Luís Alonso Girgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís Alonso Girgado
Nome completoLuís Alonso Girgado
Nacemento7 de agosto de 1946
Lugar de nacementoFerrol
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónCatedrático de ensino medio
CónxuxeMaría Paz Padín Castro
FillosLaura, Luis e Lucía
EstudosLicenciado en Filoloxía Románica
CargosSecretario do CIRP
Na rede
Bitraga: 2050 Dialnet: 264965
editar datos en Wikidata ]

Luís María Alonso Girgado, nado o 7 de agosto de 1946 en Ferrol[1], é un editor, escritor, investigador e tradutor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático de ensino medio de Lingua e Literatura Españolas.

Secretario e asesor literario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades[2], coordinou as edicións facsímiles das revistas literarias Aturuxo, Alba, Posío, Gelmírez, Posío. Arte y Letras, La Noche. Suplemento del sábado, Resol, Cristal, Galiza, La Tierra Gallega, La Alborada e Cultura Gallega. Colaborou en El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Grial, Encrucillada, A Nosa Terra, Diario de Ferrol e Diario de Córdoba.

É mentor de críticos, profesores e investigadores coma Armando Requeixo, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Baldo Ramos ou María Cuquejo Enríquez.

En maio de 2019 pronunciou unha conferencia en Barcelona sobre Antón Fraguas, conmemorando a súa homenaxe no canto do Día das Letras Galegas[3].

É pai da soprano Laura Alonso Padín.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Traducións do castelán ao galego[editar | editar a fonte]

  • Don Fachendas, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
  • Don Medricas, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
  • Don Pupas, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
  • Dona Fachendas, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
  • Dona Sorrisos, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
  • Dona Tardona, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
  • Dona Tímida, de Roger Hargreaves, 1989, Alhambra.
  • Os círculos do inferno, de Justo Jorge Padrón (xunto con Xurxo Sierra Veloso), 1996, Xunta de Galicia.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • "Crónica de una muerte anunciada": guía de lectura, 1993, Tambre.
  • "El Aleph" de Jorge Luis Borges. Guía de lectura, 2009, Follas Novas.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Soliloquio para un retorno, 2003, Follas Novas.

Traducións do galego ao castelán[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

  • De San Pascual a San Gil, de Domingo Miras, 1988, Alhambra.
  • Antología de la poesía hispanoamericana del siglo XX, 1990, Alhambra.
  • Cuentos populares, 1993, Tambre.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Antología poética, de Aurora Vidal, Tonia Vázquez e Clementina Vidal (Grupo Tambó), 2000, Follas Novas. Coeditor.
  • Antología de aniversario (Librería Follas Novas, 1971-2001), 2001, Follas Novas. Coeditor.
  • "La voz a ti debida" de Pedro Salinas. Guía de lectura, 2009, Follas Novas. Coeditor.
  • Poemas de las horas marchitas, de Aurora Vidal, 2010, Follas Novas. Coeditor.
  • Nivaria (escrito en Canarias), de Aurora Vidal, 2011, Follas Novas. Coeditor.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu o Premio Manuel Lorenzo Barja no 2009.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Loureiro, Ramón (15-9-2019). "Luis Alonso Girgado: «Vivimos un tempo que deixou de amar os libros e que aplaude a vulgaridade»". La Voz de Galicia. Consultado o 28-11-2019. 
  2. "El crítico literario e investigador Luis Alonso Girgado participa en una tertulia en el Colegio Mayor". Colegio Mayor Club Universitario La Estila (en castelán). 15-4-2013. Consultado o 28-11-2019. 
  3. "La Fegalcat organiza en Barcelona un acto por el Día das Letras Galegas". Galicia Exterior (en castelán). 24-5-2019. Consultado o 28-11-2019. 
  4. Esta antoloxía inclúe os contos O lobo da xente de Vicente Risco, O inglés de Alfonso R. Castelao, A serea de Ramón Otero Pedrayo, A arrasadeira de Eduardo Blanco Amor, Sobre da morte de Bieito de Rafael Dieste, A caixa de morto de Ánxel Fole, O galo de Portugal de Álvaro Cunqueiro, Vilamor de Eduardo Moreiras, A pedra de Xosé M.ª Álvarez Blázquez, Hundezelle de Manuel Lueiro Rey, O viño dos sábados de Marcial Suárez, O muiñeiro de Xosé Neira Vilas, A volta de Camilo Gonsar, Tres homes de Gonzalo R. Mourullo, Grieih de Xosé Luís Méndez Ferrín, O xudeu Xacobe de Carlos Casares, A chegada da primeira bicicleta de Xavier Carro, O Famento de Alfredo Conde e Evaristo o do cine de Xavier Alcalá.
  5. Luís Alonso Girgado recibe o galardón de "Toxos e Flores"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]