Pilar Pallarés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pilar Pallarés
Pilar Pallarés (AELG)-2.jpg
Nacemento 29 de abril de 1957 (60 anos)
Lugar Culleredo, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Xéneros Poesía e ensaio
Estudos Filoloxía Galego-Portuguesa
editar datos en Wikidata ]

Pilar Pallarés García, nada en Culleredo o 29 de abril de 1957, é unha poetisa galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversas revistas, como Grial, Coordenadas, Dorna, Nordés ou Festa da Palabra Silenciada. Tras a publicación do seu primeiro libro, Entre lusco e fusco (1980), converteuse nunha das voces poéticas máis importantes da poesía galega. Posteriormente publicaría as obras Sétima soidade (1984, Premio Esquío de poesía en 1983) e Livro das devoracións (1996). Ademais, ten colaborado en varias revistas con estudos de crítica literaria. Actualmente exerce de profesora de literatura galega no Instituto Ramón Menéndez Pidal da Coruña.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • De amor e desamor. I. II, (1984 e 1985), Edicións do Castro.
  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • Rosalía de Castro: unha obra non asumida, (1985), Xistral.
  • Desde a palabra, doce voces, (1986), Sotelo Blanco.
  • Literatura galega do século XX, (1988), Vía Láctea.
  • Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), (1990), Edicións do Castro.
  • XIII Festival da Poesia no Condado, (1993), S. C. D. Condado.
  • XIV Festival da Poesia no Condado, (1994), S. C. D. Condado.
  • Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy, (1995). Diputación de Granada. Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
  • Rafael Dieste. Caderno didáctico, (1995). AS-PG.
  • Construír a paz (1996), Xerais.
  • Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, (1997), Fundación Rosalía de Castro.
  • Manuel Ponte Pedreira: a resistencia antifranquista na comarca de Ordes, (1997), Obradoiro de História.
  • Alguén agarda que volva alí, (1998).
  • Clásicos e modernos: tres leituras poéticas, (1999), Universidade da Coruña.
  • Galician generation of the eighties: three poets, (1999), Universidade da Coruña.
  • Poetas e narradores nas súas voces. I, (2001), Consello da Cultura Galega.
  • Horizontes poéticos, (2002, Xerais).
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, (2003), Tris Tram. Por Arturo Casas.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, (2003), Fundación Araguaney.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, (2003), Espiral Maior.
  • Son de poesia (2005), Edições Fluviais, Lisboa.
  • Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, (2006), Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda, (2006), Espiral Maior.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, (2006), Difusora.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, (2008), Universidade da Coruña.
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, (2009, Fundación Manuel María).
  • Lois Pereiro en 17 voces, (2011), La Voz de Galicia.
  • No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal (2015), Alvarellos.

Poemas en edición dixital[editar | editar a fonte]

  • Hai estratos distintos de vazio, (2002).
  • Non coñezo, non sinto, non comprendo, (2002).
  • Para que te serve essa cruel boca de fome?, (2002).
  • Persisto, (2002).

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Fillo de Eva (88 poemas de Carvalho Calero), (1992), Sociedade de Cultura Valle-Inclán.

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]