Academia das Ciências de Lisboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Academia das Ciências de Lisboa
Logo
AcrónimoACL
Tipoacademia de ciencias e regulador lingüístico
Data de fundación1779
Fundador(es)María I de Portugal
Organización matrizGoverno da República Portuguesa
PremiosGrã-Cruz da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada
SedeLisboa
EnLisboa
PaísPortugal
38°42′47″N 9°08′59″O / 38.713152, -9.149664
Na rede
http://www.acad-ciencias.pt
editar datos en Wikidata ]
Placa na entrada da Academia

A Academia das Ciências de Lisboa é o nome da academia de ciencias de Portugal[1] e o órgano regulador da lingua portuguesa en coordinación coa Academia Brasileira das Letras.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

A Academia foi fundada durante o reinado de María I de Portugal o 24 de decembro de 1779, en plena Ilustración, como Academia Real das Sciencias de Lisboa [3] co lema en latín nisi profit est quod facimus stulta est gloria (salvo se é de proveito, o que facemos é gloria estulta).

En 1910, coa proclamación da República Portuguesa, tomou o seu nome actual de Academia das Ciências de Lisboa.[4][5]

O 28 de maio de 1930 foi concedida á Academia a Gran Cruz da Orde Militar de Sant'iago da Espada. [6]

Sede[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia, a Academia tivo a sede en seis lugares.

Desde 1833 atópase no antigo Convento de Xesús da Orde Terceira Franciscana, na parte baixa do Bairro Alto de Lisboa.[7]

Organización[editar | editar a fonte]

A Academia réxese polo estatuto aprobado co Decreto-Lei n.º 5 do 12 de xaneiro de 1978 e posteriores modificacións.

No momento da súa fundación, a Academia estaba dividida en tres clases: Ciencias Naturais, Ciencias Exactas, Letras Belas.

En 1851, as dúas primeiras clases fusionáronse na categoría de Ciencias, mentres que a última cambiou o seu nome pola clase de Letras.

A clase de Ciencias consta de sete seccións:

  • 1a sección: Matemáticas
  • 2a sección: Física
  • 3a sección: Química
  • 4a sección: Ciencias da Terra e do Espazo
  • 5a sección: Ciencias Biolóxicas
  • 6a sección: Ciencias Médicas
  • 7a sección: Ciencias da Enxeñaría e outras Ciencias Aplicadas

A clase de Letras componse de sete apartados:

  • 1a sección: Literatura e Estudos Literarios
  • 2a sección: Filoloxía e Lingüística
  • 3a sección: Filosofía, Psicoloxía e Ciencias da Educación
  • 4a sección: Historia e Xeografía
  • 5a sección: Dereito e Ciencias Políticas
  • 6a sección: Economía e Facenda
  • 7a sección: Socioloxía e outras Ciencias Humanas e Sociais

Cada sección ten cinco membros activos e dez membros correspondentes. Tamén hai membros correspondentes brasileiros, membros correspondentes estranxeiros, membros de honra e membros eméritos.[8]

A Academia de Ciencias de Lisboa tamén comprende dous institutos:[9]

O Instituto de Altos Estudos, aberto a expertos e científicos non pertencentes á Academia, promove estudos avanzados en ciencias e humanidades.[10]

O Instituto de Lexicoloxía e Lexicografía da Lingua Portuguesa, presidido por Anselmo Artur, ocúpase da conservación e divulgación da lingua portuguesa; nel participan tamén estudosos alleos á Academia. Entre outras cousas, o Instituto elaborou o Dicionário da Língua Portuguesa Contemporânea.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Artigo 1º dos Estatutos da Academia
  2. Artigo 5º dos Estatutos da Academia
  3. Memorias da Academia Real das Sciencias de Lisboa (en portugués). Na typografia da Academia. 1797. 
  4. AMARAL, Ilídio do, Nótulas Históricas Sobre os Primeiros Tempos da Academia das Ciências de Lisboa, Lisboa, Colibri, 2012
  5. "Ciência em Portugal - Episódios". cvc.instituto-camoes.pt. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 2023-01-13. 
  6. "ENTIDADES NACIONAIS AGRACIADAS COM ORDENS PORTUGUESAS - Página Oficial das Ordens Honoríficas Portuguesas". www.ordens.presidencia.pt. Consultado o 2023-01-13. 
  7. Santana, 1994, pp. 5-7 s. v. «Academia das Ciências de Lisboa»
  8. Estatutos da Academia de Ciências de Lisboa
  9. Artigo 20.º dos Estatutos da Academia
  10. "Instituto de Altos Estudos da Academia das Ciências de Lisboa". www.dn.pt (en portugués). Consultado o 2023-01-13. 
  11. Anselmo Artur, http://www.acad-ciencias.pt/joomla/images/Documentos/ILLLP/Bases%20para%20a%20reedição%20do%20Dicionário%20da%20Academia.pdf Arquivado 09 de novembro de 2013 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • editado pola Academia, Academia das Ciências de Lisboa: Fundada em 1779, Lisboa, Academia das Ciências de Lisboa, 1999
  • Aires Cristóvão, Para a História da Academia das Sciências de Lisboa, Coimbra, Imprensa da Universidade, 1927, from the Boletim da Segunda Classe da Academia das Sciências de Lisboa, vol. 12
  • Amaral Ilídio, Nótulas Históricas Sobre os Primeiros Tempos da Academia das Ciências de Lisboa, Lisboa, Colibri, 2012
  • de Carvalho Rómulo, D. João Carlos de Bragança, 2. º Duque de Lafões: Fundador da Academia das Ciências de Lisboa, Lisboa, Academia das Ciências de Lisboa, 1987
  • Medina João, História de Portugal, Amadora, Ediclube - Edição e Promoção do Livro Lda., 2004, volume IX
  • Reis Fernando, Academia das Ciências de Lisboa, en Ciência em Portugal: Personagens e Episódios, Lisboa, Camões - Instituto da Cooperação e da Língua
  • Ribeiro José Silvestre, Historia dos estabelecimentosscientificos litterarios e artisticos de Portugal nos successs reinados da monarchia, Lisboa, Academia Real das Sciências, 1871-1914, volume II,
  • Santana Francisco e Sucena Eduardo (Editores), Dicionário da História de Lisboa, Sacavém, Carlos Quintas & Associados - Consultores, 1994
  • ACL, en Infopédia, Porto, Porto Editora, 2003-2013

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]