Saltar ao contido

Tenente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tenente,[1][2] anteriormente lugartenente,[3][4] é un oficial dun exército, garda nacional ou forza aérea. Polo xeral, está ao mando dunha sección.

Emprego de oficial propio dos Exércitos de Terra, Aire e do Instituto Armado da Garda Civil que ostenta o mando de unidades de tropa do tamaño dunha sección ou similar. Na Garda Civil pode exercer o mando dun posto principal.[5] Equivale a inspector na policía. Áchase por enriba do alférez (emprego actualmente en desuso, relegado aos aspirantes a oficial e coñecido como alférez cadete) e por debaixo do capitán.[6] Adoita ser o emprego inicial dos integrantes das Escalas de Oficiais por acceso directo, tras cursar cinco anos de estudos nas diferentes Academias ou Escolas militares. A partir da promoción que ingresou nelas en 2010, a finalización destes estudos implicou, ademais do emprego de tenente, unha enxeñaría de grao válida tamén no ámbito civil.

O seu equivalente na Armada é o alférez de navío. A divisa consta de dúas estrelas amarelas de seis puntas sobre fondo de cor variable en función do Exército, caqui/verde (Exército de Terra), azul (Exército do Aire) e verde escuro na Garda Civil.

No ordenamento militar español tamén está contemplada a figura do tenente de complemento. Como o seu nome indica "complementa" aos militares de carreira para cometidos específicos. Asinan un contrato cun prazo determinado, ao final do cal deben abandonar obrigatoriamente as forzas armadas. A súa formación é bastante máis curta que a dos militares de carreira, pero esíxelles titulación universitaria previa.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tenente.
  2. Entrada de "tenente" no Digalego.gal
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lugartenente.
  4. Entrada de "lugartenente" no Digalego.gal
  5. "Artículo 4.1 de la Orden de 8 de septiembre de 1998 por la que se determina el mando y demarcación territorial de las Compañías y Puestos de la Guardia Civil". Boletín oficial del Estado. Legislación consolidada (218): 30734–30735. 11 de setembro de 1998. Consultado o 22 de outubro de 2014. 
  6. "Artículo 21.2 b) de la Ley 39/2007, de 19 de noviembre, de la carrera militar". Boletín oficial del Estado. Legislación consolidada (278): 47336–47377. 20 de novembro de 2007. Consultado o 29 de abril de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]