as súas voces... [4].

Contido[editar | editar a fonte]

1ª parte: Excalibur[editar | editar a fonte]

Segundo Henrique Rabbuñal: Predomina a reflexión sobre a vida de quen aspira a exercer de home nun país de deuses, unha vida que é desexo e esperanza... Hai unha evocación da experiencia da guerra.[5]

  • ¡Meu pasado imperfeito, meu futuro
¡Meu pasado imperfeito, meu futuro
condicional! Mais o presente ¿ulo?
O presente perfeito,
feliz ou desditado,
mais completo en si mesmo, mais colmado
na sua indiferente estimativa [6]
  • Non me pidas que acade aquela harpa
  • Un fungueiro na man dereita
  • Estou aqui
  • Eu protesto
  • Non sei
  • O meu corazón
  • Pola fiteira do meu castelo sitiado
  • ¿Por que serei un débil home só
  • Retiro-me, vou-me
  • Vós tendes, certamente, tesouros
  • Cidade dos homes. Ao serán
  • Fechei as portas
  • Abritar de asas nas árbores
  • Sabemos desatar os nós cativos
  • Sempre a arelar a terra prometida
  • Invisíble paxaro que voa
  • Trabucamo-nos, trabucamo-nos
  • E se viñeras ti, se me colleras
  • Cando te vaias
  • Mañá, dis
  • Todo o apontas, todo o anotas
  • Solidez compacta do presente
  • O mistério sentado no seu trono
  • O peso da soledade
  • Amigo, o teu camiño ja está andado
  • Alguén dorme contigo. Indiferente
  • Como o que era verdade, o que luz era
  • Guia no laberinto, ti, cabelo
  • Toda a verdade é demasiado feia
  • Baixa os ollos, misérrima criatura
  • ¿Quen non te procurou, ou dunha forma ou doutra?
  • Os monifates ignoran
  • A morta
  • Esta casa que ninguén visita
  • As caveiras dos dous han se juntar
  • A morte fai formosa a vida
  • Deus é unha península. A chegada
  • ¿Este acedume foi o celme aquel?
  • ¿Onde está o verso? ¿Onde está a prosa?
  • Un formoso siléncio peneiraba
  • Perfurando penedos de siléncio
  • A flor riza-se en nimbos de prata esterrecida
  • Paisage

2ª parte: Venusberg[editar | editar a fonte]

Para Henrique Rabuñal: visita a temática da muller, o amor e a súa dialéctica con infinitas solucións e coas súas mentiras, soños e ambigüidades.[5]

  • O poeta pergunta-se
O poeta pergunta-se
diante do poema
novamente encontrado
-é un poema de amor-
¿Para quen o escrebin?

¿A quen se dirigia? -
Eses ollos que brillan, -
esas mans que benzoan-
¿de quen eran, de quen?

E non pode lembrá-lo [7]
  • O amor é a verde fraga
  • Verdadeiras mentiras
  • O amante di, vendo-a avantar
  • Para duas unidades
  • Se cadra agora poderia cantar
  • Quizá dentro dun ano a tua presenza
  • Olla, estou sementando
  • O mundo irreal da illa instantánea da dita
  • ¿Oh, querida, e maís ben! A nosa vida foi
  • Isto é o amor, e non aquilo. Agora
  • Enviarei-che esta canción
  • No alto do bosque está o meu eremitório
  • Ti es dese mundo, eu son daquel
  • Dixo: “Quixera que me amases”. Era
  • Seria tan doce, eternizar
  • Ai, cantos dias, cantas noite, canto
  • Un leopardo son que lese a Bíblia
  • Como non sei se vivirei mañá
  • Sobor da area dourada do teu lombo
  • E ela está aqui, perante el. ¿É ela?
  • Como aquel encontro fora
  • Amar-te, si; houbo un temo
  • Sentados no peirán, abalando
  • Desfile de modelos
  • Praia
  • Os anjos etruscos de Goya
  • Unha fragáncia erótica, mitológica e bíblica
  • Unha loira docísima
  • Cinza de estrelas de seda
  • Un anjo, si; de frente, un anjo; os ollos
  • Unha rosa decente
  • A flor do dobre talo a esbarar sobre as suas douradas raíces
  • A mulleriña teixa que bailaba
  • Sei que está no sarego, alén da porta
  • ¿Que es, di, silvestre abruño
  • Ese abalante mar de rizos negros
  • Deixa-me que te soñe. Nas pontiñas
  • Neste trono ou tálamo
  • A nena branca vai sobre o cabalo azul
  • Folerpa cribada polo sol
  • Vénus de contido variábel

3ª parte: Avalón[editar | editar a fonte]

Henrique Rabuñal comenta: contén a poesía mítica con referencias á mitoloxía e cultura gregas, ao universo artúrico ou á cultura exipcia, pero tamén ao nazismo... Hai unha evocación do Ferrol da súa infancia, a dialéctica do rural e do urbano, e unha homenaxe a Cunqueiro.[5]

  • Belkis
  • Tántalo
  • Anquises
  • Nausícaa
  • Cabeza de deusa. Este poema foi publicado en Aos amores serodios (1979, Grial) atribuído a Erik (pseudónimo do autor).
O teu cabelo curto de rapaz.
As nenas dos teus ollos, duas negriñas
que se erguen, entre escumas, do seu baño,
a sorrir, maliciosas, docemente.
... [8]
  • Viageiro
  • O canto de Tristán
  • Petit-Cru
  • Elegia veneciana
  • Auletés
  • Quatre-vingt-trieze
  • Ferrol, 1916
  • Sétima frota
  • No búnker
  • Babilonia
  • Salle-à-manger
  • E non te coñeceron
  • Nun voo
  • A guerra dos seis dias
  • Joán XXIII
  • O grande executivo
  • Revolución en Oriente
  • Cidades
  • Manequin negra
  • Unha negra pequena
  • Este home que se despide da vida
  • Profecía de Isaias Ferreiro

O propio autor dixo sobre este poema:

Eu creio que ese poema, como posibelmente outros, está fundamentado na sensación que o poeta ten arraigada na súa conciencia de que vivemos nun mundo no que van por distintos camiños as declaracións de intencións e as realizacións prácticas. Paréceme que houbo momentos en que a sociedade era máis pura no sentido de que era máis auténtica. Ese poema satiriza a inautenticidade da vida actual. Que un mozo que vive opulentamente, que se atopa como peixe na auga dentro dunha sociedade capitalista, dentro dunha familia que derrocha o diñeiro, se disfrace de guerrilleiro, pretenda ser revolucionario é algo inauténtico e me parece condenábel[9]
  • Beleza mascadora de chíclet

Carballo Calero confesoulle a Carmen Blanco sobre o poema:

Neste caso está centrado na inautenticidade da muller nova, a inautenticidade que por outra parte se explica con máis facilidade que a inautenticidade da muller madura ou do home maduro, e do home en xeral, xa que aínda hoxe a situación da muller é máis difícil que a do home dentro da sociedade[10]
  • Cando se apaga a luz en Nova York
  • Un mendigo correctamente vestido
  • Arcádia
  • Consello de administración
  • Soños de amor
  • AS mentiras, a verdade
  • Retrato
  • A Álvaro Cunqueiro, 1980
...
A princípios de século nacémos,
a fins de século morrémos.
Ti e mais eu fomos, verdadeiramente,
fillos do noso século.
...
Se Merlín neste tempo
ven viver a Miranda
outra será a sua mágia
... [8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carballo Calero, Ricardo (1982). Futuro condicional (1961-1980). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-115-5. 
  2. Carballo Calero 1982, p. 9.
  3. Dacosta, Henrique (2020). Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético. Edicións Xerais de Galicia. p. 51. ISBN 978-84-9121-625-4. 
  4. Blanco, Carmen (1989). Conversas con Carballo Calero. Galaxia. p. 200-201. ISBN 84-7154-654-X. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Rabuñal, Henrique (2020). Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra. Galaxia. p. 132, 133. ISBN 978-84-9151-436-7. 
  6. Carballo Calero 1982, p. 13.
  7. Carballo Calero 1982, p. 73.
  8. 8,0 8,1 Carballo Calero 1982, p. 219.
  9. Blanco 1989, p. 231.
  10. Blanco 1989, p. 232.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]