Vitoria Ogando
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Vitoria Ogando | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de xuño de 1956 |
Buenos Aires | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | profesora e wikimedista |
Cónxuxe | Anxo González Guerra |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Vitoria Ogando Valcárcel, nada en Buenos Aires o 2 de xuño de 1956, é unha profesora e escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vitoria Ogando con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Manuel Castelao Mexuto, Luís Cambeiro Cives, Anxo González Guerra, Manuel Ferreiro Fernández, Tareixa Roca Sánchez, María dos Anxos González Refoxo, Ramona Giráldez Domínguez, María Xosé Queizán Vilas, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, Francisco Salinas Portugal, César Morán Fraga. A Coruña, 09/09/2017.
Con cinco anos, trasládase a Ourense por mor da morte do seu pai. Estudou o bacharelato no IES Rosalía de Castro de Santiago e logo Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Foi docente de lingua e literatura galegas no IES Valle Inclán de Pontevedra até a súa xubilación. Dende 2005 coordina canda o seu home, Anxo González Guerra, a páxina web ogalego.eu. Dende 2017 colabora de forma activa na Galipedia.
En 2018 foron galardoados co Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra.[1]
Publicacións[editar | editar a fonte]
- Tradución: Que fai o poder no teu leito?. Galiza Editora, 1986, Sanxenxo. ISBN 84-86129-07-9.[2]
- Colaboración en: Dicionário da lingua galega de Isaac Alonso Estraviz et al.. Alhena, 1986, ISBN 84-7707-000-8.
- Exercicios de lingua. Ed. Vía Láctea, 1987, A Coruña (con Anxo González Guerra). ISBN 978-84-86531-36-1
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Apego, os mestres Vitoria Ogando e Anxo González Guerra e a Galipedia, premios Xoán Manuel Pintos 2018". Diario de Pontevedra. 1/3/2018.
- ↑ Do castelán ¿Qué hace el poder en tu cama?, 1981, de J. Vicent.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vitoria Ogando ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- www.ogalego.eu, páxina web adicada á lingua galega.
- galegos.galiciadigital.com
|